partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Interior Galego Vivo é un partido político galego sustentado en diversas agrupacións locais das provincias de Lugo e Ourense que defende condicións dignas de vida no rural galego dende unha perspectiva de esquerda e galeguista. Anteriormente foi unha asociación, rematando por entrar en contacto con En Marea.
Interior Galego Vivo (IG-VIVO) | |
---|---|
Partido político galego | |
Historia | |
Fundación | 20221 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda Galeguismo Ruralismo Ecoloxismo Democracia participativa |
Outros datos | |
Na rede | |
https://igv.gal/ | |
1 como partido | |
Constituída inicialmente como unha asociación en defensa dos servizos e a calidade de vida no rural galego, pasou a colaborar coa formación En Marea. Nas eleccións municipais de 2019 varias agrupacións deste partido da provincia de Lugo, vinculadas inicialmente a Cerna e Participación Democrática Directa en 2015, concorreron baixo a marca desta asociación. Desta forma conseguiron un total de 7 concelleiros: 2 en Chantada baixo a formación Por Chantada, 2 en Sober con Agroma Sober, 2 en Folgoso do Courel con C@urel Vivo e 1 en Monforte de Lemos con espertamonforte!. Estas candidaturas formaron parte da oposición neses concellos, dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta neses municipios, agás Monforte de Lemos que a logrou o PSdeG.
Trala definitiva desaparición de En Marea como partido en 2020 estas agrupacións mantiveron a súa actividade política. En 2021 mantiveron unha asemblea no Courel onde aprobaron os seus principios políticos e comezaron a manter contactos con outras agrupacións e asociacións da provincia lucense. En maio de 2022 constituíronse oficialmente como partido tras unha asemblea en Antas de Ulla, sumando precisamente á Alternativa Veciñal de Antas de dita localidade que lograra 1 concelleiro en 2019. A maiores sumaron a formacións da provincia de Ourense vinculadas anteriormente a En Marea como Son de Manzaneda, Son de Trives, Son do Pereiro de Aguiar, Xuntos por Laza ou Xuntos por Chandrexa de Queixa, as cales contaban con representación nos seus concellos e das cales contaran anteriormente con experiencia de goberno Son de Manzaneda e Son de Trives, a primeira coa alcaldía ata 2019 e a segunda como socio minoritario do PSdeG durante 2 meses tralas municipais de 2019.
Nas eleccións municipais de 2023 concorrero con estas formacións xunto coas de Terras de Portomarín, Vilardevós-IGV e San Sadurniño-IGV.
Concello | Candidatura | Concelleiros |
---|---|---|
Antas de Ulla | Alternativa Veciñal de Antas | 1 / 11 |
Chandrexa de Queixa | Xuntos por Chandrexa de Queixa | 1 / 7 |
Chantada | Por Chantada | 2 / 13 |
Folgoso do Courel | C@urel Vivo | 2 / 9 |
Laza | Xuntos por Laza | 2 / 9 |
Manzaneda | Son de Manzaneda | 2 / 7 |
Monforte de Lemos | espertamonforte! | 1 / 17 |
O Pereiro de Aguiar | Son do Pereiro de Aguiar | 0 / 13 |
A Pobra de Trives | Son de Trives | 2 / 11 |
Portomarín | Terras de Portomarín | 0 / 9 |
San Sadurniño | San Sadruniño-IGV | 0 / 11 |
Sober | Agroma Sober | 2 / 11 |
Vilardevós | Vilardevós-IGV | 0 / 9 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.