Remove ads
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Cuíña[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.
Cuíña | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Cuíña | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°39′57″N 7°50′32″O |
Área | 5,6 km² |
Poboación | 290 hab. (2017) |
Densidade | 51,79 hab./km² |
Entidades de poboación | 40[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cuíña está situada na beira leste da ría de Ortigueira, na marxe dereita do río Maior, nas abas dos montes Meixón, Burgo e Penaoseira. Limita ao norte coa parroquia de Ortigueira e coa ría dende a desembocadura do río Maior até o camiño da Lagarea, polo nordeste coas parroquias de Luía e Barbos, polo leste limita coa parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo sur coa parroquia dos Freires e polo oeste co río Maior que a separa da parroquia de Senra.
Como tantas outras parroquias co paso do tempo a poboación foise asentando nas proximidades da estrada AC-862 que a atravesa polos lugares da Clara e A Lagarea ao pé da ribeira do mar.
A igrexa parroquial, situada no lugar do Igrexario é unha construción moderna de principios de 1900, de cruz latina. O campanario foi rematado non hai pouco ao tempo que se recubría todo o corpo do templo cun lucido de cemento ocultando a estrutura de pedra. O cemiterio está algo afastado, o mesmo que a reitoral, aínda que sen saír do mesmo lugar.
Lugares da parroquia de Cuíña no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
Os Amieiros | A Areosa | O Barral | O Burgo | As Calzadas | Camporrozado | Cancelo de Acó | Cancelo de Aló | Casavella | A Clara | O Conde | Os Currás | A Encrucelada | O Fabeiro | A Igrexa | O Lagar | A Lagarea | A Lavandeira | O Meixón | Miudelos | Montemeao | O Nogueirido | O Penal | A Penaoseira | Pereira | O Pormellor | O Prado | A Preta | Rabo de Gato | A Rega | Reñalde | A Rúa | Salgueiro de Abaixo | Salgueiro de Arriba | Sanguiñedo | Soborribas | O Souto | Valella de Abaixo | Valella de Arriba | Valescura |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.