Remove ads
torneo de fútbol europeo por equipos From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Intertoto da UEFA foi unha competición de fútbol oficial organizada pola UEFA para clubs europeos que non se clasificaran para algunha das principais competicións da UEFA (a Liga de Campións e a Copa da UEFA), sendo clasificatoria para a Copa da UEFA.
Nome na lingua orixinal | (en) UEFA Intertoto Cup |
---|---|
Tipo | campionato |
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 50 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1961 – |
Calendario da tempada | xuño – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Propietario | UEFA |
Outro | |
Páxina web oficial | en.archive.uefa.com… |
Disputouse entre 1962 e 1967 baixo o nome de Copa de Fútbol Internacional, sendo asumida en 1995 pola UEFA. A última edición xogouse en 2008.
A Copa Intertoto substituíu á Copa de Fútbol Internacional (IFC), que era unha competición organizada polos grupos de empresas de fútbol de Europa central a fin de proporcionar partidos para as súas entradas durante os meses de verán esta existiu desde 1962 ata 1967, a partir deste ano o formato foi cambiado. A fase de grupos prevaleceu, sobre róldalas eliminatorias que foron refugadas, así naceu unha competición sen trofeo.[1] En 1995 foi asumido pola UEFA e aberto aos clubs de toda Europa. A copa non tiña un único campión; había un número determinado de finais, cuxos gañadores entraban na Copa da UEFA da seguinte tempada. Isto convertía a competición en atractiva para moitos clubs, que a vían como a súa única oportunidade de clasificarse para Europa.
Algúns países non aproveitaban totalmente cada ano a súa asignación de postos na Copa Intertoto, xa que para moitos clubs a competición entraba en conflito cos seus torneos planificados para o verán ou cos amigables de pre-tempada. Era particularmente impopular en Inglaterra onde se refería a ela con nomes pexorativos como "Intertwobob Cup" ou "Intertinpot Cup", no entanto para o ente reitor, era considerado como Torneo Oficial.
Ata o ano 2005, a Copa Intertoto constaba de 3 roldas previas, semifinais e final. Nas 3 primeiras roldas, ían ingresando os equipos de acordo coa posición na súa liga, e ao país que representaban. Unha vez concluídas as 3 roldas, viñan as semifinais, disputadas por 12 equipos, e finalmente as tres finais, das que saían os 3 equipos que participaban na seguinte edición da Copa da UEFA.
Na tempada 2006 a Copa Intertoto cambiou de formato, reducíndose a tres roldas a dobre volta e aumentando a 11 o número de equipos que se clasificaban para a Copa da UEFA, aínda que empezando na segunda rolda previa. Aos equipos que chegaban máis lonxe nas roldas da UEFA entregábaselles un distintivo ou trofeo consistente nunha placa conmemorativa.
O 30 de novembro do 2007 a UEFA no seu Comité Executivo decidiu prescindir da Copa Intertoto co cambio de formato de competición da Copa da UEFA aplicable desde a tempada 2009-10. Deste xeito, no verán de 2008 disputouse a última edición da Copa Intertoto.
Os dous equipos galegos que participaron na Copa Intertoto foron o Celta de Vigo, nunha ocasión, e o Deportivo da Coruña, en dúas.
O Celta gañou o torneo, e conseguiu a clasificación para a Copa da UEFA no ano 2000 tras impoñerse nunha das finais da Intertoto ó Zenit San Petersburgo. O Deportivo, pola súa parte, disputou a final no ano 2005, na que foi derrotado fronte ó Olympique de Marsella pero clasificouse no ano 2008 cando disputou a final e derrotou ao Bnei Sakhnin.
Tempada | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|
1962 | Ajax | Feyenoord Rotterdam | 4-2 (pr.) |
1963 | Inter Bratislava | Calcio Padova | 1-0 (pr.) |
1964 | Inter Bratislava | Polonia Bytom | 1-0 (pr.) |
1965 | Polonia Bytom | Leipzig | 5-4 |
1966 | Lokomotive Leipzig | Norrköping | 4-1 |
1967 | Eintracht Frankfurt | Inter Bratislava | 4-3 |
En cursiva, o resultado no estadio do gañador.
Tempada | Campión | Subcampión | Ida | Volta | Global |
---|---|---|---|---|---|
1995 | Estrasburgo | Tirol Innsbruck | 1-1 | 6-1 | 7-2 |
Girondins de Bordeos | Karlsruher | 2-0 | 2-2 | 4-2 | |
1996 | Karlsruher | Standard de Liège | 0-1 | 3-1 | 3-2 |
En Avant Guingamp | Rotor Volgograd | 1-2 | 1-0 | 2-2 | |
Silkeborg | Segesta Sisak | 2-1 | 0-1 | 2-2 | |
1997 | Bastia | Halmstads | 1-0 | 1-1 | 2-1 (pr.) |
Olympique de Lión | Montpellier | 1-0 | 3-2 | 4-2 | |
Auxerre | Duisburg | 0-0 | 2-0 | 2-0 | |
1998 | Valencia | Salzburgo | 2-0 | 2-1 | 4-1 |
Werder Bremen | Vojvodina Novi Sad | 1-0 | 1-1 | 2-1 | |
Bologna | Ruch Chorzów | 1-0 | 2-0 | 3-0 | |
1999 | Montpellier | Hamburgo | 1-1 | 1-1 | 2-2 (3-0 p.) |
Juventus | Stade Rennes | 2-0 | 2-2 | 4-2 | |
West Ham | Metz | 1-0 | 3-1 | 4-1 | |
2000 | Udinese | Sigma Olomouc | 2-2 | 4-2 | 6-4 (pr.) |
Celta de Vigo | Zenit San Petersburgo | 2-1 | 2-2 | 4-3 | |
Stuttgart | Auxerre | 2-0 | 1-1 | 3-1 | |
2001 | Aston Villa | Basilea | 1-1 | 4-1 | 5-2 |
Paris Saint-Germain | Brescia | 0-0 | 1-1 | 1-1 | |
Troyes | Newcastle United | 0-0 | 4-4 | 4-4 | |
2002 | Málaga | Villarreal | 1-0 | 1-1 | 2-1 |
Fulham | Bologna | 2-2 | 3-1 | 5-3 | |
Stuttgart | Lille | 0-1 | 2-0 | 2-1 | |
2003 | Schalke 04 | Pasching | 2-0 | 0-0 | 2-0 |
Villarreal | Heerenveen | 2-1 | 0-0 | 2-1 | |
Perugia | Wolfsburgo | 1-0 | 2-0 | 3-0 | |
2004 | Lille | Leiria | 0-0 | 2-0 | 2-0 |
Schalke 04 | Slovan Liberec | 2-1 | 1-0 | 3-1 | |
Villarreal | Atlético de Madrid | 2-0 | 0-2 | 2-2 (3-1 p.) | |
2005 | Hamburgo | Valencia | 1-0 | 0-0 | 1-0 |
Lens | Cluj | 1-1 | 3-1 | 4-2 | |
Olympique de Marsella | Deportivo da Coruña | 0-2 | 5-1 | 5-3 | |
Tempada | Gañadores | ||||
2006 | Newcastle United Auxerre Ethnikos Achnas Grasshopper-Club Hertha Berlín Kayserispor |
Maribor Odense Olympique de Marsella Ried Twente | |||
2007 | Atlético de Madrid
Aalborg |
Lens Otelul Galati Rapid Viena Sampdoria Tobol Kostanay | |||
2008 | Sporting de Braga
Aston Villa |
Rosenborg Stade Rennes Sturm Graz Stuttgart Vaslui |
País | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
Francia | 16 | 5 |
Alemaña | 11 | 4 |
España | 7 | 4 |
Inglaterra | 7 | 1 |
Italia | 6 | 2 |
Austria | 4 | 3 |
Dinamarca | 3 | 0 |
Portugal | 2 | 1 |
Suecia | 2 | 1 |
Suíza | 2 | 1 |
Romanía | 2 | 1 |
Países Baixos | 1 | 1 |
Chipre | 1 | 0 |
Turquía | 1 | 0 |
Eslovenia | 1 | 0 |
Kazakhstán | 1 | 0 |
Rusia | 0 | 2 |
República Checa | 0 | 2 |
Bélxica | 0 | 1 |
Croacia | 0 | 1 |
Serbia e Montenegro | 0 | 1 |
Polonia | 0 | 1 |
Equipo | Participacións | Gañador |
---|---|---|
Villarreal CF | 4 | 2 |
Valencia CF | 2 | 1 |
Atlético de Madrid | 2 | |
RCD Espanyol | 2 | |
Deportivo | 2 | |
Celta de Vigo | 1 | 1 |
Málaga CF | 1 | 1 |
Athletic Club de Bilbao | 1 | |
RCD Mallorca | 1 | |
Racing de Santander | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.