Leiro
concello da comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal, en 2022 tiña unha poboación de 1.522 habitantes. Isto representa unha diminución constante respecto ós anos 2015, (1.630 hab.), 2004 (1.940 hab.) e 2003 (1.967 hab.).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Leiro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.481 (2023) (38,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 38,3 km² | ||||
Altitude | 90 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco José Fernández Pérez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Leiro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32040 | ||||
Páxina web | concellodeleiro.com |
Censo Total | 1.675 (2014) |
Menores de 15 anos | 108 (6,45%) |
Entre 15 e 64 anos | 974 (58,15%) |
Maiores de 65 anos | 593 (35,4%) |
Evolución da poboación de Leiro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.973 | 4.470 | 4.197 | 2.488 | 1.940 | 1.833 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xa no século VI existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado coa desamortización de Mendizábal.
Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.
No concello atópase o mosteiro de San Clodio, do século VI, que na actualidade funciona como hotel-monumento de catro estrelas.
A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.
Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Leiro vexa: Lugares de Leiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.