político e funcionario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Menor Pérez, nado no Pereiro de Aguiar en 1964, é un avogado, funcionario e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) O Pereiro de Aguiar, España |
Senador de España | |
23 de xullo de 2023 – 31 de agosto de 2023 | |
Presidente da Deputación de Ourense | |
2023 – ← José Manuel Baltar Blanco | |
Alcalde do Pereiro de Aguiar | |
2019 – ← Eliseo Fernández Gómez | |
Deputado provincial | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Diplomado en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse despois en Dereito na UNED. Posteriormente realizou cursos de especialización en criminoloxía.[1] Laboralmente, iniciouse traballando como axente xudicial na década dos 80, onde foi medrando primeiro a oficial de xustiza e posteriormente a secretario de xulgado, posto que acadou en 2009. Nese mesmo ano comezou a traballar en cargos de libre designación da Administración, nomeado polo Partido Popular de Galicia: primeiro foi escollido xefe territorial da consellería de Presidencia na provincia de Ourense, ao ano seguinte accedeu ao posto de secretario territorial da delegación provincial da Xunta de Galicia, e en 2014 á dirección xeral de Emerxencias e Interior,[2] na consellería de Presidencia.
A finais de 2018 fíxose público que encabezaría a lista do Partido Popular nas eleccións municipais de 2019 no seu concello natal, O Pereiro de Aguiar.[2] Resultou elixido alcalde con maioría absoluta,[3] ao igual ca nas municipais de 2023.[4]
Deputado provincial, o pleno da Deputación de Ourense elixiuno presidente na sesión plenaria do 17 de xullo do 2023[5][6] en substitución de José Manuel Baltar. Uns meses despois, a finais de outubro, substituíu tamén a Baltar fillo como presidente do PP ourensán.[7]
En xullo de 2023, foi designado candidato do PP ao Senado pola provincia de Ourense.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.