Currás, Tomiño

parroquia civil do concello de Tomiño From Wikipedia, the free encyclopedia

Currás, Tomiñomap
Remove ads

San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 385 habitantes (197 homes e 188 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads
Remove ads

Situación

A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).

Historia

Esta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín.

Patrimonio

A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu o anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.

Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións. Dende o verán de 2013 está en marcha un proxecto científico de recuperación e posta en valor do asentamento romano[4].

Lugares e parroquias

Lugares da parroquia de Currás

Lugares da parroquia de Currás no concello de Tomiño (Pontevedra)

O Barral | O Cruceiro | A Estrada | O Monte | O Tapel

Parroquias de Tomiño

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads