Remove ads
coalición electoral entre POG, PSG e PG From Wikipedia, the free encyclopedia
Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.[1]
Unidade Galega (UG) | |
---|---|
Coalición do PSG, Partido Galeguista e o Partido Obreiro Galego (Galiza) | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Francisco Fernández del Riego, Camilo Nogueira e Avelino Pousa Antelo |
Historia | |
Fundación | 1978 |
Disolución | 1980 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Socialismo Federalismo |
A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino. Grazas a estes resultados a coalición tamén conseguiu dous deputados provinciais[2]. Á parte da alcaldía da Coruña, UG tamén conseguiu as de Cambados, Narón, Rairiz de Veiga, Redondela, As Pontes de García Rodríguez, Touro, Vilaboa e Malpica de Bergantiños.
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980, tras o abandono da mesma polo Partido Galeguista.
Eleccións | Votos | % | Deputados/concelleiros | Alcaldes |
---|---|---|---|---|
Eleccións xerais de 1979 | 58.391 | 5,35% | 0 / 350 | - |
Eleccións municipais de 1979 | 68.759 | 6,35% | 141 / 4,072 | 9 / 312 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.