Remove ads
fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta From Wikipedia, the free encyclopedia
O clima[1] comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.
A definición polo glosario Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC) é:
Os límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.
Resulta frecuente a confusión entrambos conceptos pero hai que destacar que se refiren a aspectos distintos da dinámica atmosférica. A diferenza principal está na escala de tempo en que se traballa. Cando a escala de tempo dos cambios aos que un se refire é de días, semanas, meses ou uns poucos anos fálase de tempo atmosférico. A partir dunha escala de décadas é cando realmente empeza a falarse de variacións climáticas. Pero ata este período de tempo é demasiado breve para considerar o cambio. Normalmente ata pasado un século non se pode apreciar a tendencia subxacente.
Esta fronteira entre o tempo e o clima é un tanto borrosa. Unha cousa é segura, as variacións do tempo están suxeitas a patróns regulares de curto prazo, basicamente as variacións anuais ou estacionais e a patróns caóticos de diferentes frecuencias de variación que son os que fan que dun ano para outro así como dun día para outro o tempo sexa tan cambiante. O clima presenta tamén as dúas facetas. Tendencias regulares que se empezan a apreciar ás poucas décadas de realizar medicións e oscilacións de tipo caótico que subxacen no fondo. A máis grande escala pode permanecer oculto un patrón regular como os ciclos de Milanković. E se nos imos aínda a escalas maiores a variación pode tornarse caótica de novo xa que aumenta a dependencia das características xeofísicas da terra, tectónica, desgasificación natural... Os cales son procesos caóticos á súa vez.
Máis información: Balance radioactivo terrestre | Cambio climático
O clima global require o estudo doutro tipo de variables chamadas forzamentos exteriores. Para coñecer como evoluciona o clima ao longo dos eóns hai que ter en conta a influencia deses aspectos capaces de alteralo drasticamente. Segundo a importancia destes factores exteriores en cada momento o sistema climático será máis ou menos caótico. En calquera caso, a longo prazo a previsión faise imposible xa que moitos dos forzamentos exteriores, por exemplo a deriva continental, tamén se rexen por sistemas caóticos.
Os forzamentos exteriores poden implicar certa periodicidade variacións orbitais e solares e á súa vez presentar tendencias globais nun só sentido por enriba das flutuacións de máis alta frecuencia. Este é o caso da variación solar, que mentres presenta flutuacións regulares en curtos períodos de tempo a longo prazo, presenta, tamén, un aumento sistemático do brillo solar. así mesmo dita variación achega acontecementos caóticos, tormentas magnéticas ou períodos anormais de actividade solar. Frecuentemente a aparencia caótica dunha variación pode encubrir unha regularidade de moi baixa frecuencia para a cal non pasou suficiente tempo para que poida ser observada.
Estes forzamentos moitas veces son demasiado pequenos para causar os grandes cambios que se observan. Estes adoitan ser debidos precisamente ás retroalimentacións (feedbacks) positivas e negativas que se dan unha vez desencadeado o proceso.
Para o estudo do clima local hai que analizar os elementos do tempo: a temperatura, a humidade, a presión, os ventos e as precipitacións.
Hai unha serie de factores que poden influír sobre estes elementos: a latitude xeográfica, a altitude do lugar ou a continentalidade, que é a distancia ao océano ou ao mar.
A latitude determina o grao de inclinación dos raios do Sol e a diferenza da duración do día e a noite. Canto máis directamente incide a radiación solar, máis calor achega á Terra.
As variacións en latitude son causadas, de feito, pola inclinación do eixe de rotación da Terra. O ángulo de incidencia dos raios do Sol non é o mesmo en verán que en inverno sendo causa das diferenzas estacionais.
Unha maior inclinación nos raios solares provoca que estes teñan que atravesar maior cantidade de atmosfera atenuándose máis que se incidisen perpendicularmente. Por outra banda, a maior inclinación maior será o compoñente horizontal da intensidade de radiación. Mediante sinxelos cálculos trigonométricos pode verse que: I(incidente) = I(total) • cosθ
A altitude dunha rexión depende dos pisos térmicos en que se atope. A maior altitude respecto ao nivel do mar menor temperatura. Existen 4 pisos térmicos:
O cálculo aproximado que se realiza, é que ao elevarse, cada 180 metros, a temperatura baixa 1 °C.
A proximidade do mar inflúe sobre as temperaturas e proporciona máis humidade. As brisas que se orixinan nas rexións costeiras atenúan a temperatura das diferentes estacións. Levando aire cálido cando é inverno e aire fresco cando é verán. Así, as zonas próximas á costa reciben a influencia do mar e teñen temperaturas máis suaves. No inverno vai menos frío e no verán menos calor que no interior.
Unha alta continentalidade, en cambio, acentúa a amplitude térmica. Provocará invernos fríos e secos e veráns calorosos e secos.
A continentalidade é o resultado da alta calor específica da auga, que lle permite manterse a temperaturas máis frías no verán e máis cálidas no inverno. O que é o mesmo que dicir que a auga posúe unha grande inercia térmica. As masas de auga pois, son o máis importante axente moderador do clima.
O clima pode clasificarse en:
Describe os climas do mundo en función do seu réxime de temperaturas e de precipitacións.
Baseada en límites de temperatura e precipitación e na observación da vexetación nativa de cada rexión de estudo.
Clasifica en función das masas de aire que a orixina:
No mundo os tipos de clima clasifícanse en catro grupos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.