concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003) e 1.723 no 2021. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Paradela | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.638 (2023) (13,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 121,12 km² | ||||
Altitude | 345 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Montserrat Mulet (2024–) | ||||
Eleccións municipais en Paradela | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27042 | ||||
Páxina web | paradela.es… |
Censo Total | 1.851 (2017) |
Menores de 15 anos | 97 (5.24 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.027 (55.48 %) |
Maiores de 65 anos | 727 (39.28 %) |
Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 121,12 km²,[1] repartidos en 18 parroquias.
Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.
O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.
No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.
A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.
A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.
Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.
No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.
Segundo Nicandro Ares Paradela é o nome do concello e de catro parroquias, mais non de ningún lugar. É un diminutivo de parada (latín parata) nun camiño,[2] como o Camiño de Santiago.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.