Comarca do Ribeiro
comarca da provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
comarca da provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.571 (2020) (38,27 hab./km²) | ||||
Xentilicio | ribeiro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 406,92 km² | ||||
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).[1] Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
Padrón municipal 2020 | 15.571 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.170 (7,51 %) |
Entre 16 e 64 anos | 8.296 (53,28 %) |
Maiores de 65 anos | 6.105 (39,21 %) |
O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.