Remove ads
concello da comarca de Ferrol, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Fene | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.561 (2023) (477,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 26,29 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 395 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Gumersindo Galego Feal (2011–2015) Juventino Trigo Rey (2018–) | ||||
Eleccións municipais en Fene | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15500 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15035 | ||||
Sitio web | fene.gal… |
Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.
Da época castrexa existen varios castros: Prismos, Cardoeiro, Magalofes, Orra, Río Castro, Sartego, Barallobre e As Pías[1]. En 1941 fundouse ASTANO, unha empresa que nos seus comezos construía pequenas embarcacións, pero que rematou especializándose na construción de grandes petroleiros. Chegou a converterse nun dos maiores estaleiros da Europa. Grazas ao gran desenvolvemento acadado coa construción naval nestes estaleiros, o concello de Fene é un dos máis poboados da comarca de Ferrolterra. Porén, a reconversión naval trouxo consigo unha decadencia tanto na economía coma na poboación do concello. O estaleiro de Fene pasou posteriormente a denominarse IZAR Fene, e actualmente forma parte do grupo industrial público estatal Navantia, co nome de Navantia Fene, pero sen dedicarse xa á construción de buques.
Censo total 2014 | 13.498 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.492 (11.05 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.497 (62.95 %) |
Maiores de 65 anos | 3.509 (26 %) |
Evolución da poboación de Fene Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.388 | 6.540 | 8.110 | 15.097 | 14.485 | 14.165 | 13.807 | 13.780 | 13.498 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O BNG foi o partido máis apoiado na localidade desde as primeiras eleccións democráticas celebradas en 1979, co seu candidato Xosé María Rivera Arnoso como alcalde, ata 2007. O socialista Iván Puentes Rivera foi o seguinte, entre 2007 e 2011. Ese ano o PPdeG gañou as eleccións municipais e Gumersindo Galego Feal converteuse en rexedor. Logo dos comicios de 2015, foi sucedido por Juventino Trigo Rey, do BNG, mais o 6 de abril de 2018 Galego Feal recuperou a alcaldía ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP, co apoio de Somos Fene e a abstención do PSOE[2]. De xeito inverso ao acontecido no mandato anterior, tralas eleccións municipais de 2019 o popular Galego Feal volveu ser investido alcalde, mais unha moción de censura apoiada polo BNG, o PSdeG-PSOE e EU o 7 de febreiro de 2020 devolveu o mando a Juventino Trigo.[3]
A economía de Fene está fortemente vencellada ao sector naval e á historia e evolución de Astano. A súa fundación foi un fito no crecemento do concello xunto coa inauguración da Ponte das Pías e a chegada da autoestrada AP-9 a Ferrol. O polígono industrial Vilar do Colo está entre a autoestrada AP-9 e a estrada Mugardos-As Pontes VG-1.2.
Fene posúe ademais unha das máis numerosas e ricas mostras de arquitectura indiana do país, mostra que se concreta en numerosas vivendas particulares, repartidas polas súas oito parroquias, que reproducen o estilo arquitectónico da América latina de finais do s. XIX e principios do XX. Os seus primeiros propietarios, xeralmente emigrantes en Hispanoamérica, reproduciron ao seu regreso ao municipio o estilo das edificacións que coñeceran nas ex-colonias. A principal mostra de arquitectura indiana en Fene constitúea, sen dúbida, a vivenda coñecida como Casa da Maleta, unha orixinal obra de arte situada en Barallobre e rematada por unha cúpula aberta, sobre a que se levanta unha estatua do seu antigo propietario e desde a que se pode apreciar unha das melloras vistas da Ría de Ferrol.
Para poder apreciar estas edificacións, o Concello de Fene ten trazado e sinalizado un camiño, a Ruta da Arquitectura Indiana, que nos leva a través do municipio por algunhas das máis singulares.
O predominio do urbano e o industrial no seu núcleo, non debe facernos esquecer que en Fene podemos atopar paraxes naturais de enorme beleza, nos que gozar das augas tranquilas das rías de Ferrol e Ares ou do ambiente autóctono do bosque atlántico nas fragas do Río Belelle, espazo natural que arestora está proposto como lugar de importancia comunitaria (LIC).[5]
En pleno centro urbano, na parroquia de San Valentín, podemos gozar dunha tranquila camiñada ás beiras da ría polo paseo marítimo, que decontado conectará co do veciño concello de Neda.
Para rematar, na parroquia de Sillobre atopamos o Monte Marraxón, a paraxe máis natural e quizais máis espectacular de Fene. Desde o cume de Coto do Rei (395 m.) a maior altitude de toda a Ría de Ferrol, apréciase unha das mellores vistas desta baía. Se o ceo está despexado, alén da propia ría, pódese divisar ao sur a cidade da Coruña e ao norte o océano Atlántico no Concello de Valdoviño.
Se a ladeira Oeste do Marraxón dá á Ría de Ferrol, pola Leste discorre o Río Belelle, que serve de fronteira natural co Concello de Neda. Pola ribeira de Fene discorre un sendeiro que nos penetra nunha das reservas de bosque atlántico (fraga) mellor conservadas de Galicia. Ademais da beleza e da tranquilidade do bosque, poderemos gozar das antigas instalacións (pequena presa, canle, cámara de carga e turbinas) dunha central hidroeléctrica aínda en uso e, sobre todo, apreciaremos a espectacular fervenza pola que cae o río pouco antes de abandonar o territorio de Fene.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Fene vexa: Lugares de Fene.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.