futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Albert Luque Martos, nado o 11 de marzo de 1978 en Terrasa, é un futbolista español, que xogaba de dianteiro. Destacou especialmente no Mallorca e no Deportivo da Coruña e pasou tamén polo Málaga, o Newcastle e o Ajax. Disputou 248 partidos na Primeira División española, nos que anotou 61 goles.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1978 (46 anos) Terrasa, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Director deportivo Real Federación Española de Fútbol | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xaneiro de 2023 – maio de 2024 – José Francisco Molina → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrado por | Real Federación Española de Fútbol (2023–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Foi 17 veces internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 2002 e a Eurocopa de 2004. Conseguiu ademais unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2000.
Nacido no barrio de Can Parellada, no municipio barcelonés de Terrasa, comezou a xogar ao fútbol no club do seu barrio, o CD Can Parellada.[1] Aos 13 anos ingresou na canteira do FC Barcelona, club do que era afeccionado, e foi subindo polas diferentes categorías inferiores ata debutar co Barcelona C na tempada 1996/97.
En 1997 asinou polo Mallorca B, da Segunda División B. Na súa primeira campaña no filial foi o máximo goleador do equipo, contribuíndo ao ascenso á Segunda División por primeira e única vez na historia do conxunto balear. Na seguinte tempada formou unha prolífica dianteira con Diego Tristán, marcando 15 goles cada un, números que, con todo, foron insuficientes para evitar o descenso do equipo á categoría de bronce.[2]
Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Mallorca da man de Héctor Cúper, nos cuartos de final da Recopa de Europa ante o NK Varteks, partido no que saltou ao terreo de xogo na segunda metade, como substituto do arxentino Leonardo Biagini.[3] Dúas semanas despois xogou o seu primeiro partido na Primeira División, contra o Villarreal no Madrigal, e esa tempada sumou outros catro partidos máis co conxunto principal do Mallorca, que contaba con destacados dianteiros como Dani ou Paunović, acadando unha a terceira praza da liga, o mellor resultado da historia do club.
Ante a competencia na dianteira balear, para a tempada 1999/20 saíu cedido ao Málaga, tamén da máxima categoría. Con todo, no equipo de Joaquín Peiró atopou tamén unha dura competencia co dianteiros como Catanha, Edgar ou Darío Silva, polo que non contou con demasiados minutos (26 partidos e só 8 titularidades), a pesar do cal anotou catro goles.[4]
A continuación, e trala disputa dos Xogos Olímpicos de 2000, volveu ao Mallorca, onde axiña se converteu nun titular indiscutible para o adestrador Luis Aragonés xunto aos dianteiros africanos Finidi e Eto'o. Sumou un total de 10 goles, algúns deles de especial importancia, como o que valeu a vitoria contra o Real Madrid en Son Moix (1-0), e contribuíu a repetir o histórico terceiro posto de dúas campañas atrás.[5]
Na tempada 2001/02 disputou 47 partidos co Mallorca e debutou na Liga de Campións, despois de que un gol seu na prórroga contra o Hajduk Split clasificase o club balear por primeira vez para a máxima competición europea.[6] Foi o máximo goleador do equipo, cun total de 15 dianas, pero pesar das súas boas cifras, o equipo non conseguiu a salvación ata a derradeira xornada contra o Valladolid, no que Luque marcou o gol da vitoria (2-1).[7]
No verán de 2002 foi traspasado ao Deportivo da Coruña por uns 12 millóns de euros, reencontrándose no ataque con Tristán.[8] Na súa primeira campaña disputou un total de 49 partidos, aínda que na maior parte deles xogou saíndo dende o banco de suplentes, ao ter a competencia de Roy Makaay e o propio Tristán.[8] Con todo, anotou 11 goles, destacando entre eles os que logrou contra o Barcelona ou contra o Celta de Vigo nun derbi, e especialmente o tanto de chilena ante Contreras que significou a vitoria fronte ao Málaga en Riazor (1-0).[9]
Aínda que anteriormente xogaba de dianteiro, os problemas físicos do capitán Fran fixeron que o adestrador Javier Irureta probase a Luque como extremo na banda esquerda, onde acabou por acomodarse.[8] Nas seguintes dúas campañas fíxose coa titularidade e conseguiu boas cifras goleadoras en liga. Ademais tivo destacadas actuacións na Liga de Campións, participando en históricas vitorias fronte a Bayern de Múnic, Juventus ou Manchester United. En febreiro de 2004 un solitario gol seu ante Buffon deulle ao Deportivo a vitoria sobre a Juventus por 1-0.[10] O 7 de abril do mesmo ano pasou definitivamente á historia do Deportivo da Coruña e da Champions co seu partido contra o Milan na volta dos cuartos de final en Riazor. No minuto 34 meteu un centro á área que Valerón rematou a gol e dez minutos despois foi o autor do terceiro dos catro goles cos que o club galego culminou unha histórica remontada e eliminou ao vixente campión despois de perder por 4-1 en San Siro.[11] Foi titular xunto a Pandiani na dianteira deportivista nas semifinais contra o Porto, caendo eliminados por un só gol.[12]
O seu gran rendemento no Deportivo valeulle o seu traspaso ao Newcastle United da Premier League no verán de 2005 por uns 14 millóns de euros.[13] Pechou o seu paso polo Deportivo cun total de 143 partidos e 35 goles.
Debutou co Newcastle sendo titular nun partido da Premier League ante o Manchester United en St James' Park, formando dianteira xunto ao histórico Alan Shearer, e xogou de inicio tamén no seguinte encontro fronte ao Fulham, pero neste partido caeu lesionado, perdendo os seguintes dous meses de competición. Trala súa recuperación apenas dispuxo de oportunidades coas "pegas", mais, con todo, marcou un gol na parte final da tempada, nun derbi de Tyne-Wear fronte ao máximo rival histórico do Newcastle, o Sunderland.[14]
A súa situación non mellorou na seguinte campaña (2006/07), na que disputou só 106 minutos en liga repartidos en sete encontros. Sumou ademais oito encontros na Copa da UEFA e un na Copa Intertoto (anotando un gol en cadansúa competición), proclamándose campión desta última.[15]
O seu escaso éxito no Newcastle provocou o seu traspaso ao Ajax no verán de 2007. Só contou con nove titularidades na Eredivisie, nas que, con todo, sumou catro goles e dúas asistencias. No club de Ámsterdam compartiu dianteira co uruguaio Luis Suárez, co que tivo unha liorta durante un partido ante o Feyenoord, o que obrigou ao adestrador Adrie Koster a substituír a ambos xogadores no descanso.[16]
Tras unha tempada no club neerlandés, no verán de 2008 o director deportivo Danny Blind informouno de que non contaban con el para a vindeira campaña, polo que foi cedido ao Málaga CF, club no que xa xogara oito anos antes. Ás ordes de Antonio Tapia recuperou parte do seu bo xogo e anotou oito goles na campaña, todos na liga de Primeira División. Tralas súas boas actuacións o Málaga decidiuse a adquirir o xogador en propiedade, e despois de dous meses de negociacións co Ajax, conseguiu levar a cabo a fichaxe.[17]
Con todo, os seus números reducíronse nas seguintes dúas campañas e especialmente na 2010/11, na que disputou só tres partidos ás ordes do portugués Jesualdo Ferreira e ningún trala chegada de Manuel Pellegrini. O 4 de xaneiro de 2011, despois de dous meses sen ser tan sequera convocado polo técnico chileno, o Málaga rescindiu o seu contrato.[18] A súa saída do club malacitano supuxo finalmente tamén a súa retirada como futbolista.
Tras pasar pola selección española sub-21, foi convocado por Iñaki Sáez para os Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney. Participou en dous partidos da fase de grupos, contra Corea do Sur e Chile, e aínda que quedou no banco na fase eliminatoria, o seu equipo acabou obtendo a medalla de prata, despois de perder a final contra Nixeria.[5]
En maio de 2002 foi un dos 23 futbolistas españois elixidos por José Antonio Camacho para disputar a Copa do Mundo, a pesar de que nunca tiña vestido anteriormente a camiseta da selección española absoluta.[19] Deste xeito, a súa estrea internacional produciuse en pleno Mundial de 2002, no terceiro partido da fase de grupos ante Suráfrica, encontro no que saltou ao campo preto do final, como substituto de Morientes.[20] Participou tamén nos oitavos de final contra a selección irlandesa, entrando desta vez como substituto de Raúl.[8]
Tralo Mundial non entrou nas seguintes convocatorias da selección, ata que a súa reconversión ao extremo esquerdo no Deportivo da Coruña fixo que en 2003 volvese ser convocado polo combinado nacional, dirixido agora por Iñaki Sáez.[8] Participou na clasificación para a Eurocopa de 2004 e en varios encontros amigables e finalmente foi convocado para a fase final da Eurocopa. Disputou o derradeiro partido da fase de grupos contra Portugal, substituíndo na segunda parte a Joaquín, sen poder evitar a eliminación española.[21] Xogou na selección ata 2005, contabilizando 17 encontros e 2 goles (que logrou contra Bélxica e Lituania).
Trala súa retirada como futbolista obtivo a licenza de adestrador e en 2019 ingresou no gabinete de presidencia de Luis Rubiales na Real Federación Española de Fútbol.[22] En decembro de 2022 foi nomeado director deportivo, substituíndo no cargo ao seu excompañeiro no Deportivo da Coruña José Francisco Molina, tralo fracaso da selección no Mundial de 2022.[23]
En 2023, despois da vitoria da selección española feminina na Copa do Mundo e do polémico bico de Rubiales a Jenni Hermoso, a prensa publicou que Luque tentara convencer á xogadora para que declarase a favor do presidente da Federación.[24] A finais de ano foi citado pola Audiencia Nacional como investigado por coaccións e en marzo de 2024 a Fiscalía pediu un ano e medio de cárcere para el.[25] En maio foi despedido do seu cargo pola nova directiva da RFEF, presidida por Pedro Rocha.[26]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.