Dióxido de carbono

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

O dióxido de carbono (antes anhídrido carbónico) é un composto químico constituído por dous átomos de osíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descuberto polo escocés Joseph Black en 1754.

Máis información Fórmula estrutural, Xeral ...
Remove ads

Características

É un gas incoloro, inodoro e insípido, de fórmula CO2, que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais ou como consecuencia dos incendios forestais, por poñer dous exemplos á parte da respiración humana. É un composto covalente.

Debido á utilización, cada vez maior, dos combustibles fósiles e á proliferación dos incendios forestais, a porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente desde o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289 %, a mediados do século XX do 0,03 % e a finais do mesmo século, do 0,035 %), polo que constitúe un contaminante atmosférico que contribúe ó incremento do efecto invernadoiro e, consecuentemente, á elevación da temperatura da atmosfera, cun imprevisible efecto sobre o cambio climático.

O dióxido de carbono é soluble en auga, tendo a súa solución carácter ácido, o que favorece a disolución das rochas calcarias.

A denominación anhídrido carbónico non se admite nas normas de nomenclatura química inorgánica da IUPAC, aínda que se usa moito de xeito tradicional.

Os animais ao respiraren toman osíxeno da atmosfera e devólveno en forma de dióxido de carbono. Por outro lado, as plantas retiran este gas do aire e utilízano na fotosíntese. Este proceso, denominado ciclo do carbono, é vital para a manutención dos seres vivos.

Estruturalmente, o dióxido de carbono está constituído por moléculas de xeometría lineal e de carácter apolar. Por iso as atraccións intermoleculares son moi débiles, tornándoo, en condicións ambientais, un gas. De aí o seu nome comercial gas carbónico.

O CO2, mantido en determinadas cantidades no aire atmosférico, é un dos gases responsábeis da temperatura terrestre. Sen este gas a Terra sería un bloque de xeo. Por outro lado, un exceso de CO2 impide a saída da calor da atmosfera, provocando un quecemento do planeta denominado efecto invernadoiro. Constitúe un 0,03% en volume da atmosfera (en aumento por procesos diversos de actividades humanas), de onde o toman as algas e as plantas para fixar o carbono en forma de materia orgánica, entrando así este elemento no seu ciclo bioxeoquímico.

Nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustibles fósiles, a cantidade de gas carbónico na atmosfera aumentou moito, contribuíndo ao quecemento do planeta.

Remove ads

Aplicacións

  • O CO2 é utilizado en bebidas (bebidas carbonatadas) para darlles efervescencia.
  • É utilizado en extintores durante os incendios para illar o osíxeno do combustible.

Riscos

  • Inxerido pode causar irritación, náuseas, vómitos e hemorraxias no tracto dixestivo. Inhalado produce asfixia.
  • O xeo seco en contacto coa pel causa queimaduras.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads