Remove ads
concello da comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción'[1]) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital de | |||||
Capital | Celanova | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.709 (2023) (84,83 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 67,3 km² | ||||
Altitude | 530 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Puga Rodríguez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Celanova | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32800 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32024 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | celanova.gal | ||||
O concello de Celanova está situado no oeste da provincia de Ourense, ao sur da capital da provincia. Limita ó norte cos concellos de Cartelle e A Merca, ó sur con Verea, ó leste coa Bola, e ó oeste con Ramirás e Quintela de Leirado. O concello, de 67,3 km², ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.
Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova[2], está comunicado coa capital ourensá pola N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal. Ademais tamén se comunica con Xinzo de Limia pola OU-531 atravesando o Monte do Furriolo.
No que se refire á cunca natural propia do municipio, Celanova identifícase por ser unha zona de media montaña, con dúas unidades morfolóxicas perfectamente diferenciadas que teñen o seu punto de inflexión na capital do concello a uns 525 metros de altitude. A metade suroccidental, por riba desa cota, é a que alcanza as máximas elevacións, coa Casa da Neve como punto álxido. Pola contra, a metade nororiental, máis poboada, raramente supera os 500 metros de altitude o cal xunto co ríos Sorga e Arnoia, dá lugar a un val agrario moi produtivo[3].
Os ríos máis importantes que regan o concello son o río Tuño polo suroeste e os ríos Sorga e Arnoia polo nordeste. Estes tres ríos nútrense dunha abundante rede de pequenos afluentes e regatos que fai deste concello unha zona rica en auga. Como símbolo desta riqueza a capital do municipio é atravesada por un pequeno regato coñecido co nome de regato da serra o cal baña as antigas terras do Mosteiro de San Salvador.
Chove pouco (772 mm, cun mínimo no verán de 66 mm). A oscilación térmica é grande: 24 °C, entre os 7 °C de xaneiro e os 21 °C de xullo.
Ao longo da súa historia a poboación do concello de Celanova sempre estivo relacionada co Mosteiro de San Salvador que preside a vila. No século XX a poboación sufriu variacións constantes xa que a partir da década de 1910 o número de habitantes do concello comezou a aumentar ata conseguir ser, en 1940, o segundo concello da provincia en número de habitantes[4]. Despois deste punto, o número de habitantes empezou a sufrir un descenso pronunciado que aínda se mantén na actualidade.
Censo total | 5.533 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 542 (9.79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.058 (55.27 %) |
Maiores de 65 anos | 1.933 (34.93 %) |
Evolución da poboación de Celanova Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.895 | 7.314 | 7.845 | 8.053 | 6.079 | 5.949 | 5906 | 5809 | 5638 | 5615 | 5536 | 5508 | 5455 | 5533 | 5649 | 5644 | 5652 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Antes do mosteiro o lugar xa estaba poboado e chamábase Villare pertencendo a un nobre chamado Vitiza[5] que se rebelou contra Afonso III, quen o venceu e lle entregou estas terras ó avó de San Rosendo, Hermenegildo e logo pasaron a seu irmán. En 936 San Rosendo fundou o Mosteiro de San Salvador de Celanova, ao que se lle foron outorgando numerosas doazóns e privilexios. No século XI era o máis poderoso e os seus dominios estendíanse pola Alta Limia, Monterrei e O Ribeiro.
Os irmandiños destruíron as fortalezas de Milmanda e Vilanova dos Infantes. Desde o século XV o mosteiro foi vítima de depredacións por parte dos nobres e tivo que ser recuperado polos Reis Católicos. A partir de 1506, coa adhesión aos mosteiros beneditinos de San Benito El Real de Valladolid, perdeu independencia, se ben foi quen de conservar o seu esplendor.
Celanova sufriu as consecuencias das disputas entre Portugal e España debido á súa proximidade á fronteira. No século XIX, durante o Trienio liberal, o mosteiro foi exclaustrado e, finalmente en 1837, desamortizado.
En 1927 incorporouse ao concello Vilanova dos Infantes e en 1967 Acevedo do Río.
Celanova constitúese en centro comarcal de servizos, sector que ocupa o 40 % da poboación. A industria (30 %) xira en torno á explotación dos recursos locais (madeira, leite, carne, metalurxia) e á construción. Cultívanse hortalizas, flores, kiwis e legumes. O gando é, sobre todo, porcos e, logo, ovellas, cabras e vacas.
Cada xoves (mércores se o xoves é festivo) celébrase unha feira tradicional na Praza Maior da vila, onde se desenvolve tamén a actividade de elaboración e degustación de polbo á feira.
A parte antiga da vila de Celanova está declarada Conxunto Histórico Munumental. O mosteiro de San Salvador de Celanova conta cunha igrexa abacial do século XVI, obra de Melchor de Velasco, dous claustros e as dependencias monacais. A capela de San Miguel é mozárabe.
Moi preto está Vilanova dos Infantes, onde está a torre de Vilanova dos Infantes, torre da homenaxe vestixio do castelo do século XIV derrubado polos irmandiños. Nun outeiro próximo está o castro de Castromao.
En Milmanda, a igrexa parroquial (século XVIII) érguese sobre os restos da torre de Milmanda, castelo do século X.
En Rabal hai unha ermida renacentista. Sobre o río Arnoia, a ponte romana de Freixo conduce ao concello de Cartelle.
Celanova está irmandada coas cidades de[11]:
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Celanova vexa: Lugares de Celanova.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.