Remove ads
concello da comarca de Lugo, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes (4490 no 2006, 4533 no 2005, 4580 no 2004, 4646 no 2003). O xentilicio é «friolés».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Friol | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.616 (2023) (12,26 hab./km²) | ||||
Xentilicio | friolés | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 295 km² | ||||
Altitude | 481 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Muíña Pena | ||||
Eleccións municipais en Friol | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27220 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27020 | ||||
Sitio web | concellodefriol.es |
Censo total | 3942 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 261 (6,62 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2253 (57,15 %) |
Maiores de 65 anos | 1428 (36,22 %) |
Evolución da poboación de Friol Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
8865 | 10 176 | 10 037 | 5878 | 4580 | 4246 | 4202 | 4137 | 4071 | 4004 | 3942 | 3894 | 3842 | 3772 | 3744 | 3664 | 3682 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
No rexistro de mámoas feito por Pedro Vázquez de Ornas en 1609 menciónase como a de maior importancia do concello a dos Castelos, na xurisdición da Torre de Narla, propiedade de Alonso Ordóñez das Seixas. Tamén se menciona, entre outras, a de Anafreita, a de Porto Anguieiro (Anxeriz) e a de Reigosa.
Na Rocha de Narla, onde estivo a casa e castelo dos Ulloas, posiblemente houbera con anterioridade un poboado castrexo.
Durante a romanización esta zona estivo baixo o convento xurídico de Lucus Augusti.
Na época visigótica creouse o condado de Narailiensis (de Narla), definido no concilio lucense en 569. Estendíase entre as provincias da Coruña e Lugo, e descoñécese a súa capitalidade, aínda que o topónimo de San Martiño de Condes permitir supor que era alí.
Daquela época quedan topónimos como Argerei, Ascariz, Gimondriz, Guldriz, Nobigilde, Recarei, Remesil ou Guimarei.
A raíz dese condado xurdiron outras ramas, como os de Mera, Parga ou Presares. Este último, se ben non acadou tanta sona como o da Casa de Parga, tiña unha grande extensión territorial, desde o monte da Cova de Serpe pasando por Aranga, Melide e as terras de Montaos e Bergantiños.
A finais do século X Tareixa, monxa do mosteiro de Sobrado dos Monxes e sobriña de San Rosendo, deu liberdade aos habitantes de Anafreita, sobre os que exercía señorío.
O rei Afonso IX hospedouse en San Martiño de Condes, desde onde enviou unha carta a Lugo ordenando que non recoñecesen a outro señor máis que ao bispo.
En abril de 1362 Vasco Pérez, fillo de Pedro López de Rodeiro, deu ao bispo de Lugo as súas posesións do couto de San Martiño dos Condes e no lugar da Mota en correge mento e enmenda de moytos maes e dannos e queyxumes de paes, e de casas e roubos de gaados e de outras cousas mobles... e mortes de homes que eu fize e cometi por miña autoridade en o seu couto de Lugo contra a dita igrexa e os vasallos dela sen sua culpa...>.
Na Idade Media as familias Ulloa, Parga e Seixas repartíronse o poder neste termo. Daquela época queda a torre de Friol, a fortaleza de San Paio de Narla, a torre de Miraz, o pazo de Remesil e o pazo de Trasmonte. Estas terras foron obxecto de loitas e preitos, como quedou reflectido nas chancelerías e nos escritos de Vasco da Ponte. O xenealoxista menciona que nas revoltas do século XV entre os nobres galegos Gonzalo Ozores de Ulloa gañou Narla, sendo sucedido por Lope Sánchez de Ulloa, da casa de Monterrei, quen o cedeu ao bispo de Lugo, xunto cos coutos de San Martiño dos Condes e Ferreira de Negral. Esta cesión foi confirmada por Sancho de Ulloa, fillo de Lope.
Durante o século XV as terras estaban repartidas entre a casa de Parga (da que foi sucesora a casa de Miraz), a de San Paio de Narla (propiedade dos Vázquez de Seixas), a casa de Ulloa (sucedida pola dos condes de Monterrei) e o bispo de Lugo, cos mosteiro de Sobrado dos Monxes e Santo Antoniño de Toques, e a orde militar de Santiago (pasando despois as súas propiedades á coroa).
A fortaleza de San Paio de Narla foi reconstruída no século XVI por Vasco de Seixas, señor da Casa Solar e Castro de Seixas e do Pazo de San Paio de Narla; era fillo de Vasco de Seixas "o vello" e de María Álvarez de Soutomaior, e neto de Vasco de Seixas, quen no século XIV fora señor de San Paio, Osera, Chantada, Ferreira, Samos, Sobrado e Eiré. Participou na loita dinástica dos Trastámara en favor de Henrique II de Castela. O espazo señorial lucense estaba daquela repartido entre cinco familias: os Vázquez de Seixas, Ulloa, Lemos, Saavedra e Pardo.
As terras constituíronse como concello a comezos do século XIX. O 9 de agosto de 1834, durante as guerras carlistas, un destacamento da provincia de Pontevedra foi atacado por un grupo de carlistas dirixido polo canónico Martínez Villaverde. Os carlistas incendiaron a casa de Bañales, onde se resgardara a gornición. O 19 de xullo de 1839 a columna liberal de Friol matou o faccioso Manuel Perdiz, vingando nel aquel desastre. En 1874 houbo un motín popular co gallo do sorteo da quinta de 125.000 homes, que provocou a queima dos documentos do arquivo municipal.
En marzo celébrase a feira do queixo de Friol e pan de Ousá.
O deporte con máis popularidade no concello é o fútbol sala, con equipos nas ligas autonómicas masculina e feminina. O equipo Peluquería Mixta Friol, que xoga no campo da Reigosa, compite na Segunda Federación Feminina na tempada 2023-24.
No lugar das Donas (Vilalvite) está a escola Meniñeiros, onde se imparte o método de pedagoxía Waldorf.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Friol vexa: Lugares de Friol.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.