Club Deportivo As Pontes
equipo de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Deportivo As Pontes é un equipo de fútbol galego da localidade das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1960 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
As Pontes | ||
---|---|---|
Nome | Club Deportivo As Pontes | |
Fundación | 1960 | |
Estadio | O Poboado, As Pontes, Galicia | |
Capacidade | 2000 | |
Adestrador | Iván Rodríguez | |
Liga | Preferente – Grupo Norte | |
2017–18 | 3º | |
Patrocinador | Endesa | |
Na rede | ||
http://www.cdaspontes.es | ||
| ||
Historia
Foi fundado en 1960 baixo o nome de Club de Fútbol Calvo Sotelo, estando patrocinado pola empresa mineira Calvo Sotelo. En 1969 pasou a chamarse Club Deportivo As Pontes, ata que en 1984 mudou o seu nome a Endesa As Pontes Club de Fútbol, tendo coma patrocinador á empresa Endesa. Finalmente no 2001 retomou ao nome de Club Deportivo As Pontes que mantén actualmente.
A máxima posición ligueira acadada polo equipo foi a cuarta posición na Segunda división B española na tempada 91/92.
Estadio
O equipo disputa os seus partidos coma local no estadio do Poboado, que ten unha capacidade aproximada de 2000 espectadores.
Datos do club
Historial na liga
|
|
|
|
Palmarés
- Terceira División (2): 1986–87, 1994–95
- Copa Deputación da Coruña (1): 1996
- Copa Galicia (1): 1967/68
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial do clubArquivado 10 de abril de 2021 en Wayback Machine.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.