futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Hugo Sotelo Gómez, nado en Vigo o 19 de decembro de 2003 é un futbolista galego que milita no Real Club Celta de Vigo da Primeira División. A súa posición é de mediocampista. Debutou co Celta o 16 de maio de 2021 na vitoria 1 a 2 perante o FC Barcelona cando pertencía ao equipo xuvenil do club.[1]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (gl) Hugo Sotelo Gómez 19 de decembro de 2003 (20 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,8 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Hugo Sotelo comezou a xogar ao fútbol con dous anos e medio sobre o céspede do estadio das Relfas, nas filas do Sárdoma CF, equipo da parroquia homónima viguesa.[2] Con oito anos, na categoría de alevín, xa militaba no fútbol base do Real Club Celta, onde coincidiu con outros canteiráns o equipo como Miguel Rodríguez, Damián Rodríguez ou David Vilán.
Hugo tiña paixón pola pelota dende que tiña un ano. Onda había unha pelota, sempre andaba Hugo mirando. Este rapaz naceu cun balón entre as pernas!Fátima Gómez, nai de Hugo Sotelo nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia en 2022.
Sotelo continuou formándose no club celeste até que o 16 de maio de 2021, o técnico arxentino do primeiro equipo, Eduardo Chacho Coudet, fíxoo debutar saíndo desde o banco no penúltimo partido da xornada da Primeira División. Dito partido finalizou con vitoria celeste por 1 a 2, no que sería coñecido tamén por ser o último partido de Lionel Messi na Liga Española.
Na tempada 2022-23 competiu co filial, o Celta Fortuna, na Primeira Federación, alternando partidos co primeiro equipo na Primeira División. Porén, a súa titularidade co Celta non foi até a tempada 2023-24, no ano do Centenario e baixo a dirección de Rafa Benítez, cando saíu de inicio na primeira xornada de liga fronte a Club Atlético Osasuna.[3] Nese partido, o canteirán xogou 81 minutos e foi substituído por Manu Sánchez, rematando en derrota celeste por 1 a 2.[4]
Malia ter ficha do equipo filial, Hugo Sotelo comezou a ter participacións habituais co primeiro equipo desde a tempada 2023-24. Alternaba convocatorias co filial, o RC Celta Fortuna adestrado por Claudio Giráldez, co primeiro equipo, nas mans por aquel entón de Rafa Benítez.[5]
O propio Giráldez, que levaba adestrando a Sotelo durante catro anos nas categorías inferiores do club, alabou en numerosas ocasións a Sotelo:
[Hugo] é un xogador que está por enriba da súa xeración, cun talento descomunal, distinto, con calidade técnica, control e pase, unha creatividade fóra do común. ... Nunca lle queimaba o balón entre os pés, a querer telo e asumir protagonismo, sen agocharse. Iso fíxoo diferente desde ben neno.
Coa destitución de Benítez o 12 de marzo de 2024[6], após dunha dura derrota por 0 a 3 no Estadio Santiago Bernabeu diante do Real Madrid, Claudio Giráldez foi a aposta da directiva, encabezada por Marián Mouriño, para continuar o proxecto do Celta en Primeira División. Desde entón, Hugo Sotelo comezou a ter máis protagonismo nas convocatorias e a disputar cada vez máis minutos.
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[7]
Actualizado co último partido disputado o 11 de febreiro de 2024 .
Club | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Real Club Celta de Vigo B | Galicia | 2022-act. | 30 | 1 |
Real Club Celta de Vigo | Galicia | 2021-act. | 15 | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.