Remove ads
concello da provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 3.885 habitantes (4.289 no 2014, 4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Picota | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.737 (2023) (19,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 188,3 km² | ||||
Altitude | 310 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan José Blanco Riveiro (2015–) | ||||
Eleccións municipais en Mazaricos | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15256 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15045 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | mazaricos.net | ||||
Censo Total (Habitantes) | 4.289 (2014) |
Menores de 15 anos | 308 (7.18 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.573 (60 %) |
Maiores de 65 anos | 1.408 (32.83 %) |
Evolución da poboación de Mazaricos Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.036 | 6.769 | 7.183 | 6.757 | 5.639 | 4.533 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el —antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría—. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo). Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.
A oscilación térmica anual é de 10 °C, e a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).
A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.
Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo. Así mesmo, no lugar de Monteagudo atópase en situación ruinosa o castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande.
Case a metade da poboación dedícase ao sector primario en pequenas parcelas destinadas ao autoconsumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, aínda que minguadas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.
Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.