Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O 14 de marzo de 2004, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por novena vez dende a Transición.
Eleccións xerais de España de 2004 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2000 2008 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 14 de marzo de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións xerais en España e grupo de eleccións | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 350 deputado no Congreso dos Deputados
208 senador de España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Deputado no Congreso dos Deputados
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tralos atentados de Madrid do 11 de marzo, os días previos ás eleccións do domingo 14 estiveron cheos de polémica. Acusacións cruzadas entre goberno e oposicións quentaron os ánimos ata que a xente comezou a concentrarse nas rúas na xornada de reflexión. Feito que foi condenado polo goberno que acusara ó PSOE de organizar manifestacións fronte as sedes do PP. Pola outra banda tanto PSOE como o resto de grupos da oposición acusaran ó goberno de non comunicar toda a información posible e adxudica-la autoría dos atentados de Atocha a ETA, cando logo Al Qaeda se os atribuíu.
← Eleccións xerais do 14 de marzo de 2004 → | |||||
Partido | Votos | % | Dif. | Escanos | Dif. |
Partido Socialista (PSOE) | 11 026 163 | 42,59 | +8,43 | 164 | +39 |
Partido Popular (PP) | 9 763 144 | 37,71 | -6,81 | 148 | -35 |
Convergència i Unió (CiU) | 835.471 | 3,23 | -0,94 | 10 | -5 |
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 652.196 | 2,52 | +1,68 | 8 | +7 |
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | 420.980 | 1,63 | +0,10 | 7 | = |
Izquierda Unida (IU) | 1 284 081 | 4,96 | -1,00 | 5 | -4 |
Coalición Canaria (CC) | 235.221 | 0,91 | -0,16 | 3 | -1 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 208.688 | 0,81 | -0,51 | 2 | -1 |
Chunta Aragonesista (CHA) | 94.252 | 0,36 | +0,03 | 1 | = |
Eusko Alkartasuna (EA) | 80.905 | 0,31 | -0,12 | 1 | = |
Nafarroa Bai (Na-Bai) | 61.045 | 0,24 | n/a | 1 | +1 |
O 14 de marzo estaban inscritos no censo electoral 34 571 831 persoas, das cales un 75,66% votou, e un 24,34% abstívose.
Outras cifras:
As eleccións do 14-M tiñan como principal aliciente a concorrencia dos dous novos líderes políticos do PP e do PSOE.
Outros líderes
As eleccións do 14-M víanse como unha proba da sociedade ao Partido Popular, que tivera que enfrontarse ao petroleiro Prestige (cunha actuación moi cuestionada), e á involucración de España na guerra de Iraq (feito que contaba coa repulsa da sociedade). Aínda por estes feitos, unha semana antes dos atentados do 11-M o PP tiña unha ampla vantaxe sobre o PSOE, aínda que o PP non volvería a acadar a maioría absoluta do 2000.
Unha semana antes das eleccións, debido á lei electoral que o prohibe, deixáronse de publicar sondaxes electorais; nese momento, cunha elevada porcentaxe de enquisados que se declaraban "indecisos", algúns falaban de empate técnico.
A campaña estivo moi marcada polo pacto do goberno tripartito en Cataluña, e pola reunión de Josep-Lluís Carod-Rovira e dirixentes da ETA. José Luis Rodríguez Zapatero prometeu non formar goberno a menos que o seu partido fose o máis votado. Mariano Rajoy pediu unha maioría cómoda para non ter que depender de pactos.
Resultado 2000 |
IPSOS-ECO | SIGMA-DOS | Instituto Opina | Demoscopia | Resultado 2004 | |
Partido Popular | 183 | 150-154 | 153-161 | 161-166 | 169 | 148 |
Partido Socialista Obrero Español | 125 | 154-158 | 152-159 | 140-145 | 141 | 164 |
Convergència i Unió | 15 | 10-12 | 10-11 | 10-11 | 11 | 10 |
Esquerra Republicana de Catalunya | 1 | 7-8 | 6 | 7-8 | 6 | 8 |
Partido Nacionalista Vasco | 7 | 6-7 | 7 | 7-8 | 7 | 7 |
Izquierda Unida | 8 | 9-11 | 6-7 | 11-12 | 9 | 5 |
Coalición Canaria | 4 | 3-4 | 3 | 3-4 | 3 | 3 |
Bloque Nacionalista Galego | 3 | 2 | 3 | 3 | 2 | 2 |
Chunta Aragonesista | 1 | 1 | 1 | - | 1 | 1 |
Eusko Alkartasuna | 1 | 0-1 | 1 | - | 0-1 | 1 |
Ipsos-Eco Consulting (TVE), Sigma Dos (Antena 3), Instituto Opina (SER) (7 marzo 2004) , Demoscopia (Telecinco)
O 11 de marzo, tres días antes das eleccións, tivo lugar o maior atentado terrorista na historia recente de España e de Europa: os atentados de Madrid. Como consecuencia a estes feitos os partidos políticos suspenderon as súas campañas electorais.
A sombra dos atentados tivo moita influencia para que moitos partidos adquirisen votos, que até aquel momento eran indecisos. Nas sedes do PP, a noite antes da apertura dos colexios electorais, sucedéronse concentracións en contra da política informativa do Ministerio do Interior sobre a autoría dos atentados, nos que o ministerio apuntaba como principal sospeitosa á ETA, existindo outra liña de investigación aberta cara ao terrorismo islámico.
A ministra Ana Palacio, de Asuntos Exteriores, remitiu un memorando a todas as sedes diplomáticas para alentalos a defender a idea da autoría etarra, e o Goberno conseguiu unha declaración de condena explícita a ETA na ONU.
As sondaxes realizadas a pé de urna, a votantes que xa depositaran o seu voto, daban diferenzas significativas cos publicados na semana anterior. A maioría das sondaxes a pé de urna, daban como vencedor das eleccións ao Partido Socialista cunha lixeira vantaxe.
O reconto de votos deu ao PSOE un 42,63% dos votos, superando ao PP que obtivo un 37,64%. O PSOE converteuse no partido maioritario do Congreso, aínda que a 12 escanos da maioría absoluta. O PP, pola súa parte, seguiu sendo a forza maioritaria do Senado, aínda que perdeu a maioría do 2000. Izquierda Unida foi a terceira forza máis votada, pero conseguiu menos escanos que Convergència i Unió, PNV e ERC, conseguiron os ascensos que lle prognosticaban as sondaxes.
Centos de militantes convocáronse na rúa Ferraz de Madrid. Zapatero honrou a memoria dos falecidos nos atentados do 11-M, e ante un público maioritariamente mozo, comprometeuse con eles pronunciando as palabras "No os fallaré". Mariano Rajoy felicitou a Zapatero pola súa vitoria, e afirmou que o PP despedíase do poder "con la tranquilidad del trabajo bien hecho" e "con las cuentas claras".
O PP conseguiu unha maioría relativa no Senado, aínda que preto da maioría absoluta. Con todo, perdeu 25 senadores e o PSOE gañou 28. Os resultados foron.
Eleccións Xerais españolas, 14 de marzo de 2004 | |||||
Partido | Senadores | Diferenza | |||
Partido Socialista (PSOE) | 81 | +28 | |||
Partido Popular (PP) | 102 | -25 | |||
PSC-ERC-ICV-EUA | 12 | +4 | |||
Partido Nacionalista Vasco (PNV) | 6 | +0 | |||
Convergència i Unió (CiU) | 4 | -4 | |||
PIL | 0 | -1 |
Total do Estado, con 99,99% dos votos escrutados ás 3:42 do 15 de marzo de 2004.
Eleccións Xerais españolas, 14 de marzo de 2004 | |||||
Siglas | Votos | % | Deputados | ||
PSOE | 11 026 163 | 42,59 | 164 | ||
PP | 9 763 144 | 37,71 | 148 | ||
CiU | 835.471 | 3,23 | 10 | ||
ERC | 652.196 | 2,52 | 8 | ||
EAJ/PNV | 420.980 | 1,63 | 7 | ||
IU | 1 284 081 | 4,96 | 5 | ||
CC | 235.221 | 0,91 | 3 | ||
BNG | 208.688 | 0,81 | 2 | ||
CHA | 94.252 | 0,36 | 1 | ||
EA | 80.905 | 0,31 | 1 | ||
Na-Bai | 61.045 | 0,24 | 1 | ||
PARTIDO ANDALUCISTA (PA) | 181.261 | 0,71 | 0 | ||
BLOC NACIONALISTA VALENCIA-ESQUERRA VERDA (BLOC-EV) | 40.645 | 0,16 | 0 | ||
PSM-ENTESA NACIONALISTA,ESQUERRA UNIDA,E.VERDE (ERCPSM-EN,EU,EV,ER) | 40.179 | 0,16 | 0 | ||
CIUDADANOS EN BLANCO (CENB) | 39.877 | 0,16 | 0 | ||
ARALAR-ZUTIK | 38.319 | 0,15 | - | ||
LOS VERDES-ECOPACIFISTAS (LV-E) | 36.789 | 0,14 | - | ||
PARTIDO ARAGONES (PAR) | 36.274 | 0,14 | - | ||
CENTRO DEMOCRATICO Y SOCIAL (CDS) | 33.467 | 0,13 | - |
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.