Monterroso

concello da comarca da Ulloa, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Monterrosomap

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2021 tiña 3.562 habitantes (1771 homes e 1791 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Monterroso
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 42°47′33″N 7°50′10″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalMonterroso
Poboación
Poboación3.632 (2024) (30,78 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie118 km²
Altitude504 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Antonio Gato Soengas
Eleccións municipais en Monterroso
Identificador descritivo
Código postal27560
Fuso horario
Código INE27032

Sitio webmonterroso.es
Pechar

Poboación

Máis información Censo total 2019, 3.667 habitantes ...
Censo total 2019 3.667 habitantes
Homes 1.812
Mulleres 1.804
Pechar

Poboación do núcleo urbano

Poboación do núcleo urbano
Fonte: INE Datos Poboación San Miguel de Esporiz [1].

Historia

A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.

No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre[2] amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.

A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.

En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.[3]

Refraneiro
  • Bestas en pelo, hainas en Monterroso [4].
Cantigueiro
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo [5].
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo [6].
  • Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo.
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo [7].
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo [7].
  • Se viras o que eu vin / na feira de Monterroso, / vintecinco costureiras / dacabalo dun raposo.[8]

Galería de imaxes

Lugares de Monterroso

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterroso vexa: Lugares de Monterroso.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monterroso

Arada (Santa María) | Bidouredo (Santiago) | O Bispo (Santa María) | Cumbraos (San Martiño) | Esporiz (San Miguel) | Fente (San Martiño) | Os Ferreiros (San Cibrao) | Frameán (San Pedro) | Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago) | Leborei (Santa María) | Ligonde (Santiago) | Lodoso (San Xoán) | Marzán (Santa María) | Milleirós (San Pedro) | Novelúa (San Cristovo) | Pedraza (Santa María) | Penas (San Miguel) | Pol (San Cibrao) | Salgueiros (Santa María) | San Breixo (San Salvador) | Satrexas (Santa Eufemia) | Sirgal (Santo André) | Sucastro (Santa Mariña) | Tarrío (Santa María) | Valboa (San Salvador) | Vilanova (San Pedro) | Viloíde (San Cristovo)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.