parroquia civil do concello de Leiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.
Lamas | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Lamas. | |
Concello | Leiro[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′48″N 8°10′32″O |
Poboación | 124 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]
Moi preto da igrexa románica de Santa María de Lamas, no lugar de Lamas, atópanse os fermosos montes de Pena Corneira, dende os que se ve case que media Galicia. E dende Pena Corneira vese tamén moi ben e moi cerca o fermoso pobo de San Xoán de Orega.
A Igrexa de Santa María de Lamas está situada a 6 km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local. Érguese nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Afonso VII. Tanto pola súa estrutura como polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego. Ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira. En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.
Lugares da parroquia de Lamas no concello ourensán de Leiro | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.