Pescada

especie de peixe de alto interese comercial From Wikipedia, the free encyclopedia

Pescada

Pescada ou pixota[1] son dous dos nomes comúns que recibe máis frecuentemente a especie Merluccius merluccius, peixe da familia dos merlúcidos, da orde dos gadiformes.[2]

"Carioca" remite directamente a este artigo. Para o seu uso como xentilicio, véxase Río de Xaneiro.
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Pechar

Presenta un corpo fusiforme, moi alongado e comprimido lateralmente, de 40 a 70 cm de lonxitude, podendo chegar até os 120. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moito máis curta cá segunda. De cor cinsenta no lombo, clareando nos costados e máis prateada pola zona do ventre. Posúe uns ollos de gran tamaño así como unha boca grande, con dentes afiados.

Cando é aínda de pequeno tamaño denomínase carioca, estando prohibida a súa captura e comercialización se non alcanza os 27 cm.

Ecoloxía

Reprodúcense na primavera, cando alcanzan os 40 cm de lonxitude (momento no que chegan á madurez sexual). Vive nas proximidades dos fondos mariños, entre os 30 e 500 metros de profundidade.

Aproveitamento pesqueiro

Thumb
Pescadas á venda nun mercado.

Péscase con artes de arrastre, sendo preferida a capturada no palangre con anzol (pescada do pincho). O principal caladoiro para a súa pesca é o Gran Sol.

Festas gastronómicas

Thumb
Pescada á galega.
  • Festa da Pescada, en Cedeira (Ortegal), en xuño.
  • Festa da Pescada, en Celeiro (Viveiro), en xullo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.