Campo Lameiro

concello da comarca de Pontevedra, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Campo Lameiromap

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Campo Lameiro
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 42°32′16″N 8°30′36″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
CapitalA Lagoa
Poboación
Poboación1.697 (2024) (26,59 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie63,82 km²
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Carlos Costa Domínguez
Eleccións municipais en Campo Lameiro
Identificador descritivo
Código postal36110
Fuso horario
Código INE36007

Sitio webcampolameiro.org
Pechar

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014[1]. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.[2]

Poboación

Máis información Censo total 2014, 1.962 habitantes ...
Censo total 2014 1.962 habitantes
Menores de 15 anos 186 (9.48 %)
Entre 15 e 64 anos 1.146 (58.41 %)
Maiores de 65 anos 630 (32.11 %)
Pechar
Evolución da poboación de Campo Lameiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.952 3.329 3.350 2.554 2.178 2.084 2.036
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero nese ano pasou a ser chamado Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara e Campo de Huesca, que non foi alterado).[3].

Patrimonio histórico e artístico

Thumb
Laxe dos Carballos

O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.

Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.

Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Campo Lameiro

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Campo Lameiro

O Campo (San Miguel) | O Couso (San Cristovo) | Fragas (Santa Mariña) | Moimenta (Santa María) | Montes (San Isidro) | Morillas (Santiago)

Lugares de Campo Lameiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Campo Lameiro vexa: Lugares de Campo Lameiro.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.