Tomiño

concello da comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Tomiñomap

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés/tomiñesa.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Tomiño
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 41°59′46″N 8°43′53″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalO Seixo
Poboación
Poboación13.782 (2024) (129,4 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie106,51 km²
Altitude303 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcaldesa Sandra González
Eleccións municipais en Tomiño
Identificador descritivo
Código postal36740
Fuso horario
Código INE36054

Sitio webtomino.gal
Pechar

Demografía

Máis información Censo total (2021), 13 730 habitantes ...
Censo total (2021) 13 730 habitantes
Menores de 15 anos 1 668 (12,15 %)
Entre 15 e 64 anos 9 046 (65,88 %)
Maiores de 64 anos 3 016 (21,97 %)
Pechar
Evolución da poboación de Tomiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
10 186 10 201 9 817 10 603 11 776 13 315 13 604 13 738 13 740 13 707 13 662 13 548 13 585 13 464 13 449 13 566 13 730
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab./km².

O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan os contrafortes desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.

O concello está conectado a través da estrada PO-552 (Tui - A Guarda) coa autoestrada do Atlántico.[1]

Clima

O concello ten temperaturas medias suaves, con precipitacións abondosas (1 500 mm anuais) e veráns secos.

Eleccións municipais

Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o alcalde Manuel Vicente Alonso. Foi condenado a morte, mais conmutóuselle a pena por cadea perpetua.

Desde o ano 2007 a alcaldesa do concello é Sandra González Álvarez, quen substituíu no cargo a José Luis Fernández Lorenzo (1983-2007).

Economía

É salientábel a agricultura tradicional e de novos cultivos (flor e kiwi), pesca fluvial (lamprea e meixón).

Patrimonio

  • Igrexa de Santa María de Tomiño (século XII).
  • Igrexa de San Salvador de Tebra (século XII).
  • Torres de Goián (século XVII).

Centros educativos

  • IES Antón Alonso Ríos.
  • CEIP Pintor Antonio Fernández.
  • CEIP de Sobrada.
  • CEP Pedro Caselles Beltrán.
  • CRA Mestre Manuel Garcés.
  • CEIP de Tebra.
  • CEIP de Barrantes.

Deportes

Na parroquia de Figueiró levántase o Santuario de San Campio de Lonxe (ou San Campio do Monte), ó que van as persoas que sospeitan padecer un mal de ollo. Para expulsar o meigallo deben ir, na romaría do santo, para dar nove voltas ó redor dos dous cruceiros que hai no adro da igrexa [2].

Recoñecementos

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tomiño.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Lugares de Tomiño

Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.