O concello de Bande ten 99km² e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1146 m) e Fonte Santa (1088 m). Polo sur discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a sueste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros.
Evolución da poboación de Bande Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
5721
5684
6099
3882
2326
2116
2020
1958
1890
1829
1735
1668
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Bande escribe nas súas terras desde tempo inmemorial a súa historia, deixando a pegada nos vestixios das moitas poboacións que habitaron estes lugares. Bo exemplo diso son os numerosos restos arqueolóxicos que se conservan, entre os que resaltan as mámoas que se dispersan polo seu territorio, os castros de Rubiás, Sarreas, Fervenza, Seoane, Lobosandaus e Pena Maior.
Época romana
No seu territorio habitaba a tribo dos Querquennos, que foron sometidos polas tropas romanas. No ano -218, Décimo Xunio Bruto que cruzou o río Limia (Lethes ou río do esquecemento) por algún lugar próximo ao que hoxe é territorio de Bande; Décimo Xunio Bruto demostra aos seus soldados -medorentos de cruzar estas augas- que non se perde a memoria alén do río, e cita un a un os nomes da súa tropa. Os romanos trazaron por estas terras a Vía XVIII de Brácara Augusta a Astúrica Augusta, coñecida como a Vía Nova do itinerario de Antonino Item alio itinere a Brácara Astúrica que foi construída no ano 80 baixo o reinado dos emperadores Perico e Domiciano. A máis de construírse un campamento denominado "Aquis Querquennis" coñecido tamén como "A Cidá" (este campamento é o terceiro da Vía romana).
Idade Media
Odoario mandou repoboar estas terras en nome do rei Afonso III no século IX. Estas terras e os seus habitantes víronse inmersos en numerosas guerras cos portugueses que loitaban por establecer unha fronteira. A principios de século, nas proximidades do campamento romano, concretamente na vila dos Baños, construíuse un balneario que en determinadas épocas do ano queda asolagado polo encoro das Conchas cando o seu nivel é alto. Estas augas recoñecidas polas súas propiedades e aconselladas para tratar a reuma, enfermidades da pel e do aparello dixestivo, sae a uns 48 graos centígrados.
Restauración
Destacable é o feito de que, durante a Restauración, Bande era un feudo da familia Bugallal, que, segundo consta, gañaba as eleccións sen que se celebrasen as votacións, métodos que se denunciaron polas xentes destes lugares encabezados por Basilio Álvarez.
Durante a romanización da Península Ibérica, Bande non pasou desapercibida. Bande, que etimoloxicamente provén de "Bandu", segundo algunhas teorías, ou de "Venatus", que evoluciona a "Vaneto", segundo afirma nos seus estudos o polígrafo Xocas.[Cómpre referencia]
Por outra parte, unha figuriña do Deus Bandua, recoñecido como "Marte galaico" foi encontrada no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquernis. A posibilidade dunha relación entre o nome do deus e do topónimo parece clara.[Cómpre referencia]
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Nas escavacións do campamento romano de "Aquis Querquennis" atopáronse, entre outros obxectos, unha estatuíña que representa un lexionario.
Na antiga igrexa de Baños destapouse unha lápida coa inscrición "Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545", que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán e se considera como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 31). As Forcadas, lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; [[Parada, Lobeira|Parada]}], parroquia do mesmo concello.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. Santiago de Calvos, parroquia de Bande; Fonte Arcada, lugar da parroquia de San Martiño de Aguís, concello dos Blancos, aínda que Xaquín Lorenzo sitúa esta parroquia en Xinzo.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: Corbelle. Santa María de Corvelle é unha parroquia do concello de Bande; Facós é un lugar da parroquia de Lobeira no concello de Lobeira. Ambos lugares están próximos pero non lindeiros.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande; Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Quintela pode ser lugar das parroquias de Santa Comba ou do Ribeiro, no concello de Bande; Santa Baia é lugar de San Vicente de Lobeira, no concello de Lobeira.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88'). Rubiás é lugar da parroquia de Santiago de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 90. A feira da Ponte celebrábase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Liñares (tamén chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirse a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Esta Ponte Pedriña era unha vella ponte romana do concello de Bande que foi asolagada polo encoro das Conchas.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 137). Unha estriga é un pequeno feixe de liño que se pon na roca para fiar. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 151. No orixinal: dalo, sí. As Forcadas é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Di Xaquín Lorenzo que se refire á estrada entre Bande e Allariz, e á ponte que cruza o río Limia (Ponte Nova, para distinguila da ponte medieval), pero ten que ser a estrada entre Bande e Xinzo de Limia, que si cruza o río Limia.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.