médico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel García Buitrón, nado en Toreno (Provincia de León) o 14 de xuño de 1945 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2022, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1945 Toreno, España |
Morte | 17 de setembro de 2022 (77 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Empregador | Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Partido político | Unidade Galega Podemos Galicia Partido Socialista Obrero Español Esquerda Galega En Marea |
Fillo dun médico que morreu novo e dunha mestra. Con once anos marchou estudar ao colexio dos Maristas de Palencia. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1969), despois fixo nefroloxía en Barcelona e uroloxía en Madrid. Comezou a súa carreira no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña en 1975. Foi un dos creadores do Sindicato Galego de Sanidade. Foi responsable da Oficina de coordinación de Transplantes, realizado o primeiro en Galicia o 21 de xaneiro de 1981; posteriormente realizou transplantes noutros países como Trinidad e Tobago e Cuba. Foi director-xerente do Hospital Universitario da Coruña.
Foi candidato por Unidade Galega nas eleccións municipais do 3 de abril de 1979. Militou en Esquerda Galega ata 1986 e despois pasou ao PSdeG-PSOE formalizando o seu ingreso en 2007. Responsable da área de Sanidade de Podemos Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado por En Marea pola provincia da Coruña e foi elixido senador. Finou en Madrid o 17 de setembro de 2022.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.