Remove ads
resumo de eleccións municipais do concello From Wikipedia, the free encyclopedia
Corporacións democráticas en Porto do Son desde a aprobación da Constitución de 1978.
Eleccións | PPdeG | BNG | PSdeG-PSOE | AP | IXPDOS | AVS | CDS | PDP-PL-CG | CP | UCD | AMDG | PortodoS | Alcalde * |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | – | 3 | 2 | – | – | – | 6 | 6 | Antonio González Groveiro (AMDG) | ||||
1983 | – | – | 13 | – | – | – | 4 | Antonio González Groveiro (PSdeG) | |||||
1987 | – | 1 | 10 | 1 | – | – | 4 | 1 | Antonio González Groveiro (PSdeG) | ||||
1991 | 5 | 2 | 10 | – | – | – | – | – | Antonio González Groveiro (PSdeG) | ||||
1995 | 6 | 4 | 5 | – | – | – | 2 | – | Ramón Quintáns Vila (PSdeG) | ||||
1999 | 8 | 2 | 7 | – | – | – | – | – | Ramón Quintáns Vila (PSdeG) | ||||
2003 | 6 | 2 | 8 | – | – | 1 | – | – | Ramón Quintáns Vila (PSdeG-PSOE) | ||||
2007 | 6 | 4 | 5 | – | 1 | 1 | – | – | Manuel Tomé Piñeiro (PPdeG) | ||||
2011 | 5 | 3 | 3 | – | – | 2 | – | – | Luis Oujo Pouso (PPdeG) | ||||
2015 | 7 | 2 | 2 | – | – | – | – | – | – | – | – | 2 | Luis Oujo Pouso (PPdeG) |
2019 | 7 | 3 | 3 | – | – | – | – | – | – | – | – | – | Luis Oujo Pouso (PPdeG) |
2023 | 7 | 4 | 2 | Luis Oujo Pouso (PPdeG) | |||||||||
* No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación. |
Para os comicios do 3 de abril de 1979 presentáronse 5 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.
Cun censo electoral de 8.057 persoas, houbo un total de 4.660 votantes (57,84%) e unha abstención de 3.397 persoas (42,16%). Un total de 61 votos foron nulos (1,31%) e ningún foi en branco (0%).[1]
Co 100% excrutado, a Unión de Centro Democrático (UCD) foi a forza máis votada, obtendo 1.527 votos (33,27%) e correspondéndolle 6 concelleiros no pleno. A segunda forza foi Agrupación Municipal Democrática Galega (AMDG) con 1.514 votos (32,92%), co que lle corresponderon outros 6 concelleiros. A terceira forza foi o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG), con 805 votos (17,5%) e 3 concelleiros. O cuarto foi o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), con 659 votos (14,33%) e 2 concelleiros. Por último, o Partido del Trabajo de Galicia (PTG) obtivo 94 votos (2,04%) e ningún concelleiro.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
UCD | 1.527 | 33,27% | 6 |
AMDG | 1.514 | 32,92% | 6 |
BNPG | 805 | 17,5% | 3 |
PSOE | 659 | 14,33% | 2 |
PTG | 94 | 2,02% | 0 |
Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, de AMDG. En maio de 1981 abandonou esta formación, e en marzo de 1982 pasou a militar no PSdeG-PSOE.
Para os comicios do 8 de maio de 1983 presentáronse 2 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.
Cun censo electoral de 8.169 persoas, houbo un total de 5.203 votantes (63,69%) e unha abstención de 2.966 persoas (36,31%). Non houbo votos nulos nin votos en branco.[2]
Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 4.003 votos (76,94%) e correspondéndolle 13 concelleiros. A segunda forza foi a coalición de Alianza Popular, Partido Demócrata Popular e Unión Liberal (AP–PDP–UL) con 1.200 votos (23,06%), co que lle corresponderon 4 concelleiros.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PSdeG–PSOE | 4.003 | 76,94% | 13 |
AP–PDP–UL | 1.200 | 23,06% | 4 |
Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE.
Para os comicios do 10 de xuño de 1987 presentáronse 5 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.
Cun censo electoral de 8.336 persoas, houbo un total de 5.275 votantes (63,28%) e unha abstención de 3.061 persoas (36,72%). Un total de 83 votos foron nulos (1,57%) e 29 foron en branco (0,56%). Do total de votantes, houbo 5.192 votos válidos (98,43%).[3]
Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 2.702 votos (52,04%) e correspondéndolle 10 concelleiros. A segunda forza foi Centro Democrático y Social (CDS) con 1.277 votos (24,6%), co que lle corresponderon 4 concelleiros. A terceira forza foi a Federación de Partidos de Alianza Popular (AP), con 446 votos (8,59%) e 1 concelleiro. O cuarto foi a Coalición Progresista Galega (PDP–PL–CG), con 430 votos (8,28%) e 1 concelleiro. Por último, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) obtivo 308 votos (5,93%) e 1 concelleiro.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PSdeG–PSOE | 2.702 | 52,04% | 10 |
CDS | 1.277 | 24,6% | 4 |
AP | 446 | 8,59% | 1 |
PDP–PL–CG | 430 | 8,28% | 1 |
BNG | 308 | 5,93% | 1 |
Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE.
Para os comicios do 26 de maio de 1991 presentáronse 3 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.
Cun censo electoral de 8.497 persoas, houbo un total de 5.177 votantes (60,93%) e unha abstención de 3.320 persoas (39,07%). Un total de 36 votos foron nulos (0,70%) e 37 foron en branco (0,72%). Do total de votantes, houbo 5.141 votos válidos (99,28%).[4]
Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 3.024 votos (58,82%) e correspondéndolle 10 concelleiros. A segunda forza foi o Partido Popular (PP) con 1.523 votos (29,62%), co que lle corresponderon 5 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 557 votos (10,83%) e 2 concelleiros.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PSdeG–PSOE | 3.024 | 58,82% | 10 |
PP | 1.523 | 29,62% | 5 |
BNG | 557 | 10,83% | 2 |
Para os comicios do 28 de maio de 1995 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.
Cun censo electoral de 9.168 persoas, houbo un total de 6.092 votantes (66,45%) e unha abstención de 3.076 persoas (33,55%). Un total de 39 votos foron nulos (0,64%) e 53 foron en branco (0,88%). Do total de votantes, houbo 6.053 votos válidos (99,36%).[5]
Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 1.982 votos (32,74%) e correspondéndolle 6 concelleiros. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) con 1.653 votos (27,31%), co que lle corresponderon 5 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1.585 votos (26,19%) e 4 concelleiros. Por último, o Centro Democrático y Social (CDS) obtivo 780 votos (12,89%) e 2 concelleiros.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PP | 1.982 | 32,74% | 6 |
PSdeG–PSOE | 1.653 | 27,31% | 5 |
BNG | 1.585 | 26,19% | 4 |
CDS | 780 | 12,89% | 2 |
Para os comicios do 13 de xuño de 1999 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.
Cun censo electoral de 9.304 persoas, houbo un total de 5.895 votantes (63,36%) e unha abstención de 3.409 persoas (36,64%). Un total de 77 votos foron nulos (1,41%) e 90 foron en branco (1,55%). Do total de votantes, houbo 5.818 votos válidos (98,69%).[6]
Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.528 votos (43,45%) e correspondéndolle 8 concelleiros. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) con 2.064 votos (35,48%), co que lle corresponderon 7 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 858 votos (14,75%) e 2 concelleiros. Por último, Esquerda de Galicia–Os Verdes (EDEG–OV) obtivo 278 votos (4,78%) e ningún concelleiro.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PP | 2.528 | 43,45% | 8 |
PSdeG–PSOE | 2.064 | 35,48% | 7 |
BNG | 858 | 14,75% | 2 |
EDEG–OV | 278 | 4,78% | 0 |
Para os comicios do 22 de maio de 2011 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[7]
Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.208 votos (39,27%) e correspondéndolle 5 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con 1.237 votos (22,00%), co que lle corresponden 3 concelleiros. A terceira forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 1.200 votos (21,34%) e 3 concelleiros. Por último, Alternativa Veciñal de Porto do Son (AVS) obtivo 837 votos (14,89%) e 2 concelleiros.
Houbo un total de 5.753 votantes (69,72%) e unha abstención de 2.499 persoas (30,28%). Un total de 131 votos foron nulos (2,28%) e 140 foron en branco (2,49%).[8]
Para os comicios de 2015 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[9]
Houbo un total de 5.609 votantes (69,63%) e unha abstención de 2.446 persoas (30,37%). Un total de 114 votos foron nulos (2,03%) e 66 foron en branco (1,20%).[10]
Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.641 votos (48,06%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 966 votos (17,58%), co que lle corresponden 2 concelleiros. A terceira forza foi PortodoS, con 934 votos (17,00%) e 2 concelleiros. Por último, o Bloque Nacionalista Galego–Asembleas Abertas (BNG) obtivo 888 votos (16,16%) e tamén 2 concelleiros.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PP | 2.641 | 48,06% | 7 |
PSdeG–PSOE | 966 | 17,58% | 2 |
PortodoS | 934 | 17% | 2 |
BNG | 888 | 16,16% | 2 |
Foi elixido alcalde Luis Oujo, do Partido Popular.
Para os comicios do 26 de maio de 2019 presentáronse 3 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[12]
Houbo un total de 5.651 votantes (72,26%) e unha abstención de 2.169 persoas (27,74%). Un total de 62 votos foron nulos (1,10%) e 52 foron en branco (0,93%).[13]
Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.853 votos (51,05%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 1.444 votos (25,84%), co que lle corresponden 3 concelleiros. A terceira forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1.240 votos (22,19%) e 3 concelleiros.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PP | 2.853 | 51,05% | 7 |
PSdeG–PSOE | 1.444 | 25,84% | 3 |
BNG | 1.240 | 22,19% | 3 |
Para os comicios do 28 de maio de 2023 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[15]
Houbo un total de 5.510 votantes (70,83%) e unha abstención de 2.269 persoas (29,17%). Un total de 68 votos foron nulos (1,23%) e 58 foron en branco (1,07%).[16]
Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.799 votos (51,43%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1621 votos (29,79%), co que lle corresponden 4 concelleiros. A terceira forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 916 votos (16,83%) e 2 concelleiros. A forza menos votada foi Compromiso por Galicia (CxG), con 48 votos (0,88%), que non supera o limiar do 5% para obter algún concelleiro.
Partido | N.º votos | % votos | N.º edís |
---|---|---|---|
PP | 2.799 | 51,43% | 7 |
BNG | 1.621 | 29,79% | 4 |
PSdeG–PSOE | 916 | 16,83% | 2 |
CxG | 48 | 0,88% | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.