Remove ads
grupo de persoas ou organismos dunha especie particular que viven nunha área xeográfica From Wikipedia, the free encyclopedia
En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.
A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.
Estas son teorías para explicar os patróns do crecemento da poboación en diversos países do mundo. Segundo Sidney H. Coontz[1] as teorías da poboación poden clasificarse en tres grupos:
A tese que correlaciona a dispoñibilidade de alimentos co crecemento da poboación sería un claro exemplo das teorías biolóxicas, xa que se podería aplicar tanto á especie humana como aos demais seres vivos. Segundo esta tese, preséntanse períodos alternantes nos cales o número de habitantes atópase por baixo do nivel dos recursos alimenticios ou por encima dos mesmos, o cal determina unha diminución ou un aumento da mortalidade, respectivamente. Dentro das teorías biolóxicas poderían incluírse as de Thomas Malthus [2] e as de Josué de Castro[3]. Malthus estudou o crecemento da poboación sen relacionalo con factores culturais. Para Malthus, o crecemento da poboación tiña un ritmo evolutivo superior ao da obtención de alimentos: facíase referencia a que o número de habitantes medraba seguindo unha progresión xeométrica mentres que a dispoñibilidade de alimentos só aumentaba ao ritmo dunha progresión aritmética. Os séculos XIX e XX demostraron que Malthus estaba equivocado, xa que a produción de alimentos creceu a un nivel acelerado grazas ao desenvolvemento tecnolóxico aplicado á agricultura e a agroindustria, ao transporte e almacenamento de alimentos, é dicir a un aumento nunca antes visto da produtividade e o rendemento da agricultura e doutros sectores económicos.
O feito de que a fame no mundo veña crecendo e estendéndose considerablemente no mundo actual, á vez que nos países desenvolvidos (e nalgunhas outras rexións menos desenvolvidas), téñense excedentes agrícolas que adoitan diminuír os prezos a uns prezos demasiado baixos para ser rendibles non é senón unha dos paradoxos clave dos nosos tempos. Hai exceso de alimentos, até o punto de que unha enorme cantidade de alimentos a nivel mundial refúganse diariamente por chegar á súa data de vencemento, mentres que moita xente, ás veces, dos propios países onde se produciron ditos alimentos, perece pola mortalidade e morbilidade derivadas do seu baixo nivel de vida. En resumo: aumentou a produción de alimentos a un ritmo nunca antes visto e aumentou tamén o número de persoas ao nivel de pobreza crítica, a pesar de que o ritmo de crecemento da poboación tamén veu diminuíndo a un nivel que Malthus xamais chegou a intuír.
Chámase densidade de poboación ao número total de habitantes dividido entre o número de km² dunha zona, rexión ou país determinados. A densidade de poboación mídese dividindo o número de individuos entre a área da rexión onde viven.
Os países coa meirande densidade de poboación son microestados: Mónaco, Singapur, a Cidade do Vaticano, e Malta. Entre os países de maior tamaño, Bangladesh é o que teñen maior densidade de poboación.
A distribución por idade e sexo dunha poboación dada, unha nación ou rexión normalmente represéntase cunha pirámide de poboación. Esta distribución triangular coas porcións da poboación no eixo horizontal X e os grupos de idades de cada 5 anos no eixo vertical Y. A poboación de homes está representada na parte esquerda do eixo vertical e a poboación feminina á dereita.
Este tipo de gráfico mostra a composición segundo idade e sexo dunha poboación para unha data ou ano determinado, xeralmente para o ano en que se realiza un censo. As nacións cunha baixa mortalidade infantil e unha alta lonxevidade mostraron unha forma máis rectangular xa que a maioría da poboación vive até unha idade lonxeva.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.