Remove ads
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María das Neves[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2011 tiña 89 habitantes (45 mulleres e 44 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.
As Neves | |
---|---|
Igrexa de Nosa Señora das Neves | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°35′29″N 7°50′07″O |
Área | 20,68 km² |
Poboación | 89 hab. (2011) |
Densidade | 4,3 hab./km² |
Entidades de poboación | 26[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu xentilicio é nevento[2].
As Neves está situada no extremo sueste do concello, na vertente occidental da Serra da Faladoira, que acada nesta parroquia os 700 metros de altitude. Limita ao norte e ao nordeste coa parroquia de Devesos nos cumes de Tracela e Toxeiro, Muro do Vasco e A Panda; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón, polo sur linda coa parroquia do Freixo, e finalmente o regato San Pedro, afluente do Pulgueira sepáraa da parroquia de Insua e o regato de Santa Mariña, tamén afluente do Pulgueira, sepáraa da parroquia do Ermo polo oeste.
A estrada de Ortigueira-As Pontes, atravesa a parroquia no seu lado leste, polos lugares do Muro do Vasco, Panda e Panda da Serra.
Percorren esta parroquia tres regatos de sueste a noroeste: o Rego dos Sapos, o Corvite e o San Pedro, que val abaixo dan lugar ao río Pulgueira.
A igrexa parroquial das Neves é unha antiga ermida na honra de Nosa Señora das Neves, que foi ampliada cando se creou esta parroquia.
Lugares da parroquia das Neves no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Aciveiral | Os Caroceiros | O Casal | A Casavella | Caxigueira de Abaixo | Caxigueira de Arriba | Corvite | Ermida | Fracela | Freixido de Abaixo | Gonzalvo | Gosende | A Monteira | O Muíño | Muro do Vasco | A Panda da Serra | A Panda | O Penso | Portoseco | O Rego da Laxe | O Rego dos Sapos | A Riba | San Pedro Grande | San Pedro Pequeno | O Toxeiro | Vilariño |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.