From Wikipedia, the free encyclopedia
María Teresa Táboas Veleiro, nada en Cidade de México en 1961, é unha arquitecta e política galega. Foi Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1961 (63 anos) Cidade de México |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México - arquitectura |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta, política |
Empregador | Xunta de Galicia (2005–2009) |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Profesores | Luis Barragán |
Naceu na Cidade de México no ano 1961, filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz.[1] Táboas é a maior de catro irmáns.[2]
Pasadas as primeiras etapas de estudo, inclinouse pola Arquitectura, tendo a Luis Barragán como mestre. Rematada a carreira, volta á terra dos seus pais na que traballa durante seis anos no estudio de César Portela, traballando durante dous anos no concello de Marín.[3]
En 1990 independízase do estudo de Portela fundando un estudio de seu,[4] o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, dende o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.
Obtivo o doutoramento cunha tese de doutoramento dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón titulada El Color en Arquitectura.
Entre 1999 e 2003 foi presidenta da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo elixida o 15 de maio do 2003 a primeira muller presidenta-decana do COAG.[5] Tamén forma parte como conselleira do Consello Superior dos Arquitectos Españois, sendo a segunda muller que ocupa este cargo dende que se fundou a institución en 1931. Pertence a 2 comisións consultivas do Parlamento Europeo en representación de España, unha delas sobre arquitectura sostíbel.[6]
Foi deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia,[7] ocupou a consellería de vivenda da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009, durante o goberno bipartito de PSdeG-PSOE e BNG.[8]
En 2021 entra a formar parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA)[9] e en 2023 foi elixida vicepresidenta.[10]
É nai de dous fillos.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.