parroquia civil do concello de Monterroso From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Pedraza | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Pedraza. | |
Concello | Monterroso[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°49′25″N 7°51′50″O |
Área | 3,60 km² |
Poboación | 114 hab. (2020) |
Densidade | 31,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Santa María de Pedraza foi construída orixinalmente en estilo románico, conservando aínda algúns canzorros, pero foi modificada durante o século XIX. Destacan os seus dous retablos de estilo neoclásico.[2]
Na parroquia atópase a capela de San Lourenzo, o templo máis antigo do concello de Monterroso. Foi construída no ano 1127 e aínda conserva trazos prerrománicos, como a súa porta principal. Nos séculos XVIII e XIX sufriu importantes reformas. Conserva varios canzorros da obra románica con figuras zoomórficas e antropomórficas.[3]
Lugares da parroquia de Pedraza no concello de Monterroso (Lugo) | |
---|---|
Gontá de Arriba | Gundín | Pedraza | San Cristovo | San Lourenzo | Vilarfonxe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.