Outes
concello da comarca de Noia, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «outés» ou «outense».[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Outes.
Remove ads
Xeografía
Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.
Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.
Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores.
Remove ads
Historia
O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.[2]
Economía
Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.
O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.
Demografía
A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.

| Evolución da poboación de Outes Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 9.160 | 10.025 | 11.303 | 10.128 | 8.050 | 7425 | 7243 | 7.192 | 7.010 | 6804 | 6691 | 6606 | 6514 | 6412 | 6282 | 6155 | 6150 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Cultura
O poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[3] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de poesía Francisco Añón.[4]
A súa irmá foi Nicolasa Añón, autora duns poemas que se atoparon casualmente en 2012, polo escritor Ramón Blanco Fernández, cando presentaba na Serra de Outes un libro seu sobre Francisco Añón. En 2014, a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundando na súa historia.[5]
No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.
O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7]
Festas grandes das parroquias
Festas do concello
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.
- Siavo, O Freixo de Sabardes, Outes
- "Marea da Serra" (Forma parte do LIC Esteiro do Tambre)
- Avd do Rocío (Estrada AC-550)
- Peirao, con néboa, do O Freixo de Sabardes, Outes.
- Estaleiros no O Freixo de Sabardes, Outes.
Parroquias
Lugares de Outes
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

