Mañón

concello da provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Mañónmap

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Segundo o IGE en 2020 tiña 1 319 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaMañón
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 43°44′10″N 7°42′20″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCaión Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.223 (2024) Editar o valor en Wikidata (15,08 hab./km²)
Xentiliciomañonés
Galegofalantes56,46%[1]
Xeografía
Parte de
Superficie81,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude407 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataAlfredo Dovale Pedreira (2021–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Mañón Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15337 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15044 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellomanon.org… Editar o valor en Wikidata
Pechar

Demografía

Máis información Censo total, 1.454 (2015) ...
Censo total 1.454 (2015)
Menores de 15 anos 91 (6,26 %)
Entre 15 e 64 anos 816 (56,12 %)
Maiores de 65 anos 547 (37,62 %)
Estranxeiros 27 (1,86 %)
Pechar
Evolución da poboación de Mañón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4 459 4 059 4 267 2 976 1 830 1 602 1 537
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis dun quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao leste co río Sor e a ría do Barqueiro. Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.

Goberno municipal

Nas eleccións municipais de 2023, o PPdG volveu ser o partido máis votado en Mañón, obtendo 7 dos 9 concelleiros da corporación local, con Alfredo Dovale Pedreira como alcalde.[2] O PSdeG-PSOE é o único grupo que senta nas bancadas da oposición, cos 2 concelleiros restantes.[3]

Patrimonio histórico e artístico

O Camiño dos arrieiros[4]: Camiño que xa puidera ser neolítico[5], que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:

Na parroquia de Santa María de Mañón está a igrexa parroquial de Santa María.

Na parroquia das Ribeiras está o pazo de Torre de Lama, construído sobre unha antiga fortaleza medieval, da que pouco se conserva.

Lugares turísticos

Puntos de interese

Fervenza de Augas Caídas, fervenza que se precipita nun cantil duns 90 metros de altura.

  • Refuxios:
    • Na parroquia de Grañas do Sor:
      • A Ribeira do Bispo.
      • O Cascón.
    • Na parroquia de Mañón:
      • Ponte Segade.
      • Muíño de Salustio.
      • Fonte Cubelas.
      • Augas Caídas.
    • Na parroquia de As Ribeiras do Sor:
      • A Furada, coa súa ponte pendurante.
      • Refuxio de Ulló.
  • A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

Praias

Praia de Vilela. Na estrada que une O Barqueiro con Bares, existe unha desviación á dereita, que achega á pequena cala de Vilela.

Praia de Bares. Antes de chegar ao Porto de Bares, atópase a praia de Bares, coa súa forma de cuncha e a Illa Coelleira á fronte. Esta praia queda dividida en dúas partes coa marea alta: unha parte na zona urbana e portuaria e a outra, coñecida como Igrexa Vella, cunha extensa zona dunar e dividida á súa vez por un saínte elevado e rochoso.

Praia de Esteiro ou Cañoles. Camiño de Ortigueira, atópase a praia de Esteiro, que ven gozando do distintivo de Bandeira Azul europea. Praia con forte ondaxe nunha zona e con outra, porén, de augas tranquilas na desembocadura do río Esteiro, máis acaida para o baño de nenos.

Sendeirismo

Mañón conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo:

  • PR-G 204 Ruta Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídas[7]. Transita principalmente pola beira esquerda do río Sor, agás un treito entre o Muíño de Salustio e Fonte Cubelas.
  • PR-G 212 Ruta Ponte do Porto - Ponte Ulló[8]. Discorre pola marxe esquerda do río Sor, pasado polo Refuxio da Furada e a súa Ponte Colgante.

Tamén transcorre unha parte do sendeiro PR-G 8 Morgallón - Río Sor - Morgallón[9], con inicio no Concello do Vicedo.

  • Faralleiros son nas Grañas,/ revellados en Mañón,/ cabanexos en Cabanas,/ burros en San Pantaón [10]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mañón.

Parroquias

Thumb
As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

Lugares de Mañón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.