From Wikipedia, the free encyclopedia
Merluccius é un xénero de peixes osteíctios mariños da orde dos gadiformes, o tipo da familia dos merluccíidos, que inclúe ás pescadas, especies de grande importancia comercial que se distribúen polo norte do océano Atlántico e o sur e leste do Pacífico.[2]
Merluccius | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pescada (Merluccius merluccius) no Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
O nome do xénero tipo deriva do latín medieval merlutius ou merluccius, do latín clásico merulis, -us ou merula, -ae, "merlo" (e tamén o nome de certo peixe), e lutius, -us, "lucio".[3]
Teñen dúas aletas dorsais cos primeiros raios espiñentos. A segunda aleta dorsal e a aleta anal cunha fendedura posterior. Carecen de barbelas no mento. A boca é grande, situada en posición terminal. Teñen dentes na parte dianteira do óso vómer, e a maioría das especies teñen os dentes longos e afiados. As escamas son pequenas, e de tipo cicloide.[4]
As especies do xénero Merluccius son voraces depredadores que habitan na plataforma continental e na parte superior do noiro continental.[4]
O xénero comprende 14 especies recoñecidas:[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.