Trocado de Acci

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trocado de Acci

San Trocado (do latín, Torquatus, que significa retorcido) foi un cristián discípulo do apóstolo Santiago.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Trocado de Acci
Thumb
Biografía
Nacementoséculo I
Morteséculo I
Bispo de Acci
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico
Período de tempoImperio Romano
Período de actividade(Con vida en: século I )
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de maio
Pechar
Thumb
Sartego na igrexa de Santa Comba

Traxectoria

A mediados do século VIII, compúxose un relato sobre a predicación evanxélica de sete homes enviados a evanxelizar Hispania dende Roma por san Pedro e san Paulo. Segundo este relato, Trocado converteuse no primeiro bispo de Acci (Guadix, Granada), o igual que fixeron os seus compañeiros noutras sés: Segundo, bispo de de Ábula (Abla, Almería), Indalecio, bispo de Urci (Almería, Almería), Tesifonte, bispo de Bergium (Berja, Almería), Eufrasio, bispo de Iliturgi (localidade desaparecida próxima a Mengíbar, Xaén), Cecilio, bispo de Illiberis (Elvira, hoxe Granada) e Hesiquio ou Esicio, bispo de Carcer.[1]

No século IX, a devoción por san Trocado extendeuse pola Hispania cristiá, xurdindo a tradición do traslado das súas reliquias á igrexa de Santa Comba de Bande, onde se conserva o seu sartego, que contivo as reliquias do santo ata que no século X foron trasladadas ao mosteiro de San Salvador de Celanova. En 1592, abriuse a súa tumba e repartíronse as súas reliquias por Ourense, Santiago, El Escorial e Guadix.[2]

En Guadix festexan San Trocado o 15 de maio, data do seu suposto martirio, que segundo a tradición ocorreu no ano 66[3].

San Trocado dálle nome ao monte de San Trocado, á parroquia de San Trocado, en Allariz, e a unha aldea en Buciños, Carballedo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.