Remove ads
club de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.
Real Club Celta de Vigo | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Club Celta de Vigo, S.A.D. | ||
Alcume(s) | O Celtiña, Celtistas, Celestes, Célticos, Olívicos | ||
Fundación | 23 de agosto de 1923 (101 anos) | ||
Estadio | Balaídos, Vigo Galicia | ||
Inauguración | 30 de decembro de 1928 | ||
Capacidade | 24500[1] | ||
Propietario | Grupo GES | ||
Presidente | Marián Mouriño | ||
Adestrador | Claudio Giráldez | ||
Liga | Primeira División | ||
2023–24 | 13º | ||
Vestimenta | Hummel | ||
Patrocinador | Estrella Galicia | ||
Na rede | |||
https://rccelta.es/ | |||
| |||
O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 55 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o 11º na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.
Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei,[2] unha Copa Intertoto,[3] 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC, e a clasificación histórica do 20 de abril de 2017 para as semifinais da UEFA Europa League, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.
Foi Premio da Cultura Galega 2024.[4]
A tradición futbolística en Galicia data de comezos do século XX. Foi en Vigo onde esta modalidade deportiva tivo as súas primeiras manifestacións: comezou a practicarse nos xa desaparecidos peiraos da cidade, difundido polos empregados británicos da empresa Eastern Telegraph Company, instalada en 1873 en Vigo para encargarse da instalación do cable telegráfico entre Gran Bretaña e a península. Esta empresa promovería en 1895 o primeiro equipo estábel da cidade do que se ten constancia na prensa, o Exiles Cable Club. Este equipo disputou varios encontros contra tripulacións mercantes e militares británicas de paso pola cidade. Ó pouco tempo naceron sociedades mixtas de galegos e británicos como o Petit FC.
En 1905,[5] a imaxe e semellanza doutras cidades como Barcelona, constituíronse en Vigo dous clubs de fútbol de primeira categoría: o Vigo Foot-ball Club e o Fortuna Foot-ball Club. O Vigo FC seguiu un proceso de fusións con outros equipos da cidade como o New Club en 1906 ou o Sporting Club en 1911 para dar lugar definitivamente ó Real Vigo Sporting Club en 1914. Pola súa banda o Fortuna FC non sufriu case cambios de nome, quedando definitivamente co nome de Real Club Fortuna de Vigo en 1908. Dende sempre ámbolos dous equipos reveláronse coma rivais de potencia semellante, e os seus enfrontamentos xeraban grandes movementos de masas de seareiros. O seu prestixio adquiriu ampla dimensión en todo o país, e a preponderancia foi tan notoria que a partir de 1906 e até 1923 algún dos dous equipos vigueses foi sempre sen interrupción gañador do Campionato de Galicia. Este momento de auxe do fútbol en Vigo viuse reforzado tamén en 1922 coa disputa no campo de Coia da final da Copa do Rei entre o FC Barcelona e o Real Unión de Irún, encontro no que vencerían os cataláns por 5-1.
O 10 de agosto de 1923, co gallo de fortalecer a categoría do fútbol vigués,[6] os dous equipos fusionáronse creando deste xeito o Club Celta da man de Manuel de Castro Handicap (Vicepresidente do Vigo Sporting), Juan Baliño Ledo (secretario do Concello) e Pepe Bar (adestrador do Fortuna), principais promotores do proxecto.
Elixiuse Celta de Vigo, entre outras propostas como por exemplo Breogán,[7] como nome do equipo e a cor celeste para a indumentaria, xa que o obxectivo da creación do equipo era ser o estandarte do fútbol en Galicia. Deste xeito nace a historia do Real Club Celta de Vigo, que nun primeiro momento contaría coa considerable cifra de 64 xogadores e con Manuel Bárcena Andrés-García, Conde de Torrecedeira, como primeiro presidente do club.
Para a dirección no novo equipo elixiuse entre os moitos aspirantes ó adestrador británico Francis Cuggy, que se incorporou a comezos do ano 1924.[8] A presentación do equipo foi no campo de Coia o 16 de setembro de 1923, nun encontro entre os propios xogadores do club aproveitando o amplo cadro do que dispoñía o equipo. O primeiro encontro fronte a outro club foi o 23 de setembro fronte ó Boavista portugués. A aliñación inicial do Celta foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino, Jacobo Torres, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla. O enfrontamento concluíu con 8-2 a favor do equipo vigués. Posteriormente enfrontaríase ó Cracovia, campión polaco, obtendo tamén a vitoria.
Na tempada 1923-24 o Celta interveu por vez primeira en liga. Naquel entón non había ligas estatais, sendo o principal campionato galego o Campionato de Galicia.[9] O Celta rematou líder contendendo co Eiriña CF de Pontevedra, o Racing de Ferrol e o Unión Sporting Club. Esta mesma tempada debutou no Campionato de España sendo eliminado na primeira rolda polo Athletic de Bilbao, que era o vixente campión. No descanso estival organizouse un encontro amigábel entre o Celta e a Selección de fútbol do Uruguai, aproveitando o paso por Vigo dos devanditos, que ían rumbo á Olimpíada de París, na que gañaron a medalla de ouro.
En 1924-25 volven os celtiñas gañar o Campionato Galego e,[10][11] nesa mesma tempada, ten lugar no campo de Coia unha nova contenda internacional. Nesta ocasión sería ante Boca Juniors bonaerense nos dous encontros de inauguración da xira europea do equipo arxentino. O Celta aliñou para o encontro a Ruíz, Juanito, Rey, Cancela, Balbino, Pepe Hermida, Reigosa, Ángel Hermida, Chicha, Polo e Casal; mentres que os rivais saltarían ó campo con Tesorieri, Bidoglio, Muttis, Médici, Vaccaro, Elli, Tarasconi, Cerrotti, Garasini, Seoane e Onzari. O primeiro encontro, que reuniu 25.000 espectadores, disputouse o 5 de marzo de 1925 e rematou con vitoria arxentina por 3-1, con goles de Cerrotti (2) e Onzari por parte de Boca e de Polo por parte do Celta. O segundo encontro sería tres días despois conseguindo esta vez o Celta golear ó Boca Juniors por 3-1, con goles de Juanito (2, de penalti) e Reigosa por parte dos vigueses e Garasini por parte dos arxentinos. Esta foi unha das tres únicas derrotas entre os dezanove encontros que disputou Boca nesta xira, xunto as que sufriu ante a Real Unión de Irún e o Athletic de Bilbao.
O Celta completaría este bo papel internacional o 2 de agosto de 1925,[12][13] ó empatar a dous goles co Club Nacional de Football do Uruguai, na xira que tamén realizou o equipo suramericano a raíz do éxito e gran popularidade alcanzada pola Selección de fútbol do Uruguai co triunfo nos Xogos Olímpicos de 1924. Precisamente un dos tantos do equipo uruguaio foi do dúas veces campión olímpico e natural de Redondela José Pedro Cea.
O 23 de xaneiro de 1927, con motivo da onomástica do Rei Alfonso XIII, disputouse un partido no campo de Coia, entre Celta de Vigo e un equipo de Mariños Ingléses, no que se puso en xogo unha Copa de prata sobredourada, co as cifras reales, doada polo Rei Alfonso XIII. O resultado final de dito encontro foi 4-1 a favor do Celta, con goles para os vigueses de Hermida, Nicha, Pasarín e Polo[14].
En 1927-28 o Celta conquista novamente o título de campión da súa división, que abranguía as zonas de Galicia, Asturias e Norte de Castela. Seguidamente emprende unha xira onde loitou con varios equipos arxentinos e uruguaios. Nese mesmo ano, o 30 de decembro, inaugúrase o novo estadio de Balaídos, cun encontro amigábel ante a Real Unión de Irún, un dos grandes do fútbol español da época. Porén, caeron fronte aos vigueses nunha inspirada tarde celeste, por sete goles a nada.
Real Club Celta | 7 - 0 | Real Unión de Irún | 30 de decembro de 1928 – Balaídos, Vigo Árbitro: Manuel de Castro González |
Graciliano Reigosa Chicha Rogelio Polo Losada |
Informe |
||
Real Club Celta
|
Real Unión
|
|
|
A tempada 1928–29 foi a primeira do campionato co formato no que se xoga na actualidade e que comprende a totalidade do Estado. Ó Celta de Vigo correspondíalle xogar na primeira división por herdanza dos títulos dos clubs fundadores, Vigo Sporting e Fortuna, xa que o primeiro dos nomeados acadou o subcampionato da Copa de España en 1908. A pesar diso, o Celta viuse obrigado a xogar un torneo de promoción que lle permitiría ocupar unha praza vacante, encontro que perdeu ante o Sevilla FC e polo que tivo que comezar a historia da Liga en segunda división. Este mal comezo agravaríase cando o Celta remata a Liga na posición novena dun total de dez equipos consumando, o seu primeiro e único descenso á terceira división, xa que daquela aínda non fora creada a segunda B, ó non ser necesaria debido ó baixo número de equipos existentes na época. Con todo, o equipo necesitaría tan só un ano para recuperar a categoría.
En 1931-32 o Celta gaña outra vez o título de campión galego;[15] desta vez en loita co Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol, o Eiriña CF, o Burgas FC e o Galicia Sport Club Ourense. Posteriormente chega ás semifinais da Copa de España, sendo eliminado polo Fútbol Club Barcelona. Na tempada 1933-34 o Celta remata en cuarto lugar da segunda división. Con todo, regresaría a polémica coa xestión da Federación Española de Fútbol, xa que tras decidir ampliar o número de clubs que disputarían a máxima categoría, ascende arbitrariamente ó noveno clasificado, o Sevilla FC, en detrimento do Celta e o Murcia CF.
Na tempada 1934-35 o Celta queda campión do grupo 1 da segunda división, mais non chega a conseguir o ascenso á Primeira xa que na liguiña de promoción, na que se enfrontaban os dous primeiros de cada un dos catro grupos da división de prata, o club vigués quedou terceiro (ascendían os dous primeiros) a tan só un punto do CA Osasuna. Na seguinte tempada o equipo, dirixido por Ricardo Comesaña e con Nolete e Venancio como máximos referentes, conseguiu finalmente o ansiado ascenso tras quedar primeiro de grupo e campión de liga grazas ó primeiro posto acadado na liguiña de ascenso. Porén, o debut en primeira tivo que aprazarse durante tres anos a causa do golpe de estado de mandos militares e o comezo da guerra civil española.
En 1939 o Celta debuta na máxima categoría.[15] A primeira tempada o club consegue manterse grazas a gañar o partido de promoción pola permanencia ó Deportivo da Coruña por 1-0 nun campo neutral en Madrid, con gol de Nolete. A seguinte tempada tampouco foi boa e o club sálvase da promoción por un punto. Con todo, nas tempadas 1941–42 e 1942–43 consegue reverter a situación e acadar en ambos os anos un meritorio quinto posto. Porén, ó ano seguinte, o equipo consuma o descenso tras quedar na derradeira posición.
Sería na tempada 1944-45 cando recuperaría o seu posto na máxima categoría,[16] vivindo a partir de 1947 unha das maiores épocas de esplendor adestrado polo mítico porteiro internacional Ricardo Zamora. Na tempada 1947/48 conclúe o campionato de liga de primeira división na cuarta posición, a tan só seis puntos do campión, o FC Barcelona, ó que conseguira derrotar por 3-2 nun Balaídos convertido nun feudo inexpugnábel, no que tamén caeron goleados o Athletic Club (5-1), o Valencia (5-2) e o Real Madrid, o cal colleitou aquela tempada senllas derrotas por 4-1 fronte os celestes, tanto en Vigo como en Chamartín. Os máximos goleadores do equipo foron Pahiño, que con 23 goles se alzou co título de Pichichi do campionato, e Hermidita, con 14.
A magnífica tempada dos olívicos tivo a súa rúbrica co subcampionato da Copa do Xeneralísimo.[17] O Celta alcanzou a final, que se disputou no estadio madrileño de Chamartín o 4 de xullo de 1948, logo de superar nunha agónica eliminatoria de semifinais ó R.C.D. Español, que precisou para se resolver de dous partidos de desempate coas súas respectivas prórrogas, celebradas en Madrid a mesma semana da final. As xestións da directiva céltica para acadar un aprazamento resultaron infrutuosas e o equipo, esgotado, saltou finalmente ó céspede do coliseo madridista para enfrontarse ó Sevilla F.C.. Aos seis minutos de xogo un gran disparo de Miguel Muñoz adiantou ó Celta no taboleiro. Porén, o Sevilla reaccionou axiña, e no minuto 19 acadaba o empate. Os vigueses mantiveron o tipo tres cuartos de hora máis, mais tralo descanso non puideron evitar encaixar o segundo gol, nunha xogada que significou ademais a lesión do porteiro Simón, que o obrigou a retirarse do terreo de xogo. Daquela o regulamento non permitía substitucións, de xeito que o equipo ficou con 10 xogadores e o seu posto baixo os paus tivo que ser cuberto por Gabriel Alonso, quen nos seguintes 15 minutos encaixou dous goles máis que deixaron o marcador no definitivo 4-1 a prol dos andaluces.
Sevilla FC | 4 - 1 | Real Club Celta | 4 de xullo de 1948 – Estadio de Chamartín, Madrid Asistencia: 55.000 Árbitro: Agustín Vilalta Bars (Cataluña) |
Mariano 18' 59' 73' Arza 75' |
Informe |
Miguel Muñoz 6' | |
Nos anos 1950,[18][19] o Celta seguiu a liña de bos resultados acadada a finais dos anos 1940, manténdose entre os equipos destacados da primeira división. A fin desa década de esplendor céltico chegou co descenso na tempada 1958-59. O purgatorio da Segunda prolongouse durante práctica totalidade da década de 1960, pois a pesar de contar con varias oportunidades (promocións contra Real Valladolid en 1960, Real Oviedo en 1961 e CE Sabadell FC en 1966), o pretendido ascenso resultoulle esquivo até a tempada 1968-69, en que conseguiu por fin o regreso á categoría de ouro.
O Celta dos anos 1970 volveu marcar fitos no fútbol galego.[20] Logo dunha primeira tempada (1969-70) de reencontro coa categoría, na seguinte tempada (1970-71) o equipo dirixido por Juanito Arza, un dos seus verdugos sevillistas na final de 1948, mantivo Balaídos invito. O conxunto dos Quique Costas, Manolo, Lezcano, Doblas etc. concluíu a liga clasificado nun sexto lugar que lle permitiu clasificarse para a primeira edición da Copa da UEFA, o que supuxo a primeira participación dun equipo galego en competicións europeas. A experiencia, con todo, foi efémera, ó non poder superar a primeira eliminatoria fronte ó Aberdeen FC escocés. No partido de ida, xogado en Balaídos, o Celta perdeu por 0-2. Na volta, outro mal resultado, derrota por 1-0, supuxo a despedida da UEFA.
A partir da tempada 1974-75 o Celta instalouse no "ascensor", encadeando descensos e ascensos entre Primeira e Segunda. Así, ó descenso da campaña 1974-75, tras perder por 3 a 1 fronte á UD Las Palmas con ambos xogándose a permanencia, seguiuno un ascenso na 1975-76, un novo descenso na tempada 1976-77 e outro ascenso na 1977-78. Un exemplo da gran crise na que estaba inmerso o club é que o máximo goleador do equipo na tempada 1976/77 foi o gardameta arxentino Carlos Fenoy con cinco tantos.
Tanta inestabilidade acabou por pasar factura, e tralo descenso a segunda división da tempada 1978-79, sucedeu a maior calamidade na historia recente do club: un descenso a segunda división B na tempada 1979-80 consumado na última xornada. Esta nefasta tempada pechada co descenso, levou consigo a contratación do técnico iugoslavo Milorad Pavić, que obrou o milagre de facer ó equipo campión de 2ªB e, o ano seguinte, de 2ªA, recuperando en dúas tempadas consecutivas todo o terreo perdido. Militaban xa no equipo algúns dos grandes mitos do celtismo dos anos 1980, como Pichi Lucas, pichichi de segunda división esa mesma tempada con 27 goles, ou o porteiro Javier Maté.
Xa sendo o Celta equipo de Primeira,[21][22] o Estadio Municipal de Balaídos dispúñase a estrearse como campo da fase final do Mundial de Fútbol de 1982. O Celta aproveitou esa circunstancia para organizar unha homenaxe ó seu gran capitán, Manolo, un home que protagonizara todas as ledicias e desventuras da década anterior, dende os meles da UEFA e os ascensos aos desgustos dos descensos. Dese modo celebrouse un encontro amigábel contra a selección polaca o 6 de maio de 1982, que despois concluiría o mundial no terceiro posto. O encontro rematou cun contundente 1-5 a favor dos polacos, o gol céltico anotouno Del Cura.
O terceiro ano de Pavić (1982–83),[21] de novo en Primeira, concluíu de xeito moi triste no estadio José Zorrilla de Valladolid, cunha derrota que materializou un descenso olívico máis. As tempadas 1983–84 e 1984–85, en segunda división, vivíronse de forma moi distinta:
Na primeira delas, sexto clasificado, o ascenso escapouse finalmente por un só punto: campión o Castela da Quinta del Buitre e subcampión o Bilbao Athletic do pichihi Julio Salinas, ambos os filiais do Real Madrid e o Athletic Club, respectivamente, e imposibilitados para o ascenso, polo que subiron o 3º, 4º e 5º clasificados, Hércules CF, Racing de Santander e Elche CF, con 3, 2 e 1 puntos máis que os vigueses.
Na tempada seguinte, o equipo adestrado por Félix Carnero, xogador fundamental nos anos 1970 e Director Técnico imprescindíbel do gran Celta do século XXI, logrou o seu obxectivo nunha liga que puido malograrse polos convulsos acontecementos das primeiras xornadas, cando unha folga de xogadores a nivel estatal obrigou os clubs a aliñar a xogadores xuvenís durante primeiras xornadas. Superadas todas as dificultades, aquel Celta de Félix, comandado por Javier Maté, Lemos, Atilano, Alvelo, Cortés, Pichi Lucas e a solvencia do libero mundialista hondureño Gilberto, recuperou unha vez máis a praza na máxima categoría.
A tempada 1985-86 supuxo un novo fracaso. A contratación do brasileiro Baltazar non foi suficiente para fortalecer un equipo gafado, que empezou a fraguar a súa desgraza no encontro inaugural do campionato; a pesar de arrincar un valioso empate a domicilio fronte á Real Sociedad dos Arconada, Satrústegui, Zamora ou López Ufarte, en Atotxa caeu lesionado de gravidade o porteiro céltico Javier Maté, unha das grandes estrelas do equipo, que dixo adeus á tempada. Aquela lesión coincidiu co servizo militar do seu substituto, a gran promesa navarra Patxi Villanueva, polo que a responsabilidade de cubrir a portería celeste recaeu no terceiro porteiro do equipo, Chuco. Durante bastantes encontros da primeira volta o centrocampista Vicente tivo que ser o designado para aliñarse no acta como porteiro suplente. Cando se reabriu o mercado de fichaxes, o Celta fíxose cos servizos do galego Pereira, procedente do Atlético de Madrid, pero o seu concurso non puido contrarrestar a dinámica negativa, e o descenso consumouse con moitas xornadas de anticipación. Nesta tempada comezou a relación con Citroën como principal empresa patrocinadora do club, debido á relación da empresa automobilística coa cidade a través da súa fábrica de Vigo.
En 1986,[21] alarmada polo declive da audiencia e repercusión do fútbol, a federación decidiu innovar no sistema de competición para o campionato de 1986–87 en primeira e segunda división, de modo que tras unha fase regular na que se enfrontarían todos os equipos entre si a dobre volta, conformaríanse 3 grupos que pelexarían por distintos obxectivos. Para o comezo da tempada, o Celta conservou o bloque de xogadores da tempada anterior, esta vez ás ordes do británico Colin Addison. A incorporación máis destacada foi a do central irlandés Jimmy Hagan, fichado para reforzar ó equipo con vistas ó tramo decisivo da competición. Concluída a fase regular do campionato na cuarta praza, o Celta quedou encadrado no grupo par, xunto a Deportivo, Castellón, Málaga, Rayo Vallecano e Sestao.
As vitorias sobre os coruñeses, permitiron ó cadro celeste chegar á última xornada dependendo de si mesmo para conquistar o ascenso: só unha derrota céltica permitiría ó Castellón, que se enfrontaba ó Deportivo de Eusebio Ríos no Anxo Carro de Lugo, soñar coa posibilidade de ascender. Os albinegros recibiron facilidades dos desterrados herculinos, que aliñaron un equipo formado por xogadores xuvenís e do filial; non desaproveitaron a ocasión e impuxéronse con comodidade. Con todo, a súa vitoria resultou pírrica, posto que o Celta, arroupado por centos de afeccionados desprazados nun convoi ferroviario especial a Sestao, logrou manter o empate que lle servía para ascender a primeira xunto a Valencia e Logroñés, vencedores do grupo impar.
Tralo éxito na liga máis longa da historia, culminada co ascenso e o pichichi para Baltazar, a tempada 1987–88 presentábase como a oportunidade para Colin Addison de lucirse na elite do fútbol español. Con todo, sorprendentemente o técnico non se incorporou a dirixir a pretemporada. A dirección do cadro de xogadores recaeu en José María Maguregui, quen conseguiu manter o nivel do equipo na nova categoría, acariñando a posibilidade de retornar ás competicións europeas ó ocupar durante moitas xornadas os postos de cabeza.
Porén, o equipo baixou o seu rendemento nas últimas xornadas e concluíu o campionato en sétimo posto. Maguregui presentou a súa dimisión varias xornadas antes da conclusión, debido ó malestar que provocou entre os afeccionados a confirmación do seu compromiso para liderar a tempada seguinte o Proxecto II de Jesús Gil no Atlético de Madrid, precisamente o equipo contra o que o Celta estaba loitando por unha praza para a Copa da UEFA.
Maguregui levou consigo ó goleador Baltazar, que no Atlético conseguiu proclamarse pichichi. Con todo o Celta non os botou de menos. Substituído ó vasco polo asturiano Novoa, antigo xogador céltico, e ó brasileiro polo seu compatriota Amarildo, o Celta da tempada 1988–89, coas incorporacións de Zoran Marić e Pedro Herrera, rexistrou números moi similares aos da campaña anterior, concluíndo o torneo ligueiro en oitava posición.
Pero este período caracterizado polo xogo brillante foi breve. A sensacional campaña de Amarildo non pasou desapercibida para os grandes de Europa e a choiva de ofertas concretouse nun traspaso, estratosférico para a época: a Lazio de Roma, pagaría 200 millóns de pesetas polo xogador. Na seguinte tempada, tempada 1989–90, o Celta ficharía a outro dianteiro brasileiro, Nílson, confiando en repetir o éxito das contratacións anteriores. Con todo, o seu rendemento foi moi inferior ó esperado. Incorporouse tamén outro brasileiro, Fabiano, quen rendeu por encima do seu compatriota. Foi fichado tamén un xogador do Deportivo, o dianteiro Vicente Celeiro. A pesar de todo isto o equipo non conseguiría manter a categoría.
Houbo que esperar á tempada 1991-92 para recuperar o lugar en Primeira.[23] O ex xogador internacional Txetxu Rojo, incorporado a finais da tempada anterior, construíu un equipo sólido que se alzou con solvencia co título de campión da Segunda División varias xornadas antes da conclusión da liga. O veterano Javier Maté cedeu a titularidade baixo os paus ó prometedor Patxi Villanueva, que callou unha tempada magnífica. O corpo técnico sondara o mercado balcánico e del tróuxose dúas fichaxes: o defensa Goran Jurić e o dianteiro Vladimir Gudelj, un novísimo e corpulento goleador serbo-bosníaco que se proclamou pichichi da categoría. Pouco tempo lle fixo falta ó mozo Gudelj para converterse nun dos xogadores máis queridos para os celtistas. A ledicia que lle proporcionaba o seu éxito futbolístico contrastaba co desasosego que manifestaba polos acontecementos que se vivían no seu país, onde estalaba unha cruenta guerra que atrapaba á súa familia. Fichouse tamén a outro ídolo do eterno rival, o interior "Fraco" Gil. Fabiano converteuse no director de xogo e Xurxo Otero consolidouse no lateral dereito.
Conseguido o ascenso, o Celta enfrontouse naquelas datas a outro reto transcendental para o seu futuro: a conversión en S.A.D. Era preciso cubrir o capital social establecido polo Consello Superior de Deportes para manterse nas competicións profesionais. Finalmente, o celtismo respondeu aos chamamentos da directiva presidida por Ignacio Núñez e púidose liquidar ese trámite. Reintegrado unha vez máis á primeira división, durante a tempada 1992-93 Chechu Rojo conseguiu dotar ó equipo dunha solidez defensiva que proporcionou ó seu porteiro o trofeo Zamora polo menos goleado empatado con Paco Liaño. Santiago Cañizares, fichado ese verán, comezaba a percorrer o camiño que o levaría á internacionalidade e a defender a portería española no Mundial dos Estados Unidos en 1994.
O eixo desta defensa de Rojo reforzárase cun central internacional que o preparador bilbaíno coñecía ben: o seu paisano Patxi Salinas, que foi o complemento á solvencia e clase de Goran Jurić. Xurxo Otero apropiouse do lateral dereito e o esquerdo confiouse ó campión olímpico, Rafael Berges. Na vangarda incorporouse un extremo campión de Europa, Milorad Ratković, para asistir ó ariete serbo-bosníaco. Nesta tempada conquistaríase placidamente a permanencia.
En 1994 viviuse a maior mobilización da historia do celtismo,[24] co desprazamento a Madrid dos 25.000 afeccionados para os que se ofreceron localidades da copa do rei, o 20 de abril de 1994. O Celta de Chechu Rojo alcanzara a final tras superar nas semifinais ó Tenerife de Jorge Valdano, que se presentaba nesa cita coma o gran favorito. No primeiro partido, o Celta acadou a vitoria por 2-0 en Balaídos obra de Gudelj. Co pase a final practicamente asegurado, no encontro de volta o Tenerife púxolle emoción empatando a 2-2 a eliminatoria a media hora da conclusión pero en 5 minutos de inspiración, de novo Gudelj, anotou 2 tantos poñendo como resultado final un 4-2 que daba o pase á final ó Celta.
Tras superar as semifinais, o rival que esperaba na final era o Real Zaragoza, adestrado por Víctor Fernández, equipo que cegaba en Europa co seu fútbol. Tras rematar os primeiros 90 minutos e a prórroga en empate, finalmente chegouse ós penaltis, onde o porteiro blanquillo Andoni Cedrún detivo un penalti moi mal executado ó defensa do Celta, Alejo, e tras ese erro clamoroso, Higuera marcou o penalti definitivo que levou a copa do rei á cidade de Zaragoza, deixando co mel nos beizos aos afeccionados galegos.
Real Club Celta | 0 - 0 (Penaltis 4 - 5) |
Real Zaragoza | 20 de abril de 1994, 21:30 – Vicente Calderón, Madrid Asistencia: 60.000 Árbitro: Antonio Jesús López Nieto (Andalucía) |
Andrijašević Gudelj Dadíe Losada Alejo |
Informe |
Cáceres Nayim Darío Franco Gay Higuera | |
A Lei do Deporte obrigaba aos equipos,[25] que se converteran gradualmente en Sociedades Anónimas Deportivas, a presentar uns avais como previsión de débedas antes do 1 de agosto de 1995. Por causas diversas, o Sevilla FC e o Celta de Vigo non puideron cumprir tales prazos, polo que foron descendidos administrativamente á segunda división B. Decenas de miles de afeccionados de ámbolos clubs botáronse á rúa repetidas veces para defender os intereses dos seus equipos. A pesar de que se solicitou un tempo de espera para a constatación da ausencia destes avais, a Federación dende un primeiro momento entregou as prazas ó Real Valladolid e ó Albacete Balompié, quen tiña que descender ese ano. Ó final, a presión das afeccións conseguiu facer retractarse á Federación e esta terminou admitindo aos catro clubs en primeira división, formando unha liga de vinte e dous equipos que tivo dous anos de vida.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O Celta tivo de novo contra o Real Zaragoza unha oportunidade para estrear o seu palmarés nunha final da copa do rei na que partía como favorito. Tralo optimismo inicial co gol de Alexander Mostovoi, a desesperación apoderouse dos seareiros celestes que viron como os aragoneses remontaban e volvían repetir o éxito de 1994. Unha tempada máis tarde, Víctor Fernández asumiu o final dun ciclo no que logrou que o Celta practicase un gran fútbol e clasificarse sempre para disputar as competicións europeas, incluíndo a conquista da Copa Intertoto no ano 2000 que lle outorgou ó Celta unha praza para a Copa da UEFA.
Real Club Celta | 1 - 3 | Real Zaragoza | 30 de xuño de 2001, 21:00 – La Cartuja, Sevilla Asistencia: 38.000 Árbitro: José María García-Aranda (Madrid) |
Mostovoi 4' | Informe |
Aguado 24' Jamelli 38' (pen.) Yordi 90+4' | |
Tanto afección como directiva e xogadores eran moi optimistas grazas aos resultados obtidos. O equipo era tiña un estilo sólido, ordenado e compacto e estaba formado por xogadores considerados de gran calidade e con experiencia. Debido a todos estes motivos, os vigueses crían poder abrir un novo período na súa historia, cun proxecto para medrar e poder equipararse o máximo posíbel aos equipos máis importantes do fútbol estatal e europeo.
O Celta quedou eliminado da Liga de Campións ante o Arsenal en oitavos de final. Na ida o celestes perderon por 2 a 3 ante os ingleses, os cales volveron vencer no encontro de volta xogado no Estadio de Highbury por 2 a 0.
Estes últimos partidos serviron para amosar os progresos dun prometedor canteirán, Borja Oubiña.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O éxito é aínda maior se se ten en conta que na tempada do retorno, o Celta venceu en campos como o Santiago Bernabéu, Riazor, Vicente Calderón ou Ruiz de Lopera.
Na seguinte tempada mantívose o bloque, dirixido como na campaña previa por Vázquez. O equipo amosou unha grande irregularidade tanto no seu xogo como nos resultados. O brillante inicio de campaña levado lonxe de Balaídos quedou embazado no seu propio estadio onde con Fernando Vázquez só se conseguiu un triunfo en toda a tempada, o que levou á destitución do técnico galego e á contratación do exfutbolista do FC Barcelona, membro do "Dream Team" e Balón de Ouro, Hristo Stoichkov. O búlgaro, quen só tiña experiencia como adestrador como seleccionador de Bulgaria, debutou con triunfo e ilusionando á afección coa loita pola salvación. Con todo, o equipo non aproveitou oportunidades que lle valían para acadar a permanencia, como o partido fronte a un rival directo pola salvación, a Real Sociedad. Aínda que mantivo a esperanza de eludir o descenso ata a última xornada, conservando posibilidades matemáticas aínda que sen depender de si mesmo, este consumouse finalmente. O Celta venceu 2-1 ó Getafe CF ante un estadio case abarrotado, pero non foi suficiente dados os triunfos do Athletic Club e o Betis, que conseguiron así manter a categoría.
Para a nova tempada na segunda división,[26] o Celta desfíxose de bastantes xogadores do anterior proxecto.[27] Foi o caso de Gustavo López, quen quedou sen renovar non sen certa polémica, xa que insinuou que non podía aceptar o contrato ofrecido por ser un soldo moi baixo. Por presión da afección á directiva para que se lle subise o soldo a Gustavo López e seguise así no Celta, o presidente Carlos Mouriño comunicou o soldo que se lle ofreceu ó xogador e comprobouse que non era para nada desprezábel. No banco continuaría Hristo Stoichkov, aínda que se ficharía como complemento seu a un segundo adestrador con experiencia, Antonio López. Houbo ademais cambios na dirección deportiva, despediuse a Félix Carnero e ocupou o seu lugar Ramón Martínez, antigo director deportivo do Real Madrid.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Especialmente destacábel foi a última xornada, onde se medían en Balaídos Celta e Alavés. A derrota do club céltico, que ofreceu unha moi mala imaxe, custoulle a categoría ó tamén galego e Racing de Ferrol. O presidente do club ferrolán Isidro Silveira chegou dicir, un ano despois, que o Celta se deixara perder.[28][29]
A mala tempada 2007-08 trouxo consigo unha nova reestruturación do cadro de xogadores. Apostouse por futbolistas galegos dando continuidade a Rubén, Dani Abalo, Roberto Lago e Jonathan Vila; mais as fichaxes de Noguerol e Trashorras e a volta de Borja Oubiña, que fora cedido ó Birmingham City. A canteira tamén contribuíu a galeguización do equipo coa promoción de Iago Aspas, que tivo un importante papel na salvación do celta no derradeiro partido de liga con dous goles fronte o Alavés.
Así, na tempada 2008-09,[30] o Celta completaría unha boa primeira volta, estando no grupo de aspirantes ó ascenso malia comezar a tempada con moi mal pé perdendo os tres primeiros encontros. A segunda volta, con todo, foi unha verdadeira costa abaixo para o equipo, pasando de estar a un punto dos postos de ascenso a pasar varias xornadas en descenso e salvarse nas últimas xornadas de liga. A causa do mal tramo ligueiro o adestrador, Pepe Murcia, foi destituído e Eusebio Sacristán, que fora xogador do Celta entre 1995 e 1997, pasou a ocupar o cargo. Na penúltima xornada e grazas a dous tantos do canteirán Iago Aspas, no seu debut, o club certificou a permanencia nunha tempada desastrosa que a piques estivo de significar o descenso á segunda división B e a desaparición do club por mor dos problemas económicos. Nesta tempada tamén saíu á luz a débeda do club, que aproximadamente ascendía a 69 millóns de euros. Grazas a permanencia púidose completar a lei concursal coa que se conseguiu reducila a menos da metade: 30 millóns de euros.
Para preparar a tempada 2009-10 o Celta decide cambiar de rumbo na súa política de fichaxes e comeza a apostar decididamente pola canteira. Iago Aspas, Hugo Mallo, Toni e Túñez comezan a ter un gran protagonismo no primeiro equipo. Con Eusebio no banco como adestrador, o club comezaría a liga perdendo na casa ante o Numancia, empatando os dous seguintes encontros e perdendo de novo outros dous partidos, esta vez ante o Córdoba e o Hércules. Este mal inicio lastraría toda a tempada, cos olívicos manténdose durante case toda a primeira volta entre os postos máis baixos da táboa. Con todo o Celta conseguiría remontar postos e acabar finalmente na décimo segunda posición.
Tras finalizar a última non moi exitosa campaña,[31] anunciase a contratación dun novo adestrador para a 2010-11 procedente do Villarreal B, o catalán Paco Herrera. Chegaron ademais moitas novas caras ó equipo, como é o caso de De Lucas, David Rodríguez, Joan Tomás ou Ander Murillo. Xunto a estes xogadores seguirían a gañar protagonismo máis xogadores da canteira da Madroa como Yoel ou Dani Abalo. A tempada do Celta sería salientábel, manténdose sempre, excepto as tres primeiras xornadas, entre os seis primeiros da clasificación, chegando incluso a ostentar o liderado da categoría durante varias xornadas. Con todo un baixón nos resultados durante as últimas xornadas privou ó Celta do ascenso directo, tendo que loitar por el na rolda de play-offs.
Na primeira rolda o rival sería o Granada,[32][33] adestrado polo lucense Fabri González e que acaba de ascender á categoría de prata. O partido de ida sería xogado en Balaídos ante 20.341 seareiros. O Celta xogaría un bo partido, gañando por 1 a 0 con gol de Michu no minuto 77 de encontro. Porén, o partido de volta non sería tan plácido. O tempo transcorrido entre os dous encontros non estivo libre de varias polémicas, como o choque durante a ida entre Iago Aspas e o porteiro do Granada Roberto. Aínda que o Celta loitou pola vitoria, un solitario gol de Orellana (que ó ano seguinte pasaría a ser xogador do Celta) no minuto 21, levou finalmente o partido á rolda de penaltis, onde caeu o equipo vigués por 5 goles a 4.
Na seguinte tempada 2011-12,[34] Paco Herrara continuaría no banco, dando continuidade ó proxecto iniciado o ano pasado. Mantívose o bloque do ano pasado, chegando tan só ó equipo Mario Bermejo, Bellvís, Natxo Insa, Oier e Orellana, autor do gol do Granada a tempada anterior. O Celta tardaría en arrincar, pero a partir da xornada 24 xa non baixaría dos tres primeiros postos da táboa. Este ano, ademais, co descenso o ano anterior do Deportivo, volveríase reeditar o clásico do fútbol galego entre coruñeses e vigueses, o cal non se xogaba dende 2007. Finalmente, un empate a cero goles na última xornada en Balaídos ante o Córdoba permitiu ó Celta ocupar a segunda posición da táboa e certificar o seu regreso á primeira división.
A ledicia polo retorno do Celta á máxima categoría,[31][35] produce un aumento do número de abonados que chegan aos 22 500 a catro días de que comece a competición. Confirmada a continuación de Paco Herrera no banco, os celestes reforzaríanse para loitar por conseguir a permanencia a primeira división de xeito folgado. Chegarían Javi Varas, Samuel Llorca, Gustavo Cabral e os o internacionais arxentino Augusto Fernández, dinamarqués Michael Krohn-Dehli e coreano Park Chu-Young. O gasto total en fichaxes sería de 3,45 millóns de euros. A liga comezaría cos celestes fortes na casa, pero sen conseguir bos resultados fóra, manténdose na zona media baixa da táboa. Con todo, unha xeira de malos resultados levarían ó celta os postos de perigo.
Esta situación levou á rescisión do contrato de Paco Herrera e á contratación de Abel Resino como novo adestrador celeste. No mercado de inverno chegarían ademais novos xogadores para reforzar ó equipo, o internacionais Vadim Demidov, procedente do Eintracht Frankfurt, Danijel Pranjić do Sporting de Lisboa e o retorno de Fabián Orellana do Granada, esta vez en propiedade por 1,2 millóns de euros.
Finalmente acadouse a salvación na última xornada do campionato, pese a chegar ó penúltimo encontro na derradeira posición, tras gañar os encontros ante Real Valladolid e RCD Espanyol e ser favorabeis os resultados dos seus rivais, que remataron descendendo, Deportivo da Coruña, RCD Mallorca e Real Zaragoza.
En xuño de 2013 fichouse como adestrador para a tempada 2013-14 ó asturiano Luis Enrique. No mesmo mes o equipo sufriu a baixa de Iago Aspas, que fichou polo Liverpool F.C. por un prezo de 9 millóns de euros polo 90% do seu pase.[36] descubríndose Nolito coma estrela do equipo capaz de facer esquecer o dianteiro galego.
No verán de 2014 o Celta ficha o ex xogador celeste Eduardo Berizzo para substituír a Luis Enrique que foi fichado polo FC Barcelona. O técnico arxentino mantivo a liña ascendente do equipo que o levou a clasificarse para disputar a Europa League na tempada 2015/16. A tempada seguinte foi histórica ó acadarse as semifinais da Copa do Rei e na Europa League, pasando épicos encontros coma a eliminatoria ante o Real Madrid[37] na Copa do Rei ou ante o Shakhtar Donetsk[38] na competición europea, porén caeu eliminado ante Deportivo Alavés e ante o poderoso Manchester United respectivamente. Estes éxitos tiveron consecuencias no campionato ligueiro ó dar prioridade estas competicións, co que non se acadou o obxectivo de clasificarse de novo para competición europea. Ao final da tempada o adestrador arxentino decidiu rematar a súa etapa no club galego.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O escudo do Celta de Vigo,[39] fundado pola fusión do Vigo Sporting e do Fortuna, non variou moito dende a súa fundación en 1923. O escudo do Real Vigo Sporting Club consistía nun círculo que rodeaba a bandeira da cidade de Vigo, coas letras VSC en azul e coa coroa real coma helmo. O escudo do Real Club Fortuna de Vigo era tamén de forma circular e cunha coroa real, sendo as súas cores nun comezo brancas, posteriormente negras, e finalmente laranxa.
O escudo orixinal do Celta estaba formado por dúas letras C (por Club Celta),[40] inscritas dentro dun escudo francés medieval, e coa coroa real herdada dos seus predecesores. Durante o seu primeiro ano a cor do brasón era vermella, ó igual que a cor da camisola, pasando a ser en 1924 de cor azul mariña. En 1928 o escudo pasaría a portar a súa característica cruz de Santiago vermella rodeando o brasón, cambiando a cor do interior ó actual azul celeste. Estes dous elementos, a cruz e a cor celeste, son dous dos principais símbolos do país.
Durante a época da Segunda República (1931-1936) a coroa real desapareceu do escudo, recuperándoa en 1957. Porén, até practicamente a década de 1980 era bastante habitual atopar o escudo sen ela en moitas publicacións ou calquera imaxe que representara o club. Cómpre destacar que nalgunhas ocasións non era raro ver ó Celta tan só portando como escudo na camisola a Cruz de Santiago, distintivo ademais dos equipos que conseguían ser campións de Galicia,[Cómpre referencia] cousa habitual no club vigués e os seus antecesores.
Na asemblea constituínte do club levada a cabo en agosto de 1923 acordouse que o uniforme do club fose o da Selección Española: camiseta vermella, pantalón negro e medias azuis con reberete branco. [41][42][43][44][45][46][47][48][49][50]
Aínda que a Juan Baliño Ledo, un dos fundadores do club,[51] lle gustaba a idea de usar a cor celeste na camisola do Celta, os vigueses comezarían a súa andaina vestindo unha camisola vermella, pantalón negro e medias azuis e brancas. Porén, acordouse que o equipo B do Celta si que levaría as cores propostas por Baliño Ledo, con pantalón negro, pasando en pouco tempo a ser tamén a cor principal do primeiro equipo.
En marzo de 1924,[51] nun partido de cuartos de final da copa do rei que enfrontaba aos celestes contra o Athletic Club en Coia, na portada do Faro de Vigo o Celta viste unha camisola a raias verticais, aínda que ó ser a fotografía en branco e negro non se distinguen as cores. Con todo non se volveu atopar ningunha outra fotografía con esa camisola que non era nin a vermella nin a celeste. Hoxe as cores do uniforme do Celta son invariablemente a camisola celeste e pantalón branco representando a bandeira galega. As camisolas suplentes, porén, non teñen ningún deseño nin cores fixas, nos últimos anos foron de cor vermella, negra ou mesmo laranxa.
Para a tempada 2014-15, o Celta viste roupa da compañía alemá Adidas. A finais de 2012, tras numerosos problemas de abastecemento coa marca chinesa Li Ning, o Celta asinou un contrato para levar durante as seguintes catro tempadas roupa de Adidas[52]. Os seus patrocinadores son; Citroën na parte dianteira da camisola e Estrella Galicia na traseira, na cueira do pantalón Abanca. Os uniformes son:
Titular
|
Suplente
|
Para a copa do rei,[53] no partido de oitavos de final que enfrontou ó Celta co Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu, a compañía alemá Adidas deseñou unha camisola suplente especial:
Titular (1923)
|
Suplente (1923)
|
Titular (1928)
|
Suplente (1988)
|
Suplente (2002)
|
Suplente (2010)
|
L. Campións
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Celta tivo coa compañía automobilística francesa Citroën o acordo de patrocinio máis longo na Liga de Fútbol Profesional.[54] De cara á tempada 1985-86 o centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, unha das industrias de Galicia con máis empregados, decidiu apoiar o equipo da cidade. Antes da tempada 2010-11 o novo provedor dos olívicos pasou ser a compañía Li Ning,[55] firma chinesa en plena expansión mundial. Con todo, antes do comezo da tempada 2012-13 a compañía entrou en concurso de acredores, o que produciu problemas de abastecemento do material deportivo. Debido a isto en decembro de 2012 o Celta asinou un contrato polo cal os celtiñas vestirán equipamento da alemá Adidas durante os seguintes catro anos.
Por outra banda, o Celta mantivo un dos acordos máis longos cun provedor de equipamento ó permanecer coa compañía británica Umbro durante vinte e catro tempadas na camisola celeste. Dende o verán de 2009 os vigueses levan na parte de atrás da camisola o patrocinio da compañía cervexeira Estrella Galicia.
Non se sabe con certeza a orixe do himno do Celta,[56] aínda que se cre que é de orixe popular. Debido a esta incerteza, o ano de nacemento do himno é descoñecido, sendo a súa primeira referencia coñecida unha gravación durante o ascenso de 1969 en Balaídos. O himno, a parte da versión en galego, conta tamén cunha versión en castelán. A letra, que fai referencia á historia e aos seareiros do Celta, comeza así:
Ala Celta a demostrar,
por historia e tradición.
Tan popular como o mesmo é a "Foliada do Celta" do grupo vigués A Roda[57]. De feito, na década de 1980 o equipo saía ó campo ó son desta canción. Esta obra musical ten a súa orixe no disco Falemos Galego (1979), do cal é a primeira canción. A letra da peza fai un percorrido falando da xente que acode ó estadio e as diferentes bancadas.
Díxolle o sobriño ó tío, ó entrar en Balaídos,
se gañamos o domingo, fágoche socio de Río.
Outros temas recorrentes do celtismo son canción populares como "A Rianxeira",[58] canción musicada en 1947 por Anxo Romero Loxo, e o "Miudiño". Nos último anos tamén se converteu nunha canción popular do celtismo o tema "1923" do grupo Keltoi!. Esta canción, incluída dentro do seu álbum publicado en 2010 A nosa cinza, fala dos sentimentos do celtismo, afoutando aos seareiros a animar.
Ven connosco e xa o verás:
berraremos sen parar, malia as gorxas rebentar,
trala victoria final! Sempre Celta!
Con motivo do centenario do club en 2023, o Celta encargoulle ao cantante madrileño de ascendencia galega C Tangana a creación dun himno conmemorativo, que veu a luz finalmente en xullo dese ano co título "Oliveira dos cen anos". Ademais deste himno oficial, que contou cunha recepción maioritariamente positiva entre a afección, outros artistas locais adicaron as súas propias cancións ao equipo aproveitando a efeméride, como foi o caso de Xhamain, Ramón Soto, Jairo Daponte ou Dioivo[59].
O Celta xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Balaídos,[60] situado na avenida do mesmo nome a uns tres quilómetros do centro histórico da cidade. Con 31.800 asentos, é o segundo estadio de Galicia en capacidade, moi preto do Estadio Municipal de Riazor da Coruña (34.600 asentos). As dimensións do campo son de 105 x 69 metros. As bancadas do estadio son Tribuna, Preferencia, Gol, Marcador, Fondo, Río Alto e Río Baixo.
O estadio foi inaugurado o 30 de decembro de 1928,[61] cun partido entre o Celta e a Real Unión, partido no que venceron os celestes por 7-0. Foi deseñado polo enxeñeiro Jenaro de la Fuente debido ó crecente número de socios co que contaba o club. Con todo, o proxecto inicial tivo que ser modificado pola dificultade de conseguir o diñeiro preciso para a súa construción. O estadio puido ser finalmente rematado, contando no momento da fin da súa construción con capacidade para 22.000 espectadores, todos sentados e con localidades numeradas. Na súa inauguración o estadio foi bendicido polo Padre Faustino, quen rematou o seu discurso cun "Viva Galiza, Viva Vigo, Viva o Celta".
Durante os anos 1930 e 1940 sucedéronse as reformas, e en xullo de 1945 o estadio pasou a ser propiedade do club. En 1969 realizouse unha reforma eléctrica, tras decidir o entón alcalde da cidade, Rafael Portanet, que o estadio debería contar cunha boa instalación luminosa para xogar partidos en horario nocturno. Xa dous anos antes, en 1967, comezaran unha serie de obras para reformar en profundidade tódalas bancadas, dándolle a súa configuración actual agás á bancada de Río. As novas instalacións foron inauguradas polo daquela alcalde Antonio Ramilo o 27 de marzo de 1971. A seguinte gran reforma comezou o 5 de decembro de 1980, con motivo do Mundial de 1982. Esta reforma levou á demolición da bancada de Río e á construción dunha máis moderna con maior capacidade. Daquela o estadio tiña capacidade para 38.000 espectadores, pasando aos 31.800 da década dos 1990, debido á obriga de tódalas bancadas teren asentos.
Tamén se fixeron obras no campo en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Liga de Campións,[62] e axeitando o estadio á normativa da UEFA. A comezos da tempada 2012-13 acometeuse unha reforma para lavar a cara do vetusto estadio. Tapouse o foxo que circundaba o terreo de xogo e elimináronse algunhas das primeiras filas da bancada para suprimir os obstáculos entre a afección e o terreo de xogo, emulando os campos de xogo ingleses.
Á parte do Estadio de Balaídos o Celta dispón de máis instalacións. O propio estadio, amais do campo de fútbol,[63] conta cun complexo polideportivo baixo as bancadas de Río Alto e Río Baixo, con dúas pistas polideportivas, unha recta de atletismo, seis pistas de squash e unha sala de halterofilia. Están aí tamén a oficina de aboados e a Tenda Oficial. Dende 2018 o antigo edificio do Mercantil, na Rúa do Príncipe, acolle a sede social do club e outra Tenda Oficial, así como un restaurante cunha Estrella Michelín.
Outras instalacións do club son:
O Celta de Vigo conta con máis de 22.500 abonados e 14.339 accionistas,[6][65][66] algúns dos cales militan nalgunha das 129 peñas das que dispón o club ó longo do mundo. Destas peñas, cen teñen a súa orixe en Galicia, e o resto están espalladas por lugares como Guipúscoa, Biscaia, Madrid, Barcelona, Caracas, Buenos Aires ou Santo Domingo. Os afeccionados do Celta adóitanse denominar celtistas, celestes, célticos ou olívicos. Outro alcume que reciben os seareiros do Celta é o de portugueses, principalmente por parte dos seguidores do Deportivo da Coruña en resposta ó seu alcume de turcos.
Con todo, o principal grupo de seareiros do Celta son os coñecidos como Celtarras.[67][68] Este grupo, fundado en 1987, é de tendencia política independentista de esquerdas, sendo un dos seus lemas máis repetidos "Por Galiza, polo Celta". Este grupo de seareiros ten unha forte rivalidade cos Riazor Blues, peña ultra do Deportivo, ademais de con outros grupos como os Ultras Sur do Real Madrid. Porén, gardan unha boa relación con outros grupos galegos e os Herri Norte Taldea do Athletic Club.
Os seareiros do Celta festexan as vitorias do equipo na fonte que forma parte do monumento Porta do Atlántico, que se atopa na Praza de América, nas Travesas de Vigo, non lonxe de Balaídos.
Participacións en competicións europeas: 9
Tempada | Local | Resultado | Visitante | Liga | Estadio |
---|---|---|---|---|---|
1998-99 | Celta de Vigo | 7-0 | FC Argeș Pitești | UEFA | Balaídos |
1998-99 | Aston Villa | 1-3 | Celta de Vigo | UEFA | Villa Park |
1998-99 | Celta de Vigo | 3-1 | Liverpool | UEFA | Balaídos |
1998-99 | Liverpool | 0-1 | Celta de Vigo | UEFA | Anfield |
1999-00 | Celta de Vigo | 4-0 | Lausanne | UEFA | Balaídos |
1999-00 | Celta de Vigo | 7-0 | Benfica | UEFA | Balaídos |
1999-00 | Celta de Vigo | 4-0 | Juventus | UEFA | Balaídos |
2000 | Celta de Vigo | 2-1 | Zenit San Petersburgo | Intertoto | Balaídos |
2000-01 | Celta de Vigo | 5-3 | Estrela Vermella | UEFA | Balaídos |
2000-01 | Celta de Vigo | 1-0 | Shakhtar Donetsk | UEFA | Balaídos |
2000-01 | Celta de Vigo | 2-1 | Stuttgart | UEFA | Balaídos |
2000-01 | Celta de Vigo | 3-2 | Barcelona | UEFA | Balaídos |
2001-02 | Celta de Vigo | 4-0 | Sigma Olomouc | UEFA | Balaídos |
2002-03 | Celta de Vigo | 2-1 | Celtic | UEFA | Balaídos |
2003-04 | Celta de Vigo | 3-2 | Ajax | Liga de Campións | Balaídos |
2003-04 | AC Milan | 1-2 | Celta de Vigo | Liga de Campións | San Siro |
2006-07 | Celta de Vigo | 3-1 | Standard de Liexa | UEFA | Balaídos |
2006-07 | Celta de Vigo | 1-0 | Fenerbahçe | UEFA | Balaídos |
2006-07 | Celta de Vigo | 2-1 | Spartak de Moscova | UEFA | Balaídos |
2016-17 | Shakhtar Donetsk | 0-2 | Celta de Vigo | Liga Europa da UEFA | Estadio Metalist, Khárkiv |
2016-17 | Krasnodar | 0-2 | Celta de Vigo | Liga Europa da UEFA | Krasnodar |
2016-17 | Celta de Vigo | 3-2 | KRC Genk | Liga Europa da UEFA | Balaídos |
2016-17 | Manchester United | 1-1 | Celta de Vigo | Liga Europa da UEFA | Old Trafford |
|
|
|
|
|
|
Altas | |||||
Xogador | Nacionalidade | Posición | Procedencia | Tipo | Custo |
---|---|---|---|---|---|
Emi Rogríguez* | |||||
Borja Iglesias | |||||
Ilaix Moriba | |||||
Marcos Alonso |
Baixas | |||||
Xogador | Nacionalidade | Posición | Destino | Tipo | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|
Renato Tapia | |||||
Jørgen Strand Larsen | |||||
José Fontán | |||||
Miguel Rodríguez | |||||
Miguel Baeza | |||||
Carlos Dotor | |||||
Manu Sánchez | |||||
Carles Pérez | |||||
Julen Lobete | |||||
Gonçalo Paciência | |||||
Unai Núñez | |||||
Kevin Vázquez |
*A incorporación é realmente para o equipo filial, o Celta Fortuna, mais coa idea de alternar primeiro equipo con filial.
Tempada | Xogador | Goles |
---|---|---|
2016-17 | Iago Aspas | 19 |
2017-18 | Iago Aspas | 22 |
2018-19 | Iago Aspas | 20 |
2021-22 | Iago Aspas | 17 |
Tempada | Xogador | Goles |
---|---|---|
1934-35 | Nolete | 19 |
1935-36 | Nolete | 19 |
1965-66 | Abel Fernández | 26 |
1967-68 | Abel Fernández | 17 |
Rivera | 17 | |
1981-82 | Pichi Lucas | 27 |
1986-87 | Baltazar | 34 |
1991-92 | Vladimir Gudelj | 26 |
Tempada | Xogador | Goles |
---|---|---|
2011-12 | Iago Aspas | 23 |
Tempada | Xogador | Partidos | Goles | Media |
---|---|---|---|---|
1992-93 | Santiago Cañizares | 36 | 30 | 0.83 |
2002-03 | Pablo Oscar Cavallero | 36 | 27 | 0.75 |
2005-06 | José Manuel Pinto | 37 | 28 | 0.75 |
Pos. | Xogador | Goles |
---|---|---|
1º | Iago Aspas | 153 |
2º | Hermidita | 104 |
3º | Mauro | 69 |
4º | Vlado Gudelj | 68 |
5º | Pahiño | 57 |
6º | Alexander Mostovoi | 55 |
7º | Roig | 53 |
8º | Nolito | 50 |
9º | Del Pino | 49 |
10º | Atienza | 48 |
11º | Olmedo | 45 |
12º | Agustín | 42 |
13º | Carlos Torres | 41 |
14º | Aretio | 38 |
15º | Catanha | 38 |
Máximos goleadores por tempada | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Xogador | P.Xogados | P.Titular | Minutos | Goles | Cos mesmos goles |
1928/29 | Rogelio Tapia | 12 | 12 | 1080 | 7 | Chicha I |
1929/30 | - - - - | - - - - | - - - - | - - - - | - - - - | - - - - |
1930/31 | Nicha | 10 | 10 | 900 | 10 | |
1931/32 | Vicente Cupóns | 9 | 9 | 810 | 6 | |
1932/33 | Nolete | 17 | 17 | 1.530 | 11 | |
1933/34 | Nolete | 15 | 15 | 1.350 | 12 | |
1934/35 | Nolete | 19 | 19 | 1.710 | 23 | |
1935/36 | Nolete | 23 | 23 | 2.070 | 32 | |
1939–40 | Agustín | 17 | 17 | 1.530 | 14 | |
1940–41 | Agustín | 16 | 16 | 1.440 | 12 | Del Pino |
1941–42 | Del Pino | 24 | 24 | 2.160 | 22 | |
1942–43 | Roig | 21 | 21 | 1.890 | 16 | |
1943–44 | Roig | 22 | 22 | 1.980 | 5 | |
1944–45 | Pahiño | 19 | 19 | 1.1710 | 13 | |
1945–46 | Pahiño | 22 | 22 | 1.980 | 15 | |
1946–47 | Pahiño | 23 | 23 | 2.070 | 17 | |
1947–48 | Pahiño | 22 | 22 | 1.980 | 21 | |
1948–49 | Aretio | 20 | 20 | 1.800 | 12 | |
1949–50 | Hermidita | 25 | 25 | 2.250 | 21 | |
1950–51 | Juan Vázquez | 25 | 25 | 2.250 | 13 | |
1951–52 | Hermidita | 25 | 25 | 2.238 | 21 | |
1952–53 | Hermidita | 25 | 25 | 2.246 | 19 | |
1953–54 | Olmedo | 29 | 29 | 2.610 | 11 | |
1954–55 | Olmedo | 25 | 25 | 2.250 | 15 | |
1955–56 | Mauro | 28 | 28 | 2.520 | 23 | |
1956–57 | Mauro | 27 | 27 | 2.430 | 16 | |
1957–58 | Mauro | 22 | 22 | 1.980 | 15 | |
1958–59 | Escobar | 22 | 22 | 1.980 | 6 | |
1959–60 | Lolo Gómez | 29 | 29 | 2.610 | 15 | |
1960–61 | Lolo Gómez | 30 | 30 | 2.700 | 21 | |
1961–62 | Elizondo | 24 | 24 | 2.160 | 12 | |
1962–63 | Abásolo | 17 | 17 | 1.530 | 9 | Polito |
1963–64 | Germán | 9 | 9 | 810 | 6 | Téllez |
1964–65 | Pintos | 25 | 25 | 2250 | 6 | Téllez, Goyarán |
1965–66 | Abel Fernández | 30 | 30 | 2.700 | 25 | |
1966–67 | Abel Fernández | 26 | 26 | 2.299 | 17 | |
1967–68 | Abel Fernández | 27 | 27 | 2.415 | 17 | Rivera |
1968–69 | Abel Fernández | 33 | 33 | 2.970 | 14 | |
1969–70 | Abel Fernández | 24 | 18 | 1.705 | 9 | |
1970–71 | Juan | 21 | 21 | 1.875 | 8 | |
1971–72 | Jiménez | 31 | 31 | 2.720 | 7 | |
1972–73 | Jiménez | 30 | 30 | 2.686 | 7 | |
1973–74 | Jiménez | 38 | 38 | 3.230 | 9 | |
1974–75 | Juan | 33 | 33 | 2.873 | 6 | |
1975–76 | Sanromán | 29 | 27 | 2.333 | 6 | Del Cura |
1976–77 | Carlos Fenoy | 32 | 32 | 2.880 | 5 | |
1977–78 | Mori | 32 | 28 | 2.329 | 9 | |
1978–79 | Mori | 29 | 29 | 2.535 | 10 | |
1979–80 | Culafic | 28 | 25 | 2.308 | 12 | |
1980–81 | Carlos Suárez | 31 | 13 | |||
1981–82 | Pichi Lucas | 37 | 37 | 3.210 | 26 | |
1982–83 | Carlos Suárez | 31 | 31 | 2.534 | 7 | |
1983–84 | Mercader | 32 | 32 | 2.696 | 13 | |
1984–85 | Cortés | 26 | 25 | 2.144 | 9 | |
1985–86 | Pichi Lucas | 32 | 28 | 2.486 | 6 | Baltazar |
1986–87 | Baltazar | 44 | 44 | 3.942 | 34 | |
1987–88 | Julio Prieto | 37 | 37 | 3.312 | 8 | |
1988–89 | Amarildo | 34 | 33 | 2.847 | 16 | |
1989–90 | Mosquera | 29 | 22 | 1.992 | 6 | |
1990–91 | Fabiano | 35 | 35 | 3.057 | 10 | |
1991–92 | Vladimir Gudelj | 36 | 36 | 3.158 | 27 | |
1992–93 | Vladimir Gudelj | 28 | 28 | 2.346 | 7 | |
1993–94 | Vladimir Gudelj | 34 | 31 | 2.844 | 12 | |
1994–95 | Vladimir Gudelj | 34 | 33 | 2.984 | 17 | |
1995–96 | Vladimir Gudelj | 37 | 32 | 2.888 | 15 | |
1996–97 | Vladimir Gudelj | 29 | 18 | 1.735 | 13 | |
1997–98 | Juan Sánchez | 31 | 18 | 1.747 | 9 | |
1998–99 | Luboslav Penev | 32 | 30 | 2.393 | 14 | |
1999–00 | Benni McCarthy | 31 | 25 | 1.965 | 8 | |
2000–01 | Catanha | 36 | 35 | 2.922 | 16 | |
2001–02 | Catanha | 38 | 35 | 3.026 | 17 | |
2002–03 | Edu | 36 | 32 | 2.755 | 12 | |
2003–04 | Savo Milošević | 37 | 34 | 2.947 | 14 | |
2004–05 | Canobbio | 38 | 37 | 3.257 | 12 | |
2005–06 | Fernando Baiano | 33 | 32 | 2.642 | 13 | |
2006–07 | Fernando Baiano | 35 | 35 | 2.991 | 15 | |
2007–08 | Jesús Perera | 33 | 26 | 2.346 | 14 | |
2008–09 | Kamel Ghilas | 33 | 27 | 2.466 | 13 | |
2009–10 | Roberto Trashorras | 38 | 33 | 2.801 | 12 | |
2010–11 | David Rodríguez | 37 | 36 | 2.886 | 17 | |
2011–12 | Iago Aspas | 35 | 28 | 2.345 | 23 | |
2012–13 | Iago Aspas | 34 | 34 | 2.803 | 12 | |
2013–14 | Nolito | 35 | 24 | 2.261 | 14 | |
2014–15 | Nolito | 36 | 32 | 2.968 | 13 | |
2015–16 | Iago Aspas | 35 | 31 | 2.657 | 14 | |
2016–17 | Iago Aspas | 32 | 25 | 2.321 | 19 | |
2017–18 | Iago Aspas | 34 | 33 | 2.935 | 22 | |
2018–19 | Iago Aspas | 27 | 26 | 2.254 | 20 | |
2019–20 | Iago Aspas | 37 | 37 | 3.263 | 14 | |
2020–21 | Iago Aspas | 33 | 33 | 2.867 | 14 | |
2021–22 | Iago Aspas | 37 | 36 | 3.095 | 17 | |
2022–23 | Iago Aspas | 37 | 31 | 2.866 | 12 | |
2023–24 | Strand Larsen | 37 | 36 | 2.889 | 13 |
Pos. | Xogador | Goles |
---|---|---|
1º | Iago Aspas | 204 |
2º | Ramón Polo | 157 |
3º | Nolete | 140 |
4º | Hermidita | 113 |
5º | Vladimir Gudelj | 111 |
6º | Rogelio Tapia | 103 |
7º | Pichi Lucas | 92 |
8º | Abel Fernández | 91 |
9º | Pahiño | 90 |
10º | Francisco Roig Zamora | 73 |
11º | Alexander Mostovoi | 72 |
Pos. | Xogador | Partidos |
---|---|---|
1º | Iago Aspas | 341 |
2º | Hugo Mallo | 309 |
2º | Alexander Mostovoi | 235 |
4º | Manolo | 226 |
5º | Juan | 220 |
6º | Pepe Villar | 207 |
7º | Gustavo López | 205 |
8º | Fernando Cáceres | 198 |
9º | Fran Beltrán | 196 |
10º | Vladimir Gudelj | 195 |
11º | Vicente | 194 |
12º | Patxi Salinas | 193 |
13º | Cabral | 191 |
14º | Castro | 187 |
15º | Atilano | 183 |
16º | Jonny | 183 |
Galicia
Arxentina
Uruguai |
España
Paraguay Brasil Chile Ecuador Dinamarca |
Francia Irlanda do Norte Israel Inglaterra Países Baixos Bulgaria Hungría Serbia Croacia Bosnia-Hercegovina Rusia Portugal Exipto Alxeria Suráfrica |
Os datos contabilízanse dende a tempada 1939-40 para Primeira, 1970-71 para Segunda e dende a 2001-02 para Segunda División B ata a 2011-12.[70] Non se contabilizan os partidos de copa do rei.
Pos. | Nome | Encontros |
---|---|---|
1º | Víctor Fernández | 190 |
2º | Txetxu Rojo | 134 |
3º | Ricardo Zamora | 126 |
4º | Fernando Vázquez | 119 |
5º | Luís Casas Pasarín | 117 |
6º | Juan Arza | 114 |
7º | Eduardo Berizzo | 114 |
8º | Paco Herrera | 86 |
9º | Carmelo Cedrún | 85 |
10º | Maguregui | 84 |
11º | Eduardo Coudet | 79 |
12º | Baltasar Albéniz | 78 |
13º | Fernando Castro Santos | 76 |
14º | Miguel Ángel Lotina | 73 |
15º | Milorad Pavić | 72 |
|
|
|
(Datos actualizados no ano 2020)
O Real Club Celta de Vigo Fortuna é o equipo filial do Celta. Fundado en 1989, milita no Grupo I da PRIMERA RFEF e o seu adestrador é Fredi Álvarez. Tradicionalmente chámaselle Celta Turista, pois foi o Club Turista (despois Celta Turista) o seu último filial, antes de fusionarse co Celta, pasando a ser o seu equipo dependente. Foi unha canteira prolífera, que deu lugar a grandes xogadores, como Borja Oubiña, Michel Salgado ou Xurxo Otero (os tres internacionais con España), ou Pablo Couñago bota de ouro do mundial sub-20 de 1999 en Nixeria.
Xogou tres veces a liguiña de clasificación para a segunda división.
Historicamente, os clubs filiais que tivo o Celta foron o Berbés, o Gran Peña (despois Gran Peña Celtista), e o Club Turista (despois Celta Turista). Debido a que as SADs non poden ter clubs filiais independentes delas, durante a reconversión dos clubs a SADs os filiais integráronse dentro da estrutura dos clubs "paternais".
Estes son algúns dos xogadores que saíron da canteira celeste:
O Real Club Celta Baloncesto (anteriormente R.C. Celta Banco Simeón, R.C. Celta Vigourban e Real Club Celta Indepo) é un equipo feminino. Entre o seu palmarés están cinco campionatos da Liga española de baloncesto feminino (1977, 1979, 1982, 1999, 2000), catro Copas da Raíña (1974, 1981, 1984, 2001) e doce Copas de Galicia (1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011).
Disputa os seus encontros no Complexo deportivo de Navia, está dirixido por Carlos Colinas e o seu patrocinador é Construcións deportivas Indepo.
O equipo de atletismo do Celta de Vigo xurdiu por iniciativa de Manuel de Castro Handicap, que tras volver dos Xogos Olímpicos de 1924 quixo crear unha sección de atletismo para o club recentemente creado.
O equipo naceu da man do directivo do Celta, irman de Handicap e campión de Galiza en lanzamento de peso e disco en 1921, Fernando de Castro González.
Debutou o 14 de setembro de 1924 nos Campionatos Galegos de Atletismo en Vigo no extinto campo de Coia, obtendo catro vitorias individuais e o cuarto posto por equipos con só catro atletas en competición, ademais do futbolista Pinilla que quedou eliminado nos 100 m.
Tras volver competir nos campionatos galegos de 1925 a actividade foise diluíndo ó non disputarse estes nos anos 1926 e 1927, chegando a desaparecer e integrarse os seus atletas na Sociedade Atlética de Vigo.
Na primavera de 1950 o Celta volveu ó atletismo da man de Alfonso Posada como delegado da sección. Debutou nesta segunda etapa nos Campionatos de Vigo de neófitos e debutantes con bastante bo papel, e tamén en Balaídos nos Campionatos Galegos absolutos no que alcanzou a segunda posición.
Nestes anos de historia o Celta foi batendo marcas ata ter atletas campións de España, de Europa ou participando nos Xogos Olímpicos. Rogelio Rivas foi o primeiro céltico en conseguir un récord de España absoluto (nos 100 m lisos) e tamén o primeiro en asistir a uns Xogos Olímpicos (Toquio 1964).
O primeiro estranxeiro que militou nas filas do club foi o finés Jouko Kuha, quen acadou o récord mundial dos 3.000 metros obstáculos en 1968.[82]
Dende o ano 2011 o Celta tamén compite na Liga española de fútbol indoor. Se ben o ano do seu debut non pasou da fase de grupos, demostrou unha gran progresión nesta competición, ó chegar a semifinais na tempada 2011-2012 onde foi eliminado polo Real Madrid, quen sería o campión[83]. Esta melloría chegou ó apoxeo cando na terceira tempada se declarou campión do torneo gañandolle a final ó Real Valladolid e sendo o celtista Jacobo Campos o mellor xogador da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor.
O equipo está adestrado por Moncho Carnero e formado polos seguintes exfutbolistas profesionais:
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.