San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
San Salvador de Couzadoiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 114 habitantes (56 mulleres e 58 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes.
San Salvador de Couzadoiro | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Couzadoiro. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°40′08″N 7°47′36″O |
Área | 9,1 km² |
Poboación | 93 hab. (2017) |
Densidade | 10,22 hab./km² |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na parte suroriental do val do río Baleo ocupando o fondo dese val e a aba oeste da Serra da Faladoira, do Monte de Rande, do alto do Feo e de Bidueiros, e a parte oriental do Mosteiro. Entre os montes do Feo e Bidueiros corre o curso alto do río Dola, que da forma a outro pequeno val no que se acochan algúns lugares coñecidos por Tras do Río.
Limita ao norte coas parroquias de Espasante nos montes do Callobre, e Céltigos nos de Rande; polo leste o rego de Munín e os altos da Faladoira sepárana do concello de Mañón; polo sur limita coa parroquia de San Cristovo de Couzadoiro e polo oeste coas parroquia do Mosteiro e de Ladrido.
Dende a estrada AC 682 na Ponte do Baleo parte outra que no km 1 se bifurca noutras dúas que atravesan a parroquia. A da esquerda chega até Mañón por Braelle, Casás, Falca e Bidueiros e pola dereita vai até Devesos por Carballo Gordo, Covelo e Baxás.
Continúa esta parroquia o val que forma o río Baleo augas arriba dende o lugar de Ponta da Pedra até o do Carrexo, xa en Ladrido.
A igrexa parroquial de San Salvador localízase no lugar da Igrexa. É dunha soa nave con espadana a que se accede por unha escaleira exterior, do mesmo xeito que o resto das moitas igrexas do concello deste estilo. Hoxe queda practicamente afogada polas sucesivas ampliacións do cemiterio parroquial e as propiedades privadas do seu redor.
Lugares da parroquia de San Salvador de Couzadoiro no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
Baxás | Bidueiros | Braelle | Budeiros de Abaixo | Budeiros de Arriba | O Carballo Gordo | Os Carballos | O Carboeiro | Os Casás | Coruxo Novo | Coruxo Vello | O Covelo | A Ervella | A Escada | A Felgueira | O Feo | As Figueiras | A Igrexa | A Lixoa | Os Loureiros | Mucrín | As Nogueiras | As Paredes | O Pazo | A Peníscola | A Ponte da Pedra | Rande | Ratón | Rego Vello de Abaixo | Rego Vello de Arriba | A Regueira de Abaixo | A Regueira de Arriba | Requeixo | Sóñara | O Souto | O Tellado | Ventosa | Os Vilalbas | O Vilar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.