Remove ads
concello da comarca de Ferrol, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Cedeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.147 habitantes (7.465 no 2009, 7.443 no 2006, 7.429 no 2005, 7.477 no 2004, 7.498 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cedeirense» ou «cedeirés».
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Cedeira | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.529 (2023) (76,04 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 85,86 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 137 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pablo Moreda | ||||
Eleccións municipais en Cedeira | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15350/15357 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15022 | ||||
Sitio web | cedeira.es |
O concello de Cedeira, de 84 km², limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao sur con Cerdido e Valdoviño e ao oeste con Cariño e Ortigueira. O seu territorio está delimitado pola serra do Eixil e a serra da Capelada, formando os vales fluviais do río Condomiñas, que desemboca na ría de Cedeira, e do río Mestas, que forma o estuario de Esteiro antes de desembocar no océano en Vilarrube.
Está comunicado a través da estrada C-646 que vai cara a Ferrol, e da C-642, que vai cara a Ortigueira.
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, 1857-2011
Evolución da poboación de Cedeira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.219 | 7.430 | 7.709 | 8.074 | 7.477 | 7.254 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total 2014 | 7.147 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 769 (10.76 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.381 (61.3 %) |
Maiores de 65 anos | 1.997 (27.94 %) |
Alcaldes democráticos de Cedeira foron: Manuel Fernández Freijeiro, Leopoldo Rubido Ramonde, Xoán Xosé Rodríguez, Xosé Luis Vergara e Luís Rubido.[Cómpre referencia]
Na etapa democrática o popular Leopoldo Rubido estivo na alcaldía desde 1979 ata 1999.
Tras unha paréntese de catro anos de goberno liderado polo BNG, Rubido volveu ser alcalde entre 2003 e 2007.
Dende xuño de 2007, o socialista José Luis Vergara foi alcalde de Cedeira tras un pacto de goberno entre PSdeG-PSOE, BNG e TEGA.
De novo no ano 2011 volveu a soster o bastón municipal Leopoldo Rubido sendo substituído por Luís Rubido.
Desde o 2015 Pablo Moreda é o alcalde de Cedeira polo PSOE co apoio do BNG e mais ANOVA.
Hai restos da Idade de Bronce, como machados de pedra pulimentada atopados en Régoa, Montoxo e Piñeiro.
Durante o período castrexo a zona estaba habitada polos lapatiancos (ou labacenos). Hai restos de poboados castrexos en zonas altas (como o castro das Croas, na península Robaleira), castros de ribeira (como o castro de Santalla de Cervo) ou sobre un esporón (como o castro das Alcaiás, en Montoxo, no que se atopou un torque de ouro).
Trala romanización deuse ao lugar o topónimo latino de Cetaria, rada costeira cara onde os pescadores dirixían os grandes animais mariños, (atúns, baleas...) para facilitar a súa captura[Cómpre referencia].
No século XII as terras pertencían ao conde de Traba. No século seguinte Fernando III confirmou varias doazóns de terras ao mosteiro de Oseira. No século XIV pasou a ser propiedade do conde de Lemos, que por concesión de Henrique II nomeaba os alcaldes e xuíces da zona. Até 1811, en que se suprimiron os señoríos, as terras seguiron pertencendo aos Lemos, que no século XVI se xuntaran cos Andrade. A zona pertencía á provincia de Betanzos do reino de Galicia, até que en 1834 se fixo a distribución provincial actual.
No século XVIII construíuse nun outeiro a carón do porto o castelo da Concepción, do que se conservan as murallas, levantado para a defensa naval. Na actualidade é museo comarcal e miradoiro turístico.
Fronte a el sitúase a ermida de Santo Antón de Corveiro, do século XVII.
O centro histórico de Cedeira, situado á beira dereita do río Condomiñas, estivo amurallado no medievo. Nalgunhas das casas consérvanse os escudos nobiliarios dos antigos propietarios, como os Andrade, Montenegro, Pardo ou Pieiro.
Entre 1883 e 1886 editouse en Cedeira o periódico El Horizonte. Xa no século XX apareceron Nueva Cedeira (1924-1936) e La Antorcha (1930-1931).
Neste concello está o santuario de Santo André de Teixido e os cantís máis altos da Europa continental, a Vixía Herbeira.
As murallas que rodeaban a antiga vila desapareceron na súa maior parte, aínda que se conserva algún resto dela. Aínda así manteuse o seu pasado medieval, que se pode ver no paseo polas súas estreitas e empinadas rúas. Nalgunha das súas construcións aparecen escudos de armas das familias que habitaron as súas casas. Entre as antigas construcións podemos ver algunha casa con galerías, xa pertencentes aos séculos XVIII e XIX. Arredor do río Condomiñas medrou a nova Cedeira. Na zona intermedia do paseo marítimo atópase, sobre unha rocha, o monumento á muller do pescador. O porto é un dos máis importantes das Rías Altas galegas, grazas ás capturas de especies como a pescada, o rapante, a lagosta ou os percebes.[Cómpre referencia]
A economía de Cedeira está ligada ao mar a á transformación e comercialización de servizos. Ten importancia na zona o sector forestal na explotación madeireira de eucaliptos. En 2008 iniciouse a construción do Parque empresarial A Trabe.
Cedeira celebra as seguintes festas:[Cómpre referencia]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cedeira vexa: Lugares de Cedeira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.