Remove ads
comarca de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca de Ortegal[1] é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (xulgado de instrución, delegación de Facenda, oficina do INSS, notaría, rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ortigueira | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.814 (2022) (30,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 391,71 km² | ||||
Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol,[2] onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.