Porqueira
concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Forxa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 841 (2023) (19,38 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 43,4 km² | ||||
Altitude | 635 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Susana Vázquez Dorado | ||||
Eleccións municipais en Porqueira | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32062 | ||||
Censo total | 901 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 35 (3.88 %) |
Entre 15 e 64 anos | 430 (47.72 %) |
Maiores de 65 anos | 436 (48.39 %) |
Evolución da poboación de Porqueira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.058 | 2.899 | 3.104 | 1.952 | 1.130 | 1.103 | 1.043 | 1.005 | 961 | 931 | 901 | 859 | 848 | 830 | 815 | 823 | 828 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O concello ten 43 km² e abrangue 30 entidades de poboación repartidas en 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.
Dentro da comarca da Limia o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixado entre os montes de Bande e a serra do Xurés.
A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernando II concedeulle a terceira parte da poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.
Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.
Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.
Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de perpiaños.
Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.
Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.
O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.