club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores.[4] Na tempada 2024/25 compite na Segunda División
Deportivo da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Dépor; Deportivistas; Herculinos; Branquiazuis; Turcos;[1] Superdépor | |||
Fundación | 8 de decembro de 1906 (117 anos) | |||
Estadio | Riazor, A Coruña, Galicia | |||
Inauguración | 28 de outubro de 1944 | |||
Capacidade | 32.490 | |||
Propietario | Abanca (99,99%) + 25.333 accionistas[2] | |||
Presidente | Juan Carlos Escotet[3] | |||
Adestrador | Óscar Gilsanz | |||
Liga | Segunda División | |||
2023/24 | 1º (1ª RFEF) | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Estrella Galicia | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdeportivo.es/gl | ||||
| ||||
Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga de Primeira División, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros estatais, alén do Concurso España de 1912, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.[5]
Logo de 46 temporadas en Primeira División, o club ocupa o posto 12º na clasificación histórica da competición. Conta con 29.433 socios, sendo o club con máis abonados de Galicia e ten tamén 196 agrupacións de afeccionados (segundo datos de outubro de 2020).[6]
Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.[7]
O Club Deportivo da Sala Calvet foi fundado o 2 de marzo de 1906 por un grupo de alumnos dese ximnasio coruñés propiedade de Federico Fernández-Amor Calvet, sendo nomeado presidente do club Luís Cornide Quiroga.[8] Dende a súa fundación, o Deportivo mantivo unha gran rivalidade co Real Club Coruña.[9][a] En 1909, o club obtivo o título de Real, pasando a chamarse Real Club Deportivo da Sala Calvet.[10]
No ano 1910 o Deportivo xogou un dos dous trofeos da Copa do Rei celebrados ese ano, o organizado pola Federación Española de Clubs de Fútbol disputado en Madrid en formato triangular entre os deportivistas, o Futbol Club Barcelona e o Club Español de Madrid.[11] En 1911, o club muda o seu nome polo de Real Club Deportivo da Coruña.[10] Entrementres, as disputas entre o Deportivo e o Coruña non paran de aumentar, chegando un punto no que a directiva deportivista decide non xogar máis partidos cos coruñistas.[9] Porén, en 1912 gáñase o Concurso España, o que posteriormente sería ratificado como o primeiro título oficial deste equipo a nivel estatal.[12][13]
En xullo de 1914 os xogadores do Deportivo deciden unilateralmente disputar dous encontros fronte ao Coruña. A directiva non apoia a decisión, provocando que os xogadores abandonen o club e funden o Deportivo Auténtico.[9] En 1918, prodúcese un acordo e os xogadores deciden disolver o club escindido e regresar á estrutura do Real Club Deportivo. Durante as seguintes tempadas, o Deportivo participou no Campionato de Galicia, torneo do que se proclamou campión por primeira vez na tempada 1926/27, rompendo a hexemonía dos equipos vigueses. Nos anos seguintes gañou en cinco ocasións máis o torneo galego, antes de que fose suprimido en 1940.[14]
Coa creación en 1929 do campionato de Liga, o Deportivo quedou encadrado no grupo primeiro da Segunda División, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing Madrid e Deportivo, que finalizaría na oitava posición.[15] Militaban daquela no Deportivo importantes xogadores da historia do equipo coruñés, como Isidro, Rodrigo, Fariña, Pepe Torres, Pereiro, Ramón González ou o talentoso Chacho, que co paso dos anos acabou por converterse no máximo goleador histórico do club.
O Deportivo xogou en Segunda dez tempadas ata lograr o ascenso á Primeira División na tempada 1940/41.[16] O ano anterior fora campión do seu grupo, pero non lograra ascender ao perder o encontro de promoción ante o Celta de Vigo por 1-0.[17] Na súa primeira participación en Primeira quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid (1-0), Celta (4-0) e Barcelona (1-0).[18] O seu porteiro, o histórico Xoán Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición, honor que volvería conseguir na tempada seguinte.[b][19]
A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ao Valencia,[20] foi o preludio do descenso do club de novo á Segunda División. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acadou o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949/50, con Alejandro Scopelli no banco, quedando a un só punto do campión, o Atlético de Madrid de Helenio Herrera.[21] Logo do subcampionato o club rematou en postos que lle permitían manter a categoría con tranquilidade. En 1950 o equipo fichou dous arxentinos, Corcuera e Oswaldo, que xunto a Franco, Moll e Tino formaron a dianteira coñecida como a Orquestra Canaro, que marcaría na tempada 1950/51 64 goles en 30 partidos.[22] O club herculino permaneceu en Primeira ata a tempada 1956/57. Na tempada 1961/62 o equipo recuperou a categoría, pero a pesar do bo inicio da tempada, gañando o Trofeo Teresa Herrera ante un Benfica que viña de proclamarse campión de Europa, o equipo descendeu tras finalizar a tempada. Dende ese momento o equipo collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos, conseguindo manter a categoría só nas tempadas 1968/69 e 1971/72.
O 30 de decembro de 1970, co equipo en Segunda, chegou ao banco branquiazul Arsenio Iglesias.[23] Baixo a dirección do adestrador arteixán o equipo conseguiu de novo o ascenso á Primeira División logo de finalizar na terceira posición e conseguir unha das catro prazas de ascenso directo á máxima categoría do fútbol español, que se ía ampliar a 18 equipos na seguinte tempada fronte aos 16 que viñan competindo.[10] Arsenio conseguiría manter ao equipo en Primeira dúas tempadas,[24] acadando a 14ª posición na tempada 1971/72. Porén, na tempada 1972/73 o equipo finalizou na penúltima posición, descendendo unha vez máis á Segunda División.[10] Ao final da campaña Arsenio marchou para o Hércules.[24] A partir de entón o club coruñés iniciou un longo periplo alonxado da Primeira División, que se alongou durante 18 anos.
Na tempada seguinte realizáronse fichaxes que non deron os resultados esperados, pasaron polo banco catro adestradores diferentes e o equipo, afectado tamén por lesións, tocou fondo descendendo á Terceira División logo de perder por 2 goles a 0 no campo do Barakaldo o 26 de maio de 1974. O descenso provocou a dimisión do daquela presidente, Manuel Sánchez Candamio (cuxa xestión fora moi criticada), ocupando o seu lugar Antonio Álvarez Rodríguez.[23][25] Na campaña 1974/75, e baixo a dirección de José Antonio Irulegui e con xogadores como Seoane, Piña, Pardo, Canario, Piño, Vales, Castro, Muñoz e Rabadeira, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente.[23] Na tempada do seu regreso á categoría de prata o equipo herculino acadou o 5º posto na clasificación. Con todo, desde ese momento o club experimentou un declive deportivo que finalmente o conduciu, despois de cinco anos en Segunda, a descender á recentemente creada Segunda B ao remate da tempada 1979/80. Militou na Segunda B só unha campaña, a 1980/81, na que finalizou na segunda posición, o que lle outorgou unha das prazas de ascenso directo xunto co seu máximo rival, o Celta de Vigo, que descendera tamén un ano antes.[10] Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.
Con todo, a situación económica do club, cunha débeda que non paraba de medrar dende había varios anos, e que ascendía na década de 1980 a 600 millóns de pesetas, era complicada. Por outra banda, os resultados deportivos non acompañaron, e na tempada 1987/88 o equipo estivo a piques de descender de novo á Segunda B, conseguindo a permanencia na derradeira xornada grazas ao histórico gol de Vicente, que salvou o equipo dunha posible desaparición.[26] Ese mesmo ano marcou un punto de inflexión na historia do club coruñés, pois o 13 de xuño de 1988 celebrouse no Colexio dos Salesianos unha asemblea aberta e popular na que foi elixido presidente Augusto César Lendoiro.[10][26] Logo de acceder á presidencia, Lendoiro deu os primeiros pasos para levar o equipo ao cumio, modernizando a institución e fichando xogadores de peso que aumentaran o nivel do equipo.[10] O regreso de Arsenio na tempada seguinte e a recuperación económica deron paso, logo dun intento no 1990 que fallou, ao subcampionato e o ascenso á Primeira División na tempada 1990/91 tras case dúas décadas en Segunda División.[26] O Deportivo pasaría de ser un equipo ascensor e ao bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde estaría á par dos grandes de Europa.
Logo dunha tempada de transición cun equipo que combinaba veteranía e xuventude dirixido por Marco Antonio Boronat (logo substituído por Arsenio Iglesias, que salvou o equipo do descenso), na tempada 1992/93 o club viuse obrigado a converterse en sociedade anónima deportiva. O club deseñou un modelo de accións economicamente alcanzables e primou os pequenos accionistas fronte aos grandes. Co obxectivo de non volver sufrir para manter a categoría realizáronse as fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva, e o seu terceiro posto na Liga esa tempada, realizando un bo xogo, supuxo o nacemento do que se veu en chamar "Superdépor". Aínda que o Deportivo caeu na cuarta rolda da Copa do Rei fronte ao Club Polideportivo Mérida, de Segunda División, logo da quenda de penaltis, o terceiro posto valeulle ao equipo herculino para clasificarse para a UEFA Europa League por primeira vez na súa historia.[27][28] Esa tempada Bebeto finalizou como máximo goleador da liga con 29 goles, converténdose no primeiro deportivista en conquistar o Trofeo Pichichi.[29]
A tempada 1993/94 iniciouse coa viaxe do equipo branquiazul a Dinamarca para enfrontarse ao Aalborg BK, o seu primeiro rival na Copa da UEFA, ao que conseguiu eliminar por un contundente 5-1 no cómputo global, logo de caer por un gol a cero no Aalborg Stadion de Aalborg e derrotar os dinamarqueses na Coruña por cinco goles a cero o 28 de setembro. Na segunda rolda da competición europea o Deportivo eliminou ao Aston Villa inglés, que viña de conseguir o subcampionato da Premier League, por un marcador global de dous goles a un, logo de gañar o partido de volta no estadio de Villa Park en Birmingham (0-1). Finalmente o Deportivo caeu eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt alemán logo de perder por un gol a cero os dous partidos.[30][31] O equipo que debutou na Copa da UEFA foi o seguinte:
Na liga, o Deportivo estivo a piques de adxudicarse a súa primeira liga, logo de manterse á fronte da clasificación boa parte da tempada e de chegar á derradeira xornada con opcións ao título. Con todo, un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido disputado contra o Valencia, que pechaba o campionato, deulle o título ao Fútbol Club Barcelona, que finalizou cos mesmos puntos que os herculinos.[32] Ademais, esa tempada o Dépor conseguiu o Trofeo Zamora con Liaño, que converteu o Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga, o que fai unha media de 0,474 goles/partido.[33][34]
Nas dúas seguintes tempadas (1994-95) o equipo logrou de novo o subcampionato de Liga e chegou aos oitavos de final da UEFA Europa League, onde o Borussia Dortmund alemán o privou de chegar aos cuartos de final. Con todo, o maior éxito da tempada foi a consecución do primeiro gran título do club coruñés a nivel estatal, a Copa do Rei (con independencia do Concurso España de 1912, nominalmente o primeiro título estatal pero de rango menor). O equipo venceu en Madrid ao Valencia Club de Fútbol (2-1), nunha final que se tivo que suspender debido á intensa choiva que inundou o Estadio Santiago Bernabéu nos últimos minutos, e que obrigou a continuar o partido días despois.[32] Os autores dos tantos da final foron Manjarín e Alfredo.[35] O equipo que conquistou a primeira Copa do Rei para o club foi o seguinte:
Antes da tempada 1995-96 Arsenio deixou o banco coruñés e decidiu retirarse, sendo substituído polo técnico galés John Benjamin Toshack. A tempada comezou cun novo título, ao alzarse coa Supercopa de España tras vencer o Real Madrid Club de Fútbol a dobre partido. Ademais o Deportivo conseguiu chegar ás semifinais da desaparecida Recopa de Europa, onde foi eliminado polo Paris Saint-Germain FC,[32] que finalmente se alzaría co título, por un dobre 0-1.[36] Na liga o equipo finalizou na 9ª posición e Bebeto decidiu non continuar do Deportivo, aceptando unha oferta do Flamengo brasileiro. Na tempada 1996-97 coa chegada de xogadores estranxeiros como Rivaldo, Naybet ou Songo'o, o Deportivo logra un terceiro posto na liga logo dun inicio ligueiro no que bateu o seu récord de xornadas imbatido, 17 xornadas imbatido; con todo unha fase de malos resultados provocaron a saída de Toshack a falta de 19 xornadas para o final da competición, sendo substituído polo brasileiro Carlos Alberto Silva.[32]
A pesar da chegada de reforzos como Djalminha ou Luizão, a seguinte foi unha mala tempada para un Deportivo que viu como a poucos días do inicio da liga o Barça fichaba a Rivaldo logo de pagar a cláusula de rescisión de 4.000 millóns. Finalmente o equipo coruñés foi eliminado da Copa da UEFA na primeira rolda fronte ao AJ Auxerre por 2-1 e 0-0.[32][37]
Na tempada 1998–99 chegou ao banco coruñés o adestrador irundarra Javier Irureta procedente do Celta de Vigo.[38] Nese momento chegan ao club xogadores como Manuel Pablo, Scaloni, Pauleta ou Turu Flores entre outros. Logo de conquistar o Trofeo Teresa Herrera e o Trofeo Ramón de Carranza, o Deportivo finaliza a liga en sexta posición, clasificándose para a Copa da UEFA e alcanzando as semifinais da Copa do Rei, onde foi eliminado polo Atlético de Madrid logo de empatar (0-0) no partido de ida e perder (1-0) no partido de volta.[39][40]
Na tempada 1999–00 chegaría o primeiro e único título de Liga do Deportivo. Logo dun bo inicio ligueiro, no que se mantiveron entre os primeiros clasificados, na 12ª xornada o equipo herculino situouse á cabeza da táboa, posto que xa non deixarían no que restaba de tempada. Grazas a unha boa racha de imbatibilidade os de Irureta conseguiron contar con oito puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores, con todo, unha etapa máis crítica na que o equipo non acababa de funcionar ben lonxe do seu estadio fixo que volveran as pantasmas de 1994. Esa tempada o Deportivo derrotou por 5-2 en Riazor ao Real Madrid, que meses máis tarde alzaría a Copa de Europa, así como ao Barcelona de Louis van Gaal (2-1). Con Songo'o, Djalminha, Pauleta, Fran, Mauro Silva, Donato, Naybet, Turu Flores e Roy Makaay como protagonistas, o Dépor proclamouse campión de liga o 19 de maio de 2000, nun Estadio Municipal de Riazor cheo ante o Espanyol, logo de gañar 2-0 con goles de Donato e Makaay. O Deportivo pechou deste xeito unha tempada de liga na que finalmente conseguiu cinco puntos de vantaxe sobre o segundo e o terceiro clasificados: Barcelona e Valencia respectivamente, convertendo a cidade da Coruña na segunda cidade máis pequena, logo de Donostia, que conseguía un título de liga.[39][41] Os xogadores que formaron parte do equipo que conquistou o primeiro título liga do club coruñés foron os seguintes:
Con todo, as participacións dos deportivistas na competición europea e na Copa do Rei foron máis discretas. Na Copa da UEFA os branquiazuis superaron tres eliminatorias, caendo nos oitavos de final fronte ao Arsenal F.C., que daquela marchaba segundo na Premier League inglesa. Na competición copeira tamén chegaría aos oitavos de final, sendo desta volta o Osasuna o que apearía aos de Irureta da competición.[39] A partir de aí, e da man de futbolistas como Molina, Valerón, Diego Tristán, Sergio e moitos dos campións de liga, e tamén da man de Irureta e Lendoiro, vivíronse cinco anos de éxitos na Liga de Campións (atinxindo unha semifinal e por tres veces os cuartos de final), lográronse dous novos subcampionatos de Liga e unha nova Copa do Rei en 2002.
O título de liga conseguido na tempada 1999-00 supuxo a clasificación directa por primeira vez na historia do club para disputar a Liga de Campións da UEFA. A tempada seguinte comezou coa chegada dun novo título, a segunda Supercopa de España, conquistada despois de derrotar o Espanyol por 2 goles a 0 (0-0 no partido de ida, e 2-0 na volta disputada en Riazor).[42][43] Na estrea dos branquiazuis na Liga de Campións o equipo quedou encadrado no grupo E, xunto co Hamburger SV alemán, o Panathinaikos grego, e a Juventus de Turín, finalizando a primeira fase de grupos na primeira posición e sen coñecer a derrota,[44] a mesma posición que ocuparía na segunda fase de grupos, superando a equipos como o Milan, o Paris Saint-Germain e o Galatasaray.[45] Con todo, a andaina dos coruñeses na máxima competición continental finalizou nos cuartos de final logo de caer fronte ao Leeds United.[46] O equipo que debutou na Liga de Campións estaba integrado polos seguintes xogadores:
Na liga, o Deportivo finalizou na segunda posición a sete puntos do Real Madrid.[47] Con todo, na Copa do Rei caeu eliminado fronte ao Club Deportivo Tenerife nos dezaseisavos de final.[48]
A tempada 2001-02 concluíu de xeito similar á anterior. Na súa segunda participación na Liga de Campións o equipo herculino chegou de novo aos cuartos de final, caendo eliminado fronte ao Manchester United,[49] mentres que na liga o equipo loitou polo título ata as últimas xornadas, finalizando na segunda posición a sete puntos do campión, o Valencia, e cun Diego Tristán que gañou ese ano o Trofeo Pichichi logo de anotar 21 goles na liga.[42][50] Con todo, o maior éxito da tempada chegou o 6 de marzo, cando o Deportivo conquistou a súa segunda Copa do Rei na final disputada no Estadio Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, no día en que a entidade merengue celebraba o seu centenario,[42] feito que popularmente se coñece como o "Centenariazo", dado o seu gran parecido coa final da Copa Mundial de Fútbol de 1950 que historicamente foi coñecida como Maracanazo.
Logo de conquistar a terceira Supercopa de España da súa historia, o Deportivo iniciou unha tempada na que finalizaría na terceira posición no campionato de liga e conseguindo chegar ás semifinais da Copa do Rei, mais sendo eliminado na segunda rolda da Liga de Campións. Esa tempada Roy Makaay gañou o Trofeo Pichichi e a Bota de Ouro. Na tempada 2003-04 o equipo conseguiu de novo finalizar na terceira posición na liga e fixo historia ao chegar ás semifinais da Liga de Campións.[42] Despois de acabar segundo na fase de grupos por detrás do Mónaco, o Dépor superou á Juventus en oitavos de final. En cuartos de final, contra o Milan, os coruñeses perderon o partido de ida por 4-1 pero conseguiron remontar no de volta, cun 4-0 en Riazor. Nas semifinais, o Dépor caeu eliminado contra o FC Porto de José Mourinho que acabaría sendo campión desa edición, cun empate a cero en Portugal e 0-1 na volta en Riazor.[42]
Logo da etapa dourada do Deportivo con Irureta no banco, o 2006, ano no que o club celebrou o seu centenario, comeza unha etapa de transición marcada pola grave crise económica e as débedas. A chegada de Joaquín Caparrós supón unha auténtica revolución no cadro. Moitos dos pesos pesados do vestiario, como Molina, Scaloni, Víctor ou Diego Tristán abandonan a entidade, que inviste 9,3 millóns de euros na fichaxe de 17 xogadores, a maioría novos e con proxección, entre os que destacan Riki, Filipe Luis, Lopo ou Juan Rodríguez. Prodúcese tamén unha reformulación dos obxectivos deportivos, fixados agora na permanencia. Mais, a pesar da falta de apuros deportivos e a participación na Copa Intertoto, o mal xogo e o desencontro coa bancada propician a saída do técnico despois de dúas temporadas.
A era de Miguel Ángel Lotina no banquiño branquiazul daba comezo na tempada 2007-08.[51] O mexicano Andrés Guardado[52] firma polo Deportivo por 7 millóns de euros e marcha Jorge Andrade á Juventus que paga 10 millóns polo xogador.[53] Nesta temporada, tras unha primeira volta do campionato con posicións preto do descenso, o equipo consegue rematar unha segunda volta con bos resultados, clasificándose para a Copa Intertoto tres anos despois da última participación en Europa, tras quedar 9º por encima do Athletic de Bilbao (o seu máis próximo perseguidor inscrito para a Intertoto).[54] O equipo xogou en xullo de 2008 a Copa Intertoto na que se enfrontou ao Bnei Sakhnin, conxunto árabe de Israel.[55] No partido de ida en Israel o Deportivo gañou 1-2 con tantos de Lafita e Riki, mentres que na volta, xogada en Riazor, o resultado foi de 1-0 con gol de Valerón. Con este resultado o equipo clasificouse por fin para unha competición europea despois de 4 anos de ausencia.
Na seguinte tempada, a 2008–09, marcada polas fichaxes de Aranzubia,[56] Zé Castro[57] e o mexicano Omar Bravo,[58] a pesar de non pasar dos dezaoitavos de final da Copa da UEFA ao ser eliminado polo Aalborg BK danés,[59] o Deportivo consegue superar o seu eterno rival histórico, o Celta de Vigo, na clasificación histórica da Liga, grazas á continuada permanencia do conxunto olívico na segunda división e ao sétimo posto do Deportivo en Liga.
Na tempada 2009–10, o equipo realiza unha gran primeira volta que o leva a ocupar postos europeos durante máis de 20 xornadas (3 delas en prazas de Liga de Campións). Namentres, as lesións lévano a realizar unha mala segunda volta na que asina unha racha de 11 partidos consecutivos sen gañar. Finalmente o equipo termina na 10ª posición.[10][60] Nesta tempada hai que destacar o debut de varios xogadores do Fabril nos partidos de Liga e Copa do Rei: Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón e Raúl.
Na tempada 2010–11 descendeu á segunda división tras 20 anos seguidos na categoría de elite. O descenso produciuse logo de perder o derradeiro partido (0–2) contra o Valencia CF, converténdose no primeiro equipo que perde a categoría con 43 puntos.[61]
Tras un inicio irregular en segunda división e con José Luis Oltra no banquiño, a tempada 2011–12 remata co equipo como campión da categoría, producíndose o ascenso o 27 de maio de 2012, a falta dunha xornada para rematar o campionato.[62] O 3 de xuño de 2012, na derradeira xornada, o Deportivo conseguiu alcanzar a cota de 91 puntos, récord na categoría (a anterior marca estaba en 88 puntos, conseguidos polo Real Valladolid na tempada 2006–07).[63]
Porén, ao comezo da tempada en 1ª División, o 30 de decembro de 2012, é despedido tras sumar soamente 12 puntos nos primeiros 17 partidos.[64] Oltra foi substituído no banco do conxunto herculino polo adestrador portugués Domingos Paciência.[65] Mais os resultados non melloraron a situación do club, que andaba no último lugar da táboa, xa que só conseguiu sumar 4 puntos en 6 partidos, e ao cabo de mes e medio desvinculouse do club.[66]
O 11 de febreiro de 2013, tras destituír a Paciência, Augusto César Lendoiro firma o contrato que vinculaba ao adestrador Fernando Vázquez á entidade branquiazul.[67] O escenario do debut en Riazor non podía ser mellor: o Dépor pon sobre as cordas ao Real Madrid, que acaba levándose o triunfo con moitas dificultades, 2-1.[68] Pese a comezar bastante mal (3 derrotas e 1 empate) o conxunto coruñés enlaza 4 vitorias seguidas, entre elas o derbi galego contra o Celta de Vigo. O Dépor, que semellaba desafiuzado, volvía á loita pola permanencia.[69] Pese a iso, ao rematar a tempada, Vázquez non consegue acadar ese obxectivo.[70]
Pese ao descenso, Vázquez segue á fronte do banco deportivista e, cunha primeira volta case perfecta fóra de Riazor (pese a complicacións en casa), remata como campión de inverno. Fóra do plano deportivo, o 10 de xaneiro foi un día clave para o futuro do club, pois presentouse ante o xuíz concursal unha proposta de convenio na Audiencia Provincial da Coruña que obtivo o apoio do 59,44% dos acredores, pero non do acredor principal, a Axencia Tributaria. O maxistrado decidirá cara a finais de mes, momento no que o club contará cun novo Consello de Administración.[71] Por outra banda, na xunta de accionistas celebrada o 21 de xaneiro a candidatura encabezada por Tino Fernández acadou un 72,09% dos votos, alzándose como novo presidente do club.[72] Finalmente, o 31 de maio de 2014 o Dépor volve á categoría raíña trala vitoria contra o Real Jaén por 1 a 0.[73]
Pese a que Vázquez firmara un ano máis de contrato, o Deportivo decidiu prescindir dos servizos do de Castrofeito, so pretexto dunhas declaracións polémicas deste.[74] Ese mesmo verán o Deportivo contratou como adestrador a Víctor Fernández,[75] mais os resultados non acompañan e o Dépor ve perigar a salvación. Con todo a directiva dálle varias oportunidades, pero o equipo non remata de funcionar. Todo isto fai que, tralo empate co Córdoba, último na clasificación, Fernández sexa cesado como adestrador do Deportivo.[76]
O 9 de abril de 2015 chega como adestrador Víctor Sánchez del Amo[77] que comeza inmediatamente o seu traballo e o Dépor sofre unha metamorfose completa, pese a que os resultados non sexan demasiado bos. Chega á última xornada contra o FC Barcelona dependendo de si mesmo para manterse en Primeira. O 2-0 inicial a favor dos culés fai pensar na perda da categoría, pero dous goles, de Lucas Pérez e Diogo Salomão, e varias intervencións chaves de Fabricio Agosto manteñen o club en primeira división ao rematar o partido con empate a dous.[78] A salvación do equipo propiciou a continuidade do técnico madrileño unha tempada máis, na que o cadro herculino reforzouse con xogadores como Fernando Navarro, Cani, Alejandro Arribas, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr, Luis Alberto ou Fede Cartabia, e logrou o traspaso de Lucas Pérez. O 1 de setembro de 2015 o club anunciou que pagara toda a débeda prevista para a tempada 2015–16, unha cantidade que ascendía a 3.169.861,80 euros máis 99.177,59 de xuros.[79] Esa temporada o Deportivo realizou unha gran primeira volta na que finalizou 9º, chegando a ocupar postos de Europa League durante nove xornadas. Con todo, o equipo realizou unha mala segunda volta na que gañou unicamente dous partidos, o segundo deles na penúltima xornada fronte ao Villarreal CF por 0-2, co que asegurou matematicamente a permanencia na máxima categoría do fútbol español.[80] A pesar da salvación, o 30 de maio de 2016 Víctor Sánchez foi destituído debido á mala relación con algúns xogadores e á mala segunda volta do equipo.[81] O 10 de xuño o Deportivo anunciou que o substituto de Víctor Sánchez para a tempada 2016-17 sería o bilbaíno Gaizka Garitano.[82]
A tempada 2016-17 comezou con altos e baixos. Xa en 2017 e despois de dúas derrotas contra Alavés (0-1) e Leganés (4-0), o equipo decidiu rescindir o contrato de Garitano, que foi substituído por Pepe Mel o 28 de febreiro. O adestrador madrileño conseguiu o obxectivo da permanencia, destacando a vitoria por 2-1 en Riazor contra un FC Barcelona que levaba 19 partidos consecutivos sen perder en liga.
Na tempada 2017-18, o equipo só conseguiu dúas vitorias nos primeiros nove partidos, sendo un dos equipos máis goleados do campionato. O 24 de outubro de 2017, o Deportivo destitúiu a Pepe Mel e o seu cargo foi ocupado por Cristóbal Parralo, ata entón adestrador do Fabril.[83] Porén, o cambio de adestrador non fixo que mellorasen os resultados do equipo e Cristóbal Parralo foi destituído o 4 de febreiro de 2018, co equipo na 17ª posición e despois de 3 vitorias, 3 empates e 9 derrotas entre Liga e Copa.[84] Ao día seguinte anunciouse a chegada do neerlandés Clarence Seedorf para dirixir o equipo.[85] A falta de 3 xornadas para finalizar o campionato, o 29 de abril de 2018, o equipo certifica o seu descenso á Segunda División.[86]
A tempada 2018-19 comezou con novo adestrador, Natxo González,[87] tras o despido de Seedorf.[88] Aínda que durante os primeiros meses de competición o equipo estivo entre os postos altos da clasificación,[89] unha mala xeira de resultados levou ao seu despido en abril[90] e á chegada de Pep Martí.[91] Finalmente o Deportivo acabou sexto, o que lle daba dereito a xogar os playoffs de ascenso a Primeira.[92] Na primeira eliminatoria eliminou o Málaga tras gañar en Riazor 4-2[93] e na Rosaleda 0-1.[94] Na final contra o Mallorca non foi quen de manter a vantaxe que conseguira na ida en Riazor, 2-0, e non puido materializar o ascenso ao perder na volta por 3-0 en Son Moix.[95]
Para a tempada 2019-20 chegou ao banco Juan Antonio Anquela, mais foi destituído o 7 de outubro tras os malos resultados acadados nas 10 primeiras xornadas de competición (1 vitoria, 5 empates, 4 derrotas), co equipo ocupando postos de descenso a Segunda B.[96] Foi substituído polo arousán Luis César Sampedro, que disputou 11 partidos, co balance dunha vitoria, catro empates e seis derrotas[97]. Cesado a finais de ano, Fernando Vázquez regresou ao equipo. Baixo o seu mando o Dépor chegou a encadear sete vitorias seguidas. O equipo acabou descendendo na última xornada, cando o partido que debía disputar co Fuenlabrada foi suspendido a causa do contaxio por Covid-19 de doce xogadores rivais.[98]
Para a tempada 2020/21 o Deportivo seguiu contando con Vázquez como adestrador. Armou un conxunto cheo de ilustres veteranos, como Álex Bergantiños, Eneko Bóveda, Celso Borges, Claudio Beauvue ou Miku.[99] A equipa nunca deu boas sensacións, e Fernando Vázquez foi substituído a inicios de ano por Rubén de la Barrera. Sentiuse unha lixeira melloría no xogo e debutaron futbolistas da canteira, entre os cales logrou asentarse Diego Villares. Malia todo, o Depor houbo de xogar o play-off de permanencia, que salvou sen ningún apuro. Logrou tamén garantir unha praza na Primeira División RFEF, unha categoría de nova creación no terceiro chanzo do fútbol español.
Para a estrea na Primeira División RFEF contratouse ao adestrador abulense Borja Jiménez e o cadro de xogadores viviu unha nova renovación, sendo o capitán Álex Bergantiños o único supervivente da época de Segunda División.[100] O equipo ocupou a primeira praza durante case a metade da competición pero unha xeira de malos resultados a partir da xornada 22 fixeron que fose superado polo Racing de Santander, polo que tivo que se conformar coa segunda praza e coa disputa da promoción de ascenso, que tivo como sede a propia Galicia. Tras eliminar nas semifinais ao Linares Deportivo, enfrontouse na final ao Albacete, adestrado polo anterior técnico do Deportivo, Rubén de la Barrera. Con tódalas entradas vendidas,[101] o público de Riazor viu ao Deportivo adiantarse no marcador por medio de Soriano, antes de que Alberto colocase o empate no marcador, forzando a prórroga. Ao club coruñés bastáballe con manter o empate no tempo suplementario para lograr o ascenso, debido á súa mellor clasificación na tempada regular, pero un gol de Jordi Sánchez no minuto 113 culminou a remontada do club manchego e condenou ao Deportivo a outro ano na terceira categoría do fútbol español.
Borja Jiménez continuou como adestrador no inicio da tempada 2022/23, pero o pobre xogo do equipo provocou a súa destitución despois de só 7 xornadas, sendo substituído por Óscar Cano.[102] O último día de 2022 fíxose oficial o regreso de Lucas Pérez, catro anos e medio despois da súa marcha da Coruña.[103] O dianteiro renunciou así ao contrato que lle restaba no Cádiz e baixou dúas categorías ata a Primeira División RFEF, pagando el mesmo a metade do preto do millón de euros que custou o traspaso.[104] A súa fichaxe acaparou titulares en numerosos medios deportivos arredor do mundo, destacando estes o insólito no fútbol moderno da súa decisión de antepoñer o cariño por un club ao beneficio económico.[105][106][107]
Con Cano no banco, o Deportivo mantívose en zona de promoción de ascenso durante case toda a tempada, pero sen chegar en ningún momento ao liderado, obxectivo prioritario do club.[108] Xa sen opcións de ascenso directo e con boa parte da afección en contra,[109] o adestrador foi cesado o 15 de maio de 2023, despois dunha derrota contra o Linares por 3-2 na xornada 36, sendo substituído por Rubén de la Barrera.[110] O técnico coruñés dirixiu o equipo nos últimos partidos de liga e na promoción de ascenso, na que caeu eliminado ante o Castellón.[111]
De xeito semellante ás anteriores campañas, para a 2023/24 o Deportivo sufriu unha profunda remodelación no seu cadro de xogadores, deixando o equipo case unha vintena de futbolistas da tempada 2022/23, entre eles o seu capitán, Álex Bergantiños, que colgou as botas despois de 21 anos no club.[112] Como novo adestrador chegou o vasco Imanol Idiakez.[113]
Os pobres resultados na parte inical da campaña levaron o equipo a ocupar por primeira vez na súa historia postos de descenso á cuarta categoría do fútbol español e o nivel de xogo do conxunto coruñés tocou fondo na 11ª xornada, cando caeu goleado por 3-0 a mans do Real Unión no Stadium Gal de Irún, momento que marcou un punto de inflexión na tempada do equipo.[114][115] O xogo do equipo foi mellorando nos seguintes partidos, favorecido pola irrupción dos dous xogadores considerados como as maiores "perlas" da canteira, Mella e Yeremay, e co regreso á senda do gol de Lucas, que non conseguira ver portería nos cinco primeiros meses de competición, e que trala marcha de Mackay no mercado invernal, herdou o brazalete de capitán.[116][117]
O 14 de xaneiro de 2024, ante a Cultural Leonesa, produciuse a derradeira derrota da tempada do Deportivo, que a continuación encadeou sete vitorias consecutivas, escalando ata un liderado que xa non abandonaría. Con 15 vitorias e 4 empates na segunda volta, o club coruñés proclamouse campión a falta de dúas xornadas, despois de derrotar ao Barça Atlètic nun estadio de Riazor ateigado con 31.833 espectadores, a cifra máis alta da historia da categoría, e con ducias de milleiros de seareiros nos arredores do estadio.[118][119] Tralo ascenso o equipo disputou a final de campións contra o Castellón, gañando tanto na ida en Riazor como na volta en Castàlia, proclamándose así campión absoluto da categoría.[120]
O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa real no centro do pendón e sobre o escudo.
|
|
As cores oficiais son as seguintes:[121]
|
|
|
|
Aínda que desde a súa fundación se estableceu que o equipo defendería unha camiseta a franxas verticais azuis e brancas, non sería ata 1912 cando o club coruñés faría habituais estas cores nos seus partidos oficiais. Dende entón, o primeiro uniforme do Deportivo continúa sendo branquiazul, mentres que o segundo e terceiro varían practicamente cada tempada en función de motivacións comerciais. Dende 2017 a empresa encargada dos deseños e fabricación do equipamento é a italiana Macron.
Para a tempada 2024/25, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes:
Titular
|
Alternativo
|
Terceiro
|
Aínda que o Deportivo contaba cun himno máis tradicional que o actual (composto en 1924 por Maximiliano Svarrmanoff[125]), a aparición do "Superdépor" e a imaxe de renovación do club levaron á directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, composto por Francisco Gómez Seijo "Gandy" e que posteriormente gravaría o grupo coruñés Cacahué. Devandito himno, en estilo rock,[126] sería versionado posteriormente pola Orquestra Sinfónica de Galicia.[127] No ano 2006, o grupo La Banda del Camión compuxo o himno do centenario, que incluía os nomes das grandes figuras que pasaron polo club.[128][c]
O chamado Corralón da Gaiteira foi primeiro escenario dos partidos do Deportivo da Coruña (daquela aínda coa denominación de Club Deportivo da Sala Calvet), sendo o campo no que o equipo herculino disputou os seus partidos de xeito habitual durante os seus primeiros dous anos e medio de existencia. O Corralón foi a principios do século XX o único campo da Coruña no que se podía practicar o deporte que acababa de chegar á cidade. Estaba situado nos terreos anexos á Fábrica de Tabacos, medía 18.000 m² e tiña bancadas con capacidade para 6.000 espectadores.[8][129] Eduardo del Río y Santos-Lartaud, comerciante e cónsul de Dinamarca en Galicia, era propietario de varios terreos nas proximidades da Palloza e deu o visto e prace para que os deportistas da Sala Calvet puidesen adestrar e xogar os seus encontros no Corralón.[130]
Foi no chamado Corralón da Gaiteira onde o Deportivo disputou o primeiro partido contra o seu máximo rival na época, o Coruña Foot-ball Club, o 9 de decembro de 1906, que acabaría con marcador favorable para os integrantes do equipo da Sala Calvet (2-1).[129] En maio de 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira para trasladarse ao vello campo de Riazor.[8]
Dende que en 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira ata 1944, ano no que se inaugurou o Estadio Municipal de Riazor, o Deportivo xogou os seus encontros no coñecido como campo de Riazor. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas.[131] O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ao Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:[129]
“ | O partido foi bastante forte e moi lucido e agradou a concorrencia, que aplaudiu entusiasmada a ambos os equipos | ” |
Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ao actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.[129]
O estadio do Deportivo é o Estadio Municipal de Riazor, situado a carón da praia de Riazor, na Coruña. A pesar de ser de titularidade municipal, o Deportivo utiliza o recinto a cambio dun alugueiro simbólico de 1 € ao ano.[132] Ten unha capacidade de 32.490 espectadores, todos sentados, sendo o estadio con maior cabemento de Galicia.[133] A súa primeira construción data de 1909 no terreo que hoxe ocupa a igrexa das Escravas, a escasos metros da súa actual localización. A súa segunda construción, xa na súa actual localización, foi en 1944, obra do arquitecto Santiago Rey Pedreira. O estadio tivo varias remodelacións, como a de 1982 con motivo do Campionato Mundial de Fútbol dese ano,[134] e a última, comezada en 1996 coa construción do fondo de pavillón e terminada en 1997 coa remodelación do fondo de maratón.[135] Ten unhas dimensións de 105×68 metros.[132] Ademais, foi renovada a súa Licenza UEFA para a celebración de partidos de competicións internacionais.
A Cidade Deportiva de Abegondo é un conxunto de instalacións deportivas propiedade do club herculino situadas en Mabegondo, alí adoita preparar os seus partidos o Deportivo. Foi inaugurado en 2003. Está formado por un edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve de bancada para uns 1.200 espectadores cara ao campo principal e uns 500 cara ao campo de céspede artificial. En total a cidade deportiva conta con 7 campos de céspede natural, 1 de céspede artificial, 6 campos de céspede natural de fútbol 7 e máis de 16.000 m² de campos auxiliares de céspede natural. Hai ademais uns 9.000 m² de aparcadoiros.[136]
(ata a xornada 38 da tempada 2016-17)
|
|
Partidos históricos en primeira división | |||||
---|---|---|---|---|---|
Tempada | Local | Resultado | Visitante | Estadio | Notas |
1941-42 | Deportivo da Coruña | 2–1 | Castelló | Riazor | Primeira vitoria en Primeira |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Real Madrid | Riazor | ||
Espanyol | 1–2 | Deportivo da Coruña | Sarrià | Primeira vitoria en Primeira coma visitante | |
Deportivo da Coruña | 4–0 | Celta de Vigo | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 1–0 | FC Barcelona | Riazor | ||
1942-43 | Celta de Vigo | 0–1 | Deportivo da Coruña | Balaídos | |
Deportivo da Coruña | 3–1 | Celta de Vigo | Riazor | ||
1943-44 | Deportivo da Coruña | 3–2 | Celta de Vigo | Riazor | |
1944-45 | Deportivo da Coruña | 4–1 | Atlético de Madrid | Riazor | |
1946-47 | Deportivo da Coruña | 3–2 | FC Barcelona | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 8–1 | Castelló | Riazor | ||
1948-49 | Deportivo da Coruña | 6–2 | Nàstic de Tarragona | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 6–1 | Alcoiano | Riazor | ||
1949-50 | Deportivo da Coruña | 3–0 | Real Madrid | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 3–0 | FC Barcelona | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 5–1 | Valencia | Riazor | ||
Celta de Vigo | 2–3 | Deportivo da Coruña | Balaídos | ||
Athletic Club | 2–2 | Deportivo da Coruña | San Mamés | Última xornada. Campión durante máis de 30 minutos. | |
1950-51 | Deportivo da Coruña | 4–1 | Celta de Vigo | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 5–0 | Real Madrid | Riazor | ||
Valencia | 0–3 | Deportivo da Coruña | Mestalla | ||
Deportivo da Coruña | 10–1 | Lleida | Riazor | Maior goleada na historia do Deportivo | |
Deportivo da Coruña | 3–0 | Atlético de Madrid | Riazor | ||
Celta de Vigo | 1–2 | Deportivo da Coruña | Balaídos | ||
Deportivo da Coruña | 2–0 | FC Barcelona | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 4–0 | Athletic Club | Riazor | ||
1951-52 | Deportivo da Coruña | 3–0 | Celta de Vigo | Riazor | |
1952-53 | Deportivo da Coruña | 5–0 | Sporting de Xixón | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 5–1 | Atlético de Madrid | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 3–2 | Celta de Vigo | Riazor | ||
Celta de Vigo | 1–3 | Deportivo da Coruña | Riazor | Promoción para manterse en Primeira | |
1953-54 | Deportivo da Coruña | 6–0 | Real Xaén | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | FC Barcelona | Riazor | ||
1954-55 | Deportivo da Coruña | 4–2 | Celta de Vigo | Riazor | |
1955-56 | Real Madrid | 1–2 | Deportivo da Coruña | Santiago Bernabéu | Primeira vitoria no Bernabéu |
Deportivo da Coruña | 5–0 | Celta de Vigo | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 5–0 | Real Sociedade | Riazor | ||
1956-57 | Deportivo da Coruña | 4–0 | Real Sociedade | Riazor | |
1962-63 | Deportivo da Coruña | 1–0 | FC Barcelona | Riazor | |
1964-65 | Deportivo da Coruña | 4–0 | Sevilla | Riazor | |
1966-67 | Deportivo da Coruña | 4–1 | Real Zaragoza | Riazor | |
1968-69 | Deportivo da Coruña | 1–0 | FC Barcelona | Riazor | |
1971-72 | Deportivo da Coruña | 3–0 | Valencia | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Real Madrid | Riazor | ||
1972-73 | Deportivo da Coruña | 1–0 | Celta de Vigo | Riazor | |
1991-92 | Deportivo da Coruña | 2–1 | Betis | Riazor | Promoción para manterse en Primeira |
1992-93 | Deportivo da Coruña | 3–2 | Real Madrid | Riazor | 0–2 min.25. Nace o SúperDepor. |
1993-94 | Deportivo da Coruña | 4–0 | Real Madrid | Riazor | |
Valencia | 1–3 | Deportivo da Coruña | Mestalla | Único gol de Mauro Silva no Depor. | |
Real Oviedo | 2–5 | Deportivo da Coruña | Carlos Tartiere | ||
Deportivo da Coruña | 0–0 | Valencia | Riazor | Última xornada. Min.90, penalti fallado. Perde a liga. | |
1994-95 | Celta de Vigo | 0–2 | Deportivo da Coruña | Balaídos | |
Albacete | 2–8 | Deportivo da Coruña | Carlos Belmonte | Maior goleada coma visitante | |
1995-96 | Deportivo da Coruña | 5–0 | Albacete | Riazor | Os cinco goles de Bebeto |
Rayo Vallecano | 0–6 | Deportivo da Coruña | Teresa Rivero | ||
Deportivo da Coruña | 3–0 | Real Madrid | Riazor | Hattrick de Bebeto | |
Salamanca | 0–5 | Deportivo da Coruña | Helmántico | ||
1998-99 | Deportivo da Coruña | 4–0 | Real Madrid | Riazor | |
1999-00 | Deportivo da Coruña | 5–2 | Sevilla | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Celta de Vigo | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 5–2 | Real Madrid | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 2–0 | Espanyol | Riazor | Campión de Liga | |
2000-01 | Deportivo da Coruña | 1–0 | Celta de Vigo | Riazor | |
FC Barcelona | 2–3 | Deportivo da Coruña | Camp Nou | Primeira vitoria no Camp Nou | |
Deportivo da Coruña | 2–2 | Real Madrid | Riazor | 0–2 min.44. 5 lanzamentos ós paus. | |
2001-02 | Celta de Vigo | 0–2 | Deportivo da Coruña | Balaídos | |
Deportivo da Coruña | 5–0 | Mallorca | Riazor | Hattrick de Diego Tristán en 12 minutos | |
Deportivo da Coruña | 3–0 | Real Madrid | Riazor | ||
2002-03 | Deportivo da Coruña | 3–0 | Celta de Vigo | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 6–0 | Alavés | Riazor | Hattrick de Diego Tristán e dous goles de Roy Makaay | |
FC Barcelona | 2–4 | Deportivo da Coruña | Camp Nou | Dobrete de Roy Makaay | |
2003-04 | FC Barcelona | 0–2 | Deportivo da Coruña | Camp Nou | |
Celta de Vigo | 0–5 | Deportivo da Coruña | Balaídos | Hattrick de Víctor Sánchez | |
Deportivo da Coruña | 5–1 | Atlético de Madrid | Riazor | ||
Deportivo da Coruña | 3–0 | Celta de Vigo | Riazor | ||
2004-05 | Real Madrid | 0–1 | Deportivo da Coruña | Santiago Bernabéu | |
2005-06 | Celta de Vigo | 0–3 | Deportivo da Coruña | Balaídos | |
Deportivo da Coruña | 3–1 | Real Madrid | Riazor | ||
2006-07 | Deportivo da Coruña | 2–0 | Real Madrid | Riazor | |
2007-08 | Deportivo da Coruña | 3–1 | Real Valladolid | Riazor | Xornada 21ª a 5 puntos da salvación, "resurrección" |
Deportivo da Coruña | 2–0 | FC Barcelona | Riazor | ||
2008-09 | Deportivo da Coruña | 2–1 | Real Madrid | Riazor | |
2012-13 | Deportivo da Coruña | 3–1 | Celta de Vigo | Riazor | |
2014-15 | FC Barcelona | 2-2 | Deportivo da Coruña | Camp Nou | Remontando un 2-0 adverso o Deportivo conseguiu a salvación |
2015-16 | FC Barcelona | 2-2 | Deportivo da Coruña | Camp Nou | Remontando un 2-0 adverso no Camp Nou por segunda tempada consecutiva |
2015-16 | Villarreal CF | 0-2 | Deportivo da Coruña | El Madrigal | Permanencia matemática |
Torneo | Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra |
---|---|---|---|---|---|---|
Liga de Campións | 58 | 23 | 15 | 20 | 74 | 79 |
Previa da Liga de Campións | 4 | 2 | 2 | 0 | 4 | 0 |
Copa da UEFA | 32 | 14 | 5 | 13 | 43 | 36 |
Copa Intertoto da UEFA | 10 | 8 | 0 | 2 | 18 | 10 |
Recopa de Europa | 8 | 4 | 2 | 2 | 14 | 3 |
Total | 112 | 51 | 24 | 37 | 153 | 128 |
Partidos históricos en Europa | |||||
---|---|---|---|---|---|
Tempada | Local | Resultado | Visitante | Liga | Estadio |
1993/94 | Deportivo da Coruña | 5–0 | Aalborg | UEFA | Riazor |
Aston Villa | 0–1 | Deportivo da Coruña | UEFA | Villa Park | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Borussia Dortmund | UEFA | Riazor | |
1994/95 | Deportivo da Coruña | 4–1 | Rosenborg | UEFA | Riazor |
1995/96 | Deportivo da Coruña | 8–0 | APOEL | Recopa | Riazor |
1999/00 | Deportivo da Coruña | 4–2 | Panathinaikos | UEFA | Riazor |
Deportivo da Coruña | 2–1 | Arsenal | UEFA | Riazor | |
2000/01 | Deportivo da Coruña | 2–1 (2–1 min.93) |
Hamburgo | Liga de Campións | Riazor |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Panathinaikos | Liga de Campións | Riazor | |
Paris Saint-Germain | 1–3 | Deportivo da Coruña | Liga de Campións | Parc des Princes | |
Deportivo da Coruña | 2–0 | Galatasaray | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 4–3 (0–3 min.54) |
Paris Saint-Germain | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 2–0 | Leeds United | Liga de Campións | Riazor | |
2001/02 | Deportivo da Coruña | 2–1 (0–1 min.85) |
Manchester United | Liga de Campións | Riazor |
Manchester United | 2–3 | Deportivo da Coruña | Liga de Campións | Old Trafford | |
Deportivo da Coruña | 2–0 | Arsenal | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 2–0 | Juventus | Liga de Campións | Riazor | |
Arsenal | 0–2 | Deportivo da Coruña | Liga de Campións | Highbury | |
2002/03 | Bayern de Múnic | 2–3 | Deportivo da Coruña | Liga de Campións | Olympiastadion |
Deportivo da Coruña | 3–1 | Lens | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 2–1 | Bayern de Múnic | Liga de Campións | Riazor | |
AC Milan | 1–2 | Deportivo da Coruña | Liga de Campións | San Siro | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Basilea | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 2–0 | Manchester United | Liga de Campións | Riazor | |
2003/04 | Deportivo da Coruña | 2–0 | PSV Eindhoven | Liga de Campións | Riazor |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Mónaco | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 3–0 | AEK Atenas | Liga de Campións | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Juventus | Liga de Campións | Riazor | |
Juventus | 0–1 | Deportivo da Coruña | Liga de Campións | Stadio delle Alpi | |
Deportivo da Coruña | 4–0 (4–1 na ida) |
AC Milan | Liga de Campións | Riazor | |
2005 | Deportivo da Coruña | 2–1 | Newcastle United | Intertoto | Riazor |
Newcastle United | 1–2 | Deportivo da Coruña | Intertoto | St James' Park | |
Deportivo da Coruña | 2–0 | Olympique de Marsella | Intertoto | Riazor | |
2008/09 | Deportivo da Coruña | 2–0 (2–0 na ida) |
SK Brann | UEFA | Riazor |
Deportivo da Coruña | 3–0 | Feyenoord | UEFA | Riazor | |
Deportivo da Coruña | 1–0 | Nancy | UEFA | Riazor |
|
|
|
|
|
|
|
|
Máximos goleadores por tempada | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Xogador | P.Xogados | P.Titular | Minutos | Goles | Cos mesmos goles |
1928–29 | Hilario Marrero | 14 | 14 | 1.260 | 9 | |
1929–30 | Hilario Marrero | 20 | 20 | 1.785 | 13 | |
1930–31 | León | 16 | 16 | 1.440 | 10 | |
1931–32 | León | 20 | 20 | 1.800 | 17 | |
1932–33 | León | 23 | 23 | 2.050 | 26 | |
1933–34 | Diz | 21 | 21 | 1.890 | 11 | |
1934–35 | Chas | 18 | 18 | 1.620 | 9 | |
1935–36 | Juan Vázquez | 20 | 20 | 1.800 | 8 | |
1939–40 | Pintos | 23 | 23 | 2.070 | 15 | Guimeráns |
1940–41 | Elícegui | 26 | 26 | 2.370 | 31 | |
1941–42 | Caballero | 24 | 24 | 2.160 | 11 | |
1942–43 | Paquirri | 22 | 22 | 1.977 | 12 | |
1943–44 | Paquirri | 20 | 20 | 1.800 | 12 | |
1944–45 | Guimeráns | 28 | 28 | 2.520 | 8 | |
1945–46 | Mijares | 18 | 18 | 1.620 | 9 | |
1946–47 | Latorre | 9 | 9 | 810 | 7 | |
1947–48 | Paseiro | 25 | 25 | 2.280 | 21 | |
1948–49 | Franco | 25 | 25 | 2.250 | 14 | Marquínez |
1949–50 | Franco | 27 | 27 | 2.430 | 14 | |
1950–51 | Tino | 32 | 32 | 2.910 | 16 | |
1951–52 | Moll | 17 | 17 | 1.530 | 7 | Arsenio Oswaldo |
1952–53 | Oswaldo | 31 | 31 | 2.790 | 18 | |
1953–54 | Pahiño | 30 | 30 | 2.700 | 14 | |
1954–55 | Pahiño | 26 | 26 | 2.340 | 21 | |
1955–56 | Pahiño | 22 | 22 | 1.931 | 14 | |
1956–57 | Arsenio Iglesias | 24 | 24 | 2.135 | 8 | |
1957–58 | Amoedo | 18 | 18 | 1.620 | 15 | |
1958–59 | José Vigo | 35 | 35 | 3.150 | 18 | |
1959–60 | Amancio | 30 | 30 | 2.700 | 15 | |
1960–61 | Veloso | 28 | 28 | 2.520 | 29 | |
1961–62 | Amancio | 28 | 28 | 2.520 | 27 | |
1962–63 | Veloso | 30 | 30 | 2.685 | 13 | |
1963–64 | Veloso | 32 | 32 | 2.880 | 21 | |
1964–65 | Montalvo | 33 | 33 | 2.970 | 8 | |
1965–66 | Chapela | 32 | 32 | 2.880 | 23 | |
1966–67 | Pellicer | 21 | 21 | 1.890 | 10 | |
1967–68 | Beci | 32 | 32 | 2.880 | 11 | |
1968–69 | Beci | 31 | 31 | 2.766 | 15 | |
1969–70 | Chapela II | 20 | 15 | 1.429 | 5 | Beci |
1970–71 | Loureda | 37 | 37 | 3.249 | 10 | |
1971–72 | Beci | 27 | 22 | 2.134 | 5 | |
1972–73 | Rubiñán | 40 | 36 | 3.324 | 4 | Plaza |
1973–74 | Muñoz | 28 | 27 | 2.327 | 5 | Seijas |
1975–76 | Piris | 37 | 37 | 3.330 | 10 | |
1976–77 | Piris | 37 | 36 | 3.219 | 7 | |
1977–78 | Castro | 34 | 33 | 2.979 | 24 | |
1978–79 | Castro | 37 | 37 | 2.984 | 11 | |
1979–80 | Castro | 39 | 37 | 3.369 | 17 | |
1980–81 | Traba | 33 | 29 | 2.730 | 17 | |
1981–82 | Traba | 41 | 37 | 3.477 | 18 | |
1982–83 | José Luis Vara | 44 | 42 | 3.637 | 23 | |
1983–84 | Traba | 47 | 46 | 4.155 | 13 | |
1984–85 | José Luis Vara | 41 | 39 | 3.386 | 16 | |
1985–86 | Vicente | 42 | 40 | 3.522 | 11 | |
1986–87 | Vicente | 44 | 44 | 3.864 | 22 | |
1987–88 | Donowa | 32 | 24 | 2.242 | 9 | |
1988–89 | Raudnei | 42 | 42 | 3.748 | 17 | |
1989–90 | José Gil | 35 | 34 | 3.032 | 8 | |
1990–91 | Uralde | 39 | 30 | 2.740 | 17 | |
1991–92 | Claudio | 45 | 44 | 3.717 | 12 | |
1992–93 | Bebeto | 38 | 37 | 3.186 | 29 | |
1993–94 | Bebeto | 39 | 39 | 3.390 | 19 | |
1994–95 | Bebeto | 34 | 33 | 2.946 | 22 | |
1995–96 | Bebeto | 43 | 43 | 3.657 | 32 | |
1996–97 | Rivaldo | 46 | 46 | 3.999 | 22 | |
1997–98 | Djalminha | 31 | 31 | 2.661 | 10 | |
1998–99 | Turu Flores | 44 | 36 | 3.218 | 17 | |
1999–00 | Makaay | 46 | 42 | 3.503 | 26 | |
2000–01 | Diego Tristán | 43 | 30 | 2.561 | 23 | |
2001–02 | Diego Tristán | 52 | 40 | 3.437 | 32 | |
2002–03 | Makaay | 56 | 53 | 4.576 | 39 | |
2003–04 | Pandiani | 44 | 25 | 2.556 | 19 | |
2004–05 | Luque | 45 | 32 | 2.890 | 11 | Diego Tristán |
2005–06 | Diego Tristán | 44 | 32 | 2.717 | 12 | |
2006–07 | Arizmendi | 36 | 35 | 2.921 | 5 | |
2007–08 | Xisco | 25 | 23 | 1.627 | 9 | |
2008–09 | Lafita | 43 | 32 | 3.001 | 9 | |
2009–10 | Riki | 28 | 19 | 1.532 | 8 | |
2010–11 | Adrián | 40 | 31 | 2.848 | 11 | |
2011–12 | Lassad | 36 | 24 | 2.175 | 18 | |
2012–13 | Riki | 36 | 36 | 2.700 | 13 | |
2013–14 | Borja Bastón | 34 | 21 | 1.931 | 10 | |
2014–15 | Lucas Pérez | 21 | 20 | 1.552 | 6 | |
2015–16 | Lucas Pérez | 37 | 35 | 3.168 | 17 | |
2016–17 | Florin Andone | 37 | 32 | 3.036 | 12 | |
2017–18 | Lucas Pérez | 37 | 33 | 2.957 | 9 | Adrián |
2018–19 | Quique González | 39 | 35 | 3.077 | 17 | |
2019–20 | Aketxe | 41 | 35 | 3.170 | 7 | |
2020–21 | Miku | 17 | 10 | 934 | 7 |
Xogador | Tempadas | Partidos |
---|---|---|
Fran | 14 (1991–2005) | 435 |
Mauro Silva | 13 (1992-2005) | 369 |
Manuel Pablo | 15 (1998- ) | 341 |
Donato | 10 (1993-2003) | 303 |
Sergio | 9 (2001-2010 ) | 294 |
Valerón | 13 (2000-2013) | 289 |
Acuña | 13 (1941-1954) | 231 |
Romero | 8 (1998-2006) | 218 |
Đukić | 6 (1991-1997) | 212 |
Naybet | 8 (1996-2004) | 211 |
Mundial | Xogador | Partidos | Goles |
---|---|---|---|
Italia 1934 | Chacho | 1 | 0 |
Brasil 1950 | Xoán Acuña | 0 | 0 |
EEUU 1994 | Voro | 1 | 0 |
Mauro Silva | 7 | 0 | |
Bebeto | 7 | 3 | |
Francia 1998 | Noureddine Naybet | 3 | 0 |
Mustapha Hadji | 3 | 1 | |
Salaheddine Bassir | 3 | 2 | |
Jacques Songo'o | 4 | 0 | |
Peter Rufai | 3 | 0 | |
Corea/Xapón 2002 | Juan Carlos Valerón | 4 | 1 |
Diego Tristán | 2 | 0 | |
Enrique Romero | 3 | 0 | |
Sergio González Soriano | 1 | 0 | |
Alemaña 2006 | Lionel Scaloni | 1 | 0 |
Fabricio Coloccini | 2 | 0 | |
Roberto Acuña | 3 | 0 | |
Suráfrica 2010 | Andrés Guardado | 3 | 0 |
Rusia 2018 | Fabian Schär | 3 | 0 |
Michael Krohn-Dehli | 1 | 0 | |
Celso Borges | 3 | 0 | |
Francis Uzoho | 3 | 0 | |
Ismael Díaz | 1 | 0 |
Tempada | Xogador | Goles | Partidos |
---|---|---|---|
1992–93 | Bebeto | 29 | 37 |
2001–02 | Diego Tristán | 21 | 34 |
2002–03 | Roy Makaay | 29 | 38 |
Tempada | Xogador | Partidos | Goles | Media | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1941–42 | Juan Acuña | 26 | 37 | 1.42 | |
1942–43 | Juan Acuña | 25 | 31 | 1.24 | |
1949–50 | Juan Acuña | 22 | 29 | 1.31 | |
1950–51 | Juan Acuña | 26 | 36 | 1.38 | |
1992–93 | Francisco Liaño | 37 | 31 | 0.83 | Igualado con Santiago Cañizares |
1993–94 | Francisco Liaño | 38 | 18 | 0.47 | Media histórica máis baixa |
1996–97 | Jacques Songo'o | 37 | 28 | 0.76 |
Tempada | Xogador | Goles | Partidos |
---|---|---|---|
2002–03 | Roy Makaay | 29 | 38 |
Cargo | Técnico(s) |
---|---|
Adestradores |
|
Preparadores físicos |
|
Adestrador de porteiros | Alberto Casal |
Delegado | Pablo Barros |
Analista | Juan Ignacio Subirán |
Fisioterapeutas |
|
Readaptador | Fran Molano |
Nutricionista | Saúl Sánchez |
Servizos médicos |
|
Encargado do material | Jesús Méndez |
Dende a creación da liga teñen pasado polo banquiño branquiazul 77 adestradores, entre os que salientan nomes como Arsenio Iglesias, nado en Arteixo (coñecido como "O raposo de Arteixo") e que fora xogador do equipo, co que o Deportivo subiu a Primeira División e gañou a súa primeira Copa do Rei, ou Javier Irureta, adestrador que gañou a única Liga da historia branquiazul, a famosa e recordada Copa do Rei do "Centenariazo" (fronte o Real Madrid, na súa casa, o día que este club cumpría cen anos) e co que conseguiu cinco participacións consecutivas na Liga de Campións.
Dende 2024 o adestrador é Óscar Gilsanz.
Adestrador | Tempadas | Partidos |
---|---|---|
Javier Irureta | 7 (1998–2005) | 266 |
Arsenio Iglesias | 6 (1971-73, 1991-1995) | 190 |
Miguel Ángel Lotina | 4 (2007-2011) | 152 |
Joaquín Caparrós | 2 (2005-2007) | 76 |
John B. Toshack | 2 (1995-1997) | 65 |
Cheché Martín | 2 (1968-1970) | 60 |
Ramón de la Fuente | 2 (1943-1945) | 52 |
Víctor | 2 (2014-2016) | 46 |
Celso Mariño | 2 (1941-1942, 1942-43) | 43 |
Chacho | 2 (1942-1943, 1951-52) | 39 |
O Deportivo tivo 48 presidentes ao longo dos seus 118 anos de historia. O primeiro foi Luís Cornide Quiroga e desde outubro de 2024 éo Juan Carlos Escotet.
O 24 de decembro de 2013, Lendoiro anunciou que non se presentaría á reelección como presidente. Tras o anuncio desta decisión, Augusto César Lendoiro, poñía fin a vinte e cinco anos de mandato ininterrompidos,[146] o máis longo da historia do fútbol español. Sucedeuno Constantino Fernández Pico, que accedeu ao cargo o 21 de xaneiro de 2014, tras obter unha maioría absoluta co 72,09% dos votos dos accionistas, impóndose así a Manuel López Cascallar.[147] Ocupou o cargo pouco máis de 5 anos, ata a súa dimisión, que anunciou en abril de 2019 tras os malos resultados dese ano na Segunda División.[148] Paco Zas, foi elixido polos accionistas como novo presidente do club o 28 de maio de 2019.[149]
O 9 de decembro de 2019 o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva.[150] A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación e se atopaba a 8 puntos da salvación (1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas).[151]
O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia (que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro), en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidiu o club, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros.[152] O 14 de xaneiro de 2020 Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura.[153][154] Tras a súa dimisión substituíuno no cargo Álvaro García Diéguez, de Abanca Seguros.
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Juan Carlos Escotet |
Conselleiros | Michelle Clemente Escotet |
Carlos Ballesta | |
Vicente Fernández Rodríguez | |
Massimo Benassi | |
Marta Fernández Currás | |
Benito Couceiro |
O Deportivo da Coruña logrou proclamarse campión das tres principais competicións organizadas pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF): a Liga de Primeira División, a Copa do Rei e a Supercopa de España; ás que hai que engadir outras competicións oficiais a nivel galego e estatal. A nivel internacional, o seu maior éxito foi acadar as semifinais da Recopa de Europa na tempada 1995-96 e as semifinais da Liga de Campións na tempada 2003-04.
Torneo estatal | Títulos | Subcampionatos | |
---|---|---|---|
Primeira División | 1 | 1999/00. | 1949/50, 1993/94, 1994/95, 2000/01, 2001/02. (5) |
Copa do Rei | 2 | 1994/95, 2001/02. | |
Supercopa de España | 3 | 1995, 2000, 2002. | |
Concurso España | 1 | 1912.[12][159] | |
Segunda División | 5 | 1961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68, 2011/12. | 1939/40, 1945/46, 1947/48, 1990/91, 2013/14. (5) |
Primeira Federación | 1 | 2023/24. | |
Terceira División | 1 | 1974/75. |
Durante a tempada 2024/25 o Deportivo acadou a cifra de 29.433 socios, sendo o equipo da Segunda División con máis abonados.
Peñas (outubro de 2020)[6] | |
---|---|
País | Número de peñas |
Galicia | 175 |
España | 17 |
Estados Unidos | 1 |
Reino Unido | 1 |
Arxentina | 1 |
Panamá | 1 |
O Deportivo ten numerosas agrupacións tanto na cidade da Coruña, como en Galicia, no Estado español e tamén no estranxeiro, sendo o equipo galego con máis socios, agrupacións e representantes en todo o mundo. En 2003 tiña un total de 287 agrupacións: 244 en Galicia (211 na provincia da Coruña), 18 no resto de España, 15 no resto de Europa, 9 en América e 1 en Australia.[167] O número foi aumentando notablemente desde 1952 cando se fundou a primeira delas. Sobre todo cabe destacar o aumento a finais do século XX, xa que en 1988 había 7 grupos, en 1995 xa eran 118, e no ano 2000 superáronse as 200 ata chegar ás 287 de 2003. Segundo datos da web do club, a cifra de agrupacións en outubro de 2020 é de 196.[6]
O conxunto de agrupacións están organizadas, desde 1998, na Federación de Peñas do Deportivo que adoita organizar unha feira anual adicada a actos relacionados co club.
A agrupación máis importante por presenza nas bancadas (bandeiras, cántigas, murais etc.) e número de socios é a dos Riazor Blues.
É a agrupación máis animada do Estadio de Riazor e coas súas cancións, bandeiras e demais actos consegue tirar sempre do resto da bancada en tódolos partidos. O grupo formouse en 1987 e, a pesar de ser incluído como grupo ultra polo Ministerio do Interior de España,[168] caracterízase polo seu comportamento habitualmente pacífico e por unha ideoloxía esquerdista, fundamentalmente antifascista. Se ben hai anos foron un dos grupos de afeccionados máis numeroso de España, con máis de 2.000 integrantes, en 2014 a cifra reducírase a 500,[169] aínda que segundo a policía o número é menor, con 250 integrantes.[170]
O filial do Deportivo é o Fabril. Foi fundado en 1914 co nome Fabril Foot-ball Club, sendo orixinariamente un club independente, mantendo dende 1948 un convenio de asociación co Real Club Deportivo. En 1963, converteuse no filial, adoptando o nome Fabril Deportivo, e tamén nese mesmo ano, fusionouse co Deportivo Xuvenil –club que tamén tivera un convenio de asociación co Real Club Deportivo ata ese momento–. En 1993 pasa a ser Deportivo da Coruña B. O 10 de xullo de 2017 o equipo recupera o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[171]
Xoga no Grupo 1º da Terceira División. Xogou 11 tempadas en Segunda B, onde acadou o segundo posto do seu grupo como mellor posición na tempada 2017/18 e se clasificou en catro ocasións para xogar a promoción de ascenso a Segunda Divisón. Ocupa o 21º posto na Clasificación histórica de filiais.
O Deportivo conta con dous equipos xuvenís, dous cadetes, dous infantís, tres alevíns e dous benxamíns.[172] O Xuvenil A foi campión en dúas ocasións da Copa de Campións Xuvenil (1995–96[173] e 2020–21[174]) e en cinco ocasións da División de Honra Xuvenil (1995–96,[175] 2007–08,[176] 2009–10[177], 2020-21[178] e 2023/24). O Xuvenil B gañou en dez ocasións a Liga Nacional Xuvenil (1997–98,[179] 2006–07,[180] 2007–08,[181] 2008–09,[182] 2009–10,[183] 2012–13,[184] 2015–16,[185] 2020–21,[186] 2022–23 e 2023–24).
O Deportivo contou durante a década de 1980 cunha sección de fútbol feminino, o Karbo Deportivo, que foi referencia do fútbol feminino en España, gañando a Copa da Raíña de forma consecutiva en 1983, 1984 e 1985[187].
En 2016 o club recuperou a sección de fútbol feminino,[188][189][190][191] a cal leva como nome oficial Real Club Deportivo ABANCA[192][193][194] por razóns de patrocinio.[195] Xoga na Primeira División despois de ascender en 2024. A sección conta ademais cun filial en Primeira Nacional.
Entre 1942 e 1992, o Deportivo contou con diversas seccións dedicadas a outros deportes.[196] Entre elas, as de atletismo (con máis de 125 trofeos), hóckey a patíns (con máis de 60 trofeos), xadrez (con arredor de 25 trofeos), ciclismo (no que militou Delio Rodríguez, e que quedou en segunda posición por equipos na Vuelta a España 1942[197]), traíñas ou baloncesto.[198][199][200]
A Asociación de Veteranos do Deportivo, que foi fundada en 1995 e dende 2014 mantén un convenio co club,[201] participou en competicións de fútbol indoor cun equipo formado por grandes xogadores que pasaron polo Deportivo, como Fran, Djalminha, Naybet, Songo'o ou Manjarín, gañando dúas ligas, en 2007/08[202] e 2009/10,[203] e dúas copas de España, en 2008[204] e 2010.[205] Nese intervalo de tres anos o equipo só perdeu nunha ocasión contra o FC Barcelona.[203]
Os primeiros enfrontamentos entre o Deportivo e o Celta de Vigo datan de 1923, no Campionato Galego, unha vez que nese ano o Real Club Fortuna e o Real Vigo Sporting Club, equipos contra os que xa se enfrontara o Deportivo, se fusionaron formando o Celta. Un dos detonantes da inimizade entre os dous equipos adoita buscarse no propio momento do nacemento do equipo celeste, cando Luis Otero Sánchez fichou polo Deportivo xunto con Chiarroni, González e Isidro, feito que motivou as protestas do Celta ante a Federación Galega e que provocou a sanción dos xogadores ata 1924.[206]
O primeiro derbi galego da historia celebrouse na tempada 1924/25 e rematou en vitoria do Deportivo por 3 goles a 0, cun tanto de Leonardo e dous de Pereiro, resultado que se repetiu no partido de volta.[206] Con todo, o primeiro enfrontamento dos dous equipos en Primeira disputouse o 19 de outubro de 1941 (4ª xornada de Liga) en Vigo, gañando os locais por 2 goles a 1. O equipo herculino vingaría esta derrota na segunda volta do campionato, derrotando os vigueses por 4 goles a 0 no estadio de Riazor.[207]
Na 16ª xornada da tempada 1999/00, coruñeses e vigueses enfrontáronse en Riazor encabezando a clasificación da Liga.[208] O Deportivo conseguiu levar o partido por 1 gol a 0, anotando o único gol do encontro Turu Flores, e deixando un resultado que afastaba os coruñeses a 8 puntos do segundo clasificado, o Celta.
Na tempada 2011/12 ambos os equipos enfrontáronse na Segunda División tras 20 anos sen facelo na categoría de prata. O Deportivo gañou entón os dous partidos (2-1 en Riazor, con goles de Jonathan Vila en propia porta e Lassad cun potente disparo dende fóra da área a escasos minutos do final, e 2-3 en Balaídos, con goles de Riki no minuto 2, Lassad e Borja Fernández no último minuto do encontro. Logo deste encontro, os coruñeses asinaron numerosos récords dentro da categoría: con 91 puntos conseguiron o récord de puntos da historia da segunda división, e con 29 vitorias o récord de vitorias da categoría, amais de 9 vitorias consecutivas, feito que tamén pasou á historia como a maior xeira de vitorias consecutivas da historia da categoría.
Categoría | Partidos | Vitorias (DEP) | Empates | Vitorias (CEL) |
---|---|---|---|---|
Primeira | 66 | 25 | 18 | 23 |
Copa | 6 | 2 | 3 | 1 |
Segunda | 14 | 7 | 2 | 5 |
Segunda B | 2 | 0 | 1 | 1 |
Total | 88 | 34 | 24 | 30 |
Datos a 3 de abril de 2015 |
Se ben os encontros entre ambos equipos caracterizáronse por unha gran tensión no campo e nas bancadas, téndose rexistrado enfrontamentos entre as dúas afeccións, as directivas dos dous clubs teñen realizado un esforzo por reducir esta tensión e crear un mellor ambiente. Estes esforzos plasmáronse na imaxe das dúas afeccións cantando xuntas o himno galego no estadio de Riazor o 21 de novembro de 2015 no partido que ambos os equipos disputaron na primeira volta da primeira división.[209]
En total os dous equipos disputaron 88 partidos oficiais 82 en Liga (Primeira e Segunda División e Segunda División B) e 6 en Copa cun rexistro lixeiramente favorable para os deportivistas, tanto en vitorias como en goles.[207][d]
Ademais de co Celta de Vigo, o Deportivo mantivo durante décadas unha dura rivalidade co Racing de Ferrol, ao que se enfrontou en 199 ocasións ao longo de máis dun século de historia.[210] Os partidos entre ambos, especialmente entre as décadas de 1930 e 1960, movilizaban a milleiros de seareiros que cruzaban a ría ata a cidade veciña para presenciar o "derbi das rías", acrecentando a histórica rivalidade entre as dúas urbes.[211]
O primeiro encontro entre o Deportivo e o Racing de Ferrol deuse no vello Campo de Riazor o 2 de novembro de 1919, só 28 días despois da fundación do club ferrolán, e rematou cunha goleada coruñesa por 6-1.[212] A pesar de que para o segundo enfrontamento houbese que esperar ata 1921, durante os seguintes nove anos ambos clubs vŕionse as caras ata en 46 ocasións, establecendo un derbi provicinal que foi aumentando de intensidade co paso dos anos.[212] Xogaron tanto partidos amistosos como oficiais, estes últimos dentro do Campionato de Galicia que ambos conquistaron en varias ocasións. A competitividade entre ambos estendeuse ao eido das fichaxes, vivíndose episodios como o do internacional e medallista olímpico Joaquín Vázquez, que recibiu unha malleira por parte de afeccionados racinguistas por ter deixado Ferrol para asinar polo Deportivo, ou a polémica orixinada pola fichaxe tamén polo club coruñés do emblema do Racing Manuel Rivera.[213]
En 1934 disputaron o primeiro derbi na Segunda División e en 1939 chegaron a enfrontarse ata 12 veces no mesmo ano.[214] A rivalidade mantívose forte durante as seguintes décadas, ata que as diferentes traxectorias dos dous equipos a partir de 1980, así como a escaseza de partidos amigables, reduciu o número e a intensidade dos enfrontamentos.[215] Con todo, os descensos vividos polo club coruñés a finais da década de 2010 e comezos da de 2020, provocou que os derbis contra o Racing se fixesen máis habituais e reavivou ata certo punto unha rivalidae que levaba anos máis apagada.[216]
Aínda que o primeiro partido entre o Deportivo e o Real Madrid se disputou en 1932,[217] foi durante a época dourada do club coruñés cando este mantivo unha intensa rivalidade co equipo branco. Na tempada 1992/93 o Deportivo comezou unha xeira de 18 anos consecutivos sen perder fronte ao equipo branco no estadio de Riazor, nun partido que estaba de cara aos madridistas (0-2) e que acabarían levando os branquiazuis por 3 goles a 2 cun dobrete de Bebeto e un gol en propia porta de Ricardo Rocha. Pouco despois, na tempada seguinte, chegou a primeira humillación dos brancos en Riazor, onde perderon 4-0. Con todo, na tempada 1994/95, un gol de Zamorano a cinco minutos para a conclusión do partido dáballe a vitoria (2-1) e o título de Liga ao Real Madrid e deixaba os branquiazuis unha vez máis ás portas do título a falta de dúas xornadas,[218] aínda así, o equipo herculino levaríase pouco despois a Supercopa de España fronte ao equipo branco logo de gañar 3-0 en Riazor e 2-1 no Santiago Bernabéu.[219] O momento de maior rivalidade entre os dous equipos chegou na tempada 2001-02, cando ambos se enfrontaron na final da Copa do Rei no Santiago Bernabéu, levándose os coruñeses a vitoria no día no que a entidade branca cumpría 100 anos, feito que se coñeceu como "Centenariazo". A xeira de imbatibilidade do Deportivo en Riazor finalizaba na tempada 2009-10 coa derrota (1-3),[218] dende aquela o equipo coruñés non foi quen de derrotar o Real Madrid en ningunha ocasión, colleitando varias derrotas avultadas tanto en Riazor como no Santiago Bernabéu, e conseguindo tan só un empate sen goles na tempada 2010-11.[217]
En total os dous equipos disputaron 99 partidos cun rexistro claramente favorable para os madridistas, tanto en vitorias como en goles:[217][d]
Categoría | Partidos | Vitorias (DEP) | Empates | Vitorias (RMD) |
---|---|---|---|---|
Liga | 88 | 18 | 19 | 51 |
Copa | 9 | 4 | 2 | 3 |
Supercopa | 2 | 2 | 0 | 0 |
Total | 99 | 24 | 21 | 54 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.