Rubí, Barcelona
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Rubí é un municipio milenario da Provincia de Barcelona, situado na comarca do Vallès Occidental. Atópase no val de Rubí, e limita ao norte con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oest con Ullastrell, ao leste con Sant Cugat del Vallès, e ao sur con Castellbisbal.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Capital | Rubí (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 80.044 (2023) (2.478,14 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 35 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,3 km² | ||||
Bañado por | Riera de Rubí (en) | ||||
Altitude | 123 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Ana María Martínez Martínez (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08191 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08184 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081846 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | rubi.cat | ||||
O nome actual provén da súa denominación en latín, Rivo Rubeo, traducido por "riera vermella" en referencia á arxila que arrastraba a riera que lle deu nome.
A poboación da cidade foi crecendo desde os 3.000 habitantes que contaba en 1860 ata os 6.000 con que se estabilizou desde os anos 30 ata os anos 60, excepto a diminución producida pola guerra civil española e o posterior exilio. O crecemento de poboación nesta época baséase na inmigración procedente de Cataluña. Se a comezos dos sesenta Rubí superaba por pouco os 9.000 habitantes, nesa mesma década triplicou a súa poboación, e a finais do século XX xa excedía os 50.000. A chegada de poboación doutras cidades catalás e as ondas migratorias provenientes do norte de África e o sur e centro de América fixeron de Rubí unha cidade de máis de 70.000 habitantes (73.691 en 2006 e 73.836 en 2009).
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|
4.400 | 6.623 | 6.953 | 25.461 | 43.532 | 58.646 | 73.836 |
A poboación da cidade traballa maioritariamente nos sectores servizos (47,9%), basicamente no subsector do comercio polo miúdo, e a industria (40,1%), que está concentrada nos polígonos industriais próximos á riera de Rubí, pois a industria existente dentro do núcleo urbano foise transformando en vivendas, e conta cunha taxa de paro (2006) do 6,4%, superior á media da provincia.
Os traballos agrícolas e gandeiros, que foran parte fundamental da economía da cidade ata o século XX, ocupando a finais do século XIX o 92,6% da superficie cultivable con viña, pola produción de viño e augardente actualmente son residuais, cunha crise que se iniciou en 1886 cunha praga.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubí, Barcelona |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.