Punxín

concello da comarca do Carballiño, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia

Punxínmap

Punxín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 749 habitantes (956 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é punxinés.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Punxín
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 42°22′13″N 8°00′43″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
CapitalA Forxa
Poboación
Poboación755 (2024) (44,41 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie17 km²
Altitude145 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Manuel Vázquez Fernández
Eleccións municipais en Punxín
Identificador descritivo
Código postal32...
Fuso horario
Código INE32065

Pechar

Poboación

Censo total (habitantes) 749 (2014)
Menores de 15 anos 35 (4,67 %)
Entre 15 e 64 anos 411 (54,87 %)
Maiores de 65 anos 303 (40,45 %)
Evolución da poboación de Punxín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.173 2.073 2.100 1.281 945 861 801
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 17,1 km², abrangue seis parroquias. Está situado ao noroeste da provincia de Ourense, atravesado polo río Barbantiño.

Patrimonio

Consérvanse restos de poboados castrexos no monte de San Trocado e no castro de San Cibrao de Las, no límite co concello de San Amaro.

A igrexa de Vilela é de orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi. Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

A igrexas de Ourantes é románica, do século XII. É dunha soa nave e ten un retablo churrigueresco.

A igrexa de Punxín é do século XVII, e conserva restos góticos. No seu interior hai un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila. Ten unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber. No adro hai un cruceiro modernista.

A igrexa de Freás é do século XVIII, co retablo maior rococó e esculturas barrocas da Virxe das Candeas, San Roque e a Virxe das Dores. Na fachada hai unha figura gótica da Virxe co Neno.

A igrexa de Vilamoure é do século XVIII, e ten dúas obras de pratería atribuídas ao abade Miguel Pérez.

A igrexa de Barbantes é dos séculos XVIII e XIX, e no seu interior ten un retablo rococó con imaxes do barroco.

O pazo de Punxín ten a súa orixe no século XII. En Freás está o pazo do Souto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Punxín.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín

Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María)

Lugares de Punxín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Punxín vexa: Lugares de Punxín.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.