Manuel Taboada Vigo, nado en 1965, é un político galego do PPdeG, alcalde do Pino e deputado provincial da Coruña[1].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaManuel Taboada Vigo
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Alcalde do Pino
1997 
 Miguel Seco Seco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo O Pino Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, industrial Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Industrial autónomo de profesión, foi tenente de alcalde do concello do Pino polo PPdeG de 1987 a 1997, baixo a alcaldía de Miguel Seco Seco. Nas municipais de 1995 volveu presentarse como número 2 nas listas do PP no Pino, que seguiron encabezadas por Miguel Seco,[2] gañando este as eleccións outra vez por maioría absoluta. A nova corporación tomou posesión o 17 de xuño, aínda que Miguel Seco non chegou a completar o mandato como alcalde porque o 7 de marzo de 1997 renunciou tras ser obxecto dunha moción impulsada polo seu propio grupo político[3][4][5]. Así pois, foi substituído como alcalde por Manuel Taboada,[6] quen volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.

Desde 2004 a 2006 foi presidente rotatorio da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés[7], tras deter a vicepresidencia os inmediatos dous anos anteriores. No período 2015 a 2016 volveu ser presidente[8][9][10].

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta[11], aínda que nesta ocasión co apoio do 55,48 % dos votos emitidos, resultado que foi o menor dun partido gañador na historia das eleccións municipais do concello ata ese momento, sempre durante o período da Democracia do 78.

Obras públicas e outras actuacións

Durante o seu mandato tense realizado no concello as seguintes obras públicas e monumentos:

  • Piscina municipal en Lameiro (1997), financiada pola Deputación provincial da Coruña
  • Campo de Fútbol de Lameiro (1997-2001)[12][13]
  • Cruceiro da Casa do Concello (2005)
  • Casa da Cultura de Arca ou CSC Luís Seoane (1997-2007)
  • Centro médico de Arca (2005-2007)[14][15]
  • Escola de música do Pino (2011)[16]
  • Pavillón municipal de Lameiro (2010-2012)[17], financiado pola Deputación provincial da Coruña
  • Escola infantil A Galiña Azul (2012)[18], que deu comezo os seus servizos no 2013
  • Tanatorio de Arca (novembro de 2012)[19]
  • ampliación do Albergue Público de Arca (2012)[20]
  • inicio da rede de contedores subterráneos (2017)[21], financiada polo Ministerio de Medio Ambiente de España
  • monumento á Festa do Galo Piñeiro, obra do escultor Cándido Pazos (2017)[22]

Turismo

Baixo o seu mandato tense producido un notable incremento do turismo no termo municipal, especialmente pola influencia do Camiño de Santiago, posto que no concello se estende tanto o tramo Francés como o do Norte. Ademais, impulsouse a creación de diversos eventos turísticos e deportivos que ten contribuído ao seu desenvolvemento, tales como a Festa do Galo Piñeiro (chamada na súa primeira edición Festa do Galo de Curral) e a Mosta Cabalar, desde 1999[23], a Carreira Pedestre Popular Concello do Pino, desde 2004, a Festa da Narración Oral do Pino, celebrada nos anos 2007[24][25][26] e 2008[27], e a Festa Celta, desde 2009[23]. Como consecuencia de todo isto, tense creado unha ampla infraestrutura de servizos turísticos, tanto hoteleira[28] como de restauración, que en agosto de 2020 chegou ás 1.862 prazas, distribuídas nunha ampla rede de hoteis, pensións, casas de turismo rural, albergues, vivendas de uso turístico e campings[29].

No mandato iniciado en 2019, comprometeuse ao regulamento das vivendas de uso turístico a través dunha ordenanza[30].

Predecesor:
Miguel Seco Seco
 
Alcalde do Pino
 
1997 – no cargo
Sucesor:
no cargo

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.