coalición electoral galega From Wikipedia, the free encyclopedia
En Marea foi unha coalición galega que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura estaba inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".[1]
En Marea | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | nacionalismo galego, Ecoloxismo, Progresismo, Socialismo democrático, galeguismo e federalismo |
Data de fundación | 2015 |
Data de disolución | 26 de setembro de 2020 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://enmarea.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A coalición estaba conformada por diversos partidos e plataformas:
Orixinalmente, tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.
O 26 de setembro de 2020, nun Plenario extraordinario, En Marea acordou a súa disolución ao considerar "acabada" a súa etapa ao asumir o esgotamento da candidatura logo do resultado das eleccións do 12X, nas que obtiveron un exiguo 0,22% dos votos.[5]
En 2015 os cabezas de lista para o Congreso dos Deputados foron Antón Gómez-Reino pola provincia da Coruña, Miguel Anxo Fernán-Vello pola de Lugo, David Bruzos pola de Ourense e Alexandra Fernández Gómez pola de Pontevedra.
En Marea acadou a cifra de 6 deputados nas eleccións xerais do 2015, superando en votos ao PSdeG e converténdose canda os socialistas na segunda forza con máis representación de Galicia no parlamento de España. Ademais obtivo dous senadores, José García Buitrón pola Coruña e Vanessa Angustia por Pontevedra,[6] que de novo foron os primeiros senadores galegos da democracia de elección directa que non pertenceron a PP, PSOE ou a UCD. Con 6 deputados, En Marea tentou formar grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados, sen conseguilo, polo que se integrou no de Podemos. Nas eleccións do 26 de xuño de 2016 pasou a ter 5 deputados e 1 senador, tras perder un deputado en Ourense e un senador na Coruña, pasando a ser ademais a terceira forza política ao ser aventaxada nuns votos e nun deputado polo PSdeG-PSOE.
Concorreu ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 co xuíz Luís Villares como candidato á presidencia da Xunta, ante o cal se constituíu como partido o 30 de xullo nun plenario en Vigo. Os resultados déronlle á formación 14 deputados, sendo a segunda forza política ó igualar en deputados e adiantar nuns poucos votos ao PSdeG, liderando a oposición ó goberno do PPdeG na Xunta de Galicia.
Nas eleccións de abril de 2019, despois da ruptura con Podemos, Esquerda Unida e Anova, só conseguiu 17.899 votos (o 1,09 no ámbito galego, e o 0,07%no total español).[7] Concorreu ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, o seguinte 26 de maio, formando parte da candidatura Compromiso por Europa xunto con Compromís, Chunta Aragonesista, Nueva Canarias e demais formacións nacionalistas e de esquerda de toda España, sendo a eurodeputada Lidia Senra (electa en 2014 como membro de Anova nas listas de Esquerda Unida) a número 2 da candidatura. A coalición non logrou representación por un pequeno marxe e en Galicia mantivo resultados lixeiramente inferiores aos das xerais do mes anterior, con 15.288 votos (un 1,06%). Nas eleccións municipais dese mesmo 26 de maio mantivo o apoio a certas candidaturas, en especial as que no 2015 foran promovidas por Cerna a través da plataforma instrumental Participación Democrática Directa, amparándose baixo a marca Mareas Locais ou no caso dalgúns municipios da metade sur de Lugo baixo Interior Galego Vivo. Nas cidades En Marea rompeu coas mareas promovidas polos seus anteriores integrantes e promoveu candidaturas a maiores destas, exceptuando casos coma os de Compostela Aberta ou Marea Atlántica as cales mantiveron como referentes nas súas cidades se ben tampouco participaron activamente nas súas campañas. Esta división de candidaturas foi clave para que ningunha marea obtivese representación nas cidades de Ourense, Lugo e Pontevedra, xa que a pesar do desgaste acusado polo espazo, xunto coas candidaturas presentadas polos seus exintegrantes darían os números para conseguir en torno a 1 ou 2 concelleiros.
Finalmente, decidiu non presentar candidatos nas eleccións de novembro de 2019.[8] Ante as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 optou inicialmente por non presentarse, trala renuncia de Luís Villares a concorrer de novo. Porén, tras ser adiada a súa celebración do 5 de abril ao 12 de xullo por mor da Pandemia do COVID-19, finalmente optou por conformar unha coalición con Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista denominada Marea Galeguista. Esta candidatura estivo encabezada polo ata entón deputado autonómico de En Marea Pancho Casal e logrou uns resultados anecdóticos con 2.822 votos, un 0,22% do total. Ante esta situación, a formación optou por disolverse tras un plenario tido lugar o 26 de setembro de 2020, mantendo unha estrutura mínima para dar soporte ás candidaturas municipalistas que se mantiveran afíns e mantiñan algún tipo de representación municipal.
Os resultados nas eleccións estatais son os seguintes:
Elección | Votos | % (sobre o total galego) | # | Congreso | Senado | Gob. | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | 410.698 | 25,01 | 2.º | 6 / 23 |
2 / 16 |
Non | Oposición |
2016[9] | 347.542 | 22,18 | 3.º | 5 / 23 |
1 / 16 |
Non | Oposición |
abril de 2019[7] | 17.899 | 1,09% | ? | 0 / 23 |
0 / 16 |
Non | Sen representación |
novembro de 2019 | - | - | - | Non presenta listas | Non presenta listas | - | - |
Ás eleccións de novembro de 2019, non presentou listas.
Os resultados nas eleccións autonómicas galegas foron os seguintes:
Os resultados nas eleccións ao parlamento europeo foron os seguintes:
Elección | Votos | % | # | Deputados | Gob. | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
2019 | 15.288 | 1,06 | 8.º | 0 / 54 |
Non | Sen representación |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.