Remove ads
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Domínguez Lamas, nado en Pontedeume o 8 de xaneiro de 1990, é un exfutbolista galego. Xogaba de mediocentro e destacou principalmente no Deportivo da Coruña, club no que se formou como futbolista antes de subir ao primeiro equipo, no que militou durante sete tempadas. Xogou un total de 171 partidos oficiais co Deportivo, nos que marcou 12 goles, sendo un xogador clave en dous ascensos á Primeira División.[1] Militou tamén no Mallorca e no Reus, ambos na Segunda División, e pasou ademais polas ligas de Austria e Grecia.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1990 (34 anos) Pontedeume, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 13 de decembro de 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Mediocentro organizador | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Fillo do histórico futbolista do Endesa As Pontes, Juanma Domínguez Bollo,[2] tivo o seu primeiro contacto co fútbol aos seis anos no equipo de fútbol sala de Narón O Freixo. En 1999 pasou a formar parte do Narón Balompé Piñeiros, participando en competicións de fútbol sala e fútbol-7. Foi convocado para formar parte da selección benxamín galega de fútbol sala na que coincidiu entre outros co futuro internacional Thiago Alcántara, e coa que se proclamou campión de España.[3] No 2001 pasou a xogar nos equipos de fútbol-11 do Narón Balompé ata que no 2004 fichou polo Deportivo da Coruña á idade de 14 anos.[3]
Continuou a súa formación nas categorías inferiores do Deportivo, xogando na posición de mediocentro. Iniciou a súa andaina no Deportivo na categoría cadete, pasando logo ao equipo xuvenil. Nesta etapa foi convocado coa selección galega sub-15 e a selección española sub-16. Na tempada 2006/07 foi chamado por Joaquín Caparrós para facer a pretempada co primeiro equipo, e na tempada 2007/08 proclamouse cos xuvenís campión da División de Honra.
Debutou co Fabril en xaneiro de 2008, nun partido da Segunda División B contra o San Sebastián de los Reyes, e permaneceu no filial ata a campaña 2009/10. Na última tempada no Fabril xa foi convocado por Miguel Ángel Lotina co primeiro equipo.
O seu debut en Primeira produciuse o 13 de decembro de 2009 no Estadio de los Juegos Mediterráneos de Almería, nun partido contra o Almería (1-1) no que xogou de titular.[4] Acabou disputando 15 partidos esa tempada, 10 deles como titular e asinou o seu primeiro contrato profesional o 16 de abril de 2010.[5]
Foi xogador do primeiro equipo durante as seguintes seis tempadas, vivindo dous descensos a Segunda e outros dous ascensos a Primeira. Na tempada 2011/12 formou unha destacada parella de mediocampistas xunto a Álex Bergantiños e foi unha peza clave na histórica campaña do equipo coruñés, que se proclamou campión de Segunda con récord de puntos.[1]
Acumulou un total de 171 partidos, nos que marcou 12 goles, sendo a súa tempada máis completa a 2013/14, na que volveu ascender a Primeira sendo indiscutible no eixo do equipo de Fernando Vázquez, con 39 partidos de liga, todos como titular.[6] Coa chegada ao banco de Víctor Sánchez, a súa participación no equipo caeu ata o punto de disputar só 9 partidos entre liga e Copa na tempada 2015/16.[6]
A finais de xuño de 2016 anunciouse que para a tempada 2016/17 xogaría cedido no Mallorca, equipo de Segunda adestrado por Fernando Vázquez.[7] Vestiu a camiseta do club en 31 partidos, todos como titular, pero despois de que pasasen tres técnicos polo banco, o equipo acabou descendendo a Segunda B.[8]
Tralo descenso do club balear regresou á Coruña e o 22 de agosto de 2017 anunciou en rolda de prensa a súa rescisión de contrato co Deportivo, logo de 13 anos como xogador nas distintas categorías da entidade.[9] Un día despois anunciouse a súa fichaxe polo CF Reus de Segunda División, cun contrato por tres temporadas.[10] Disputou 53 encontros durante unha tempada e media, ata que en xaneiro de 2019, o club foi expulsado das competicións despois de meses sen pagar os salarios dos xogadores.[11][12]
A continuación puxo rumbo a Austria, onde asinou como novo xogador do Sturm Graz, da Bundesliga austríaca.[13] Debutou o 10 de marzo, nun partido ante o Red Bull Salzburgo no que entrou nos minutos finais como substituto do esloveno Sandi Lovrić.[14] Fíxose pouco despois coa titularidade, sendo un habitual no once inicial durante a seguinte tempada e media. Deixou o club ao remate da campaña 2019/20, despois de 46 partidos oficiais e 6 goles.
En agosto de 2020 mudouse a Grecia, onde fichou polo PAS Giannina, que viña de ascender á Superliga.[15] Tras comezar como suplente nos primeiros partidos, pasou a ser titular indiscutible durante as seguintes dúas tempadas, nas que acabou noveno e sexto na liga respectivamente, ademais de acadar unhas semifinais da Copa de Grecia.[16]
En 2022 cambiou Epiro polo Peloponeso, fichando polo Asteras Tripolis, tamén da máxima categoría grega. Disputou 10 partidos co equipo, ata que en abril de 2023 rescindiu o seu contrato co club e decidiu colgar as botas e regresar a Galicia.[17]
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).
Club | Tempada | División | Liga | Copa | Europa League | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
Fabril | 2006/07 | Terceira | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
2007/08 | Segunda B | 4 | 0 | - | - | - | - | 4 | 0 | |
2008/09 | Segunda B | 18 | 1 | - | - | - | - | 18 | 1 | |
2009/10 | Terceira | 12 | 3 | - | - | - | - | 12 | 3 | |
Total club | 35 | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 35 | 4 | ||
Deportivo da Coruña | 2009/10 | Primeira | 13 | 0 | 2 | 0 | - | - | 15 | 0 |
2010/11 | Primeira | 20 | 0 | 1 | 0 | - | - | 21 | 0 | |
2011/12 | Segunda | 35 | 4 | 2 | 1 | - | - | 37 | 5 | |
2012/13 | Primeira | 24 | 1 | 2 | 0 | - | - | 26 | 1 | |
2013/14 | Segunda | 39 | 4 | 0 | 0 | - | - | 39 | 4 | |
2014/15 | Primeira | 22 | 1 | 2 | 0 | - | - | 24 | 1 | |
2015/16 | Primeira | 5 | 0 | 4 | 1 | - | - | 9 | 1 | |
Total club | 158 | 10 | 13 | 2 | 0 | 0 | 171 | 12 | ||
Mallorca | 2016/17 | Segunda | 30 | 1 | 1 | 0 | - | - | 31 | 1 |
Reus | 2017/18 | Segunda | 32 | 2 | 1 | 0 | - | - | 33 | 2 |
2018/19 | Segunda | 18 | 1 | 2 | 1 | - | - | 20 | 2 | |
Total club | 50 | 3 | 3 | 1 | 0 | 0 | 53 | 4 | ||
Sturm Graz | 2018/19 | Bundesliga | 12 | 0 | 0 | 0 | - | - | 12 | 0 |
2019/20 | Bundesliga | 28 | 4 | 4 | 2 | 2 | 0 | 34 | 6 | |
Total club | 40 | 4 | 4 | 2 | 2 | 0 | 46 | 6 | ||
PAS Giannina | 2020/21 | Superliga | 26 | 0 | 4 | 0 | - | - | 30 | 0 |
2021/22 | Superliga | 29 | 1 | 0 | 0 | - | - | 29 | 0 | |
Total club | 55 | 1 | 4 | 0 | 0 | 0 | 59 | 1 | ||
Asteras Tripolis | 2022/23 | Superliga | 9 | 0 | 1 | 0 | - | - | 10 | 0 |
Total carreira | 377 | 23 | 26 | 5 | 2 | 0 | 405 | 28 |
Deportivo xuvenil
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.