Lionel Messi

futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia

Lionel Messi

Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana[1]. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS de Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Lionel Messi
Thumb
(2022)
Biografía
Nacemento(es) Lionel Andrés Messi Cuccitini
24 de xuño de 1987 (37 anos)
Rosario, Arxentina
Embaixador de boa vontade de UNICEF
2010 
Datos persoais
Outros nomesLeo Messi
Leo
La Pulga
El Messías
Lío
LM10
D10S
Leíto
ResidenciaMiami (2023–)
París (2021–2023)
Barcelona (2000–2021)
Rosario (1987–2000)
Grupo étnicoInmigración italiana na Arxentina
RelixiónCatolicismo
Altura169 cm
Peso72 kg
Actividade
Campo de traballoFútbol
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade16 de outubro de 2004 -
EmpregadorInter Miami CF (2023–)
Paris Saint-Germain (2021–2023)
FC Barcelona (2005–2021)
UNICEF
Nacionalidade deportivaArxentina
Deportefútbol
LigaLigue 1
Posición de xogoDianteiro e centrocampista
Número deportivo10
Adestrado porChristophe Galtier (2022–)
Mauricio Pochettino (2021–2022)
Ronald Koeman (2020–2021)
Quique Setién (2020–2020)
Ernesto Valverde (2017–2020)
Luis Enrique Martínez García (2014–2017)
Jordi Roura (2013–2013)
Gerardo Martino (2013–2014)
Tito Vilanova (2012–2013)
Pep Guardiola (2008–2012)
Frank Rijkaard (2004–2008)
Pere Gratacós (en) (2004–2005)
Andrés Rebottaro (1999–2000)
Mirko Jozić (pt) (1998–1998)
Jorge Castelli (en) (1998–1999)
Ricardo Dabrowski (1998–1998)
Roberto Puppo (en) (1997–1997)
Mario Zanabria (1996–1997)
José Yudica (1995–1996)
Jorge Castelli (en) (1994–1995)
PatrocinadorAdidas
Ooredoo (en)
Mastercard (pt)
Konami
Dispositivo OrCam (pt)
Budweiser (pt)
Lay's (pt)
Gatorade
Pepsi
Hard Rock Cafe (pt)
Traxectoria
  Equipo
1995–2000   Newell's Old Boys 176(234)
2003–2004   FC Barcelona C 10(5)
2003–2004   FC Barcelona Juvenil A 21(31)
2004–2005   FC Barcelona B 22(6)
2004–2021   FC Barcelona 778(672)
2021–2023 transferencia:    Paris Saint-Germain 58(22)
2023–valor descoñecido   Inter Miami CF 18(13)
  Selección nacional
2004–2005   Arxentina sub-20 18(14)
2005–   Arxentina 180(106)
2008–2008   Arxentina sub-23 5(2)
Participou en
2022Mundial de Fútbol Qatar 2022 ../... 25+
Outro
CónxuxeAntonela Roccuzzo
FillosThiago Messi, Mateo Messi Roccuzzo, Ciro Messi Roccuzzo
PaiJorge Messi
ParentesMaximiliano Biancucchi, curmán entregue
Emanuel Biancucchi, curmán entregue
Condenado porfraude fiscal (pt) (2016)
→ (21 pena de prisión)
Cronoloxía
Papeis de Panamá
xuízo a Lionel e Jorge Messi
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,
Sitio webhttps://messi.com
Allocine: 691614
WikiTree: Messi-1
Pechar

Amplamente considerado como un dos mellor futbolistas da historia, foi galardoado en sete ocasións co Balón de Ouro e recibiu en seis ocasións a Bota de Ouro.[2]

Traxectoria

Con nacionalidade arxentina e un mínimo de dous anos de residencia en España, Lionel Messi cumpría os requisitos esixidos pola lei para obter a dobre nacionalidade hispano-arxentina, que adquiriu en 2005. En 2007 quedou segundo na votación do FIFA World Player e terceiro na elección do Balón de Ouro. En 2008 foi campión de fútbol nos Xogos Olímpicos de 2008 coa súa selección, quedando esta vez en 2º posto na elección do Balón de Ouro e do FIFA World Player. En 2009 foi designado como Balón de Ouro, éxito que repetiu no 2010, 2011, 2012 e 2015.

Tempada 2006-07

Ao inicio da tempada 2006/2007 Messi fixo goles moi importantes, como o do 27 de setembro fronte ao Werder Bremen, no segundo partido da fase de grupos da Champions league: a un minuto do final do tempo regulamentario, Messi materializou o empate. Mais, desgraciadamente, o 12 de novembro fronte ao Real Zaragoza sufriu unha lesión no quinto metatarsiano que o deixou fóra do equipo de Frank Rijkaard e dos terreos de xogo durante varios meses.

Xa recuperado da súa lesión, volveu ás canchas o 11 de febreiro, e o 10 de marzo de 2007 converteuse no heroe da xornada ao completar un hat-trick no empate 3-3 ante o Real Madrid, disputado no Camp Nou. Co Barcelona sempre debaixo no marcador, Messi logrou a igualdade no minuto 90. Dende había doce anos ningún xogador marcaba tres goles no Clásico español (o último fora Iván Zamorano nun 5-0 para o Madrid) e trece dende que non o facía un xogador do Barcelona (Romário nun 5-0 para o Barça).

A tempada seguiu adiante e o Barcelona non conseguiu ningún título, porén sería a mellor tempada de Messi até ese momento xa que ficou marcada polo seu famoso gol na Copa do Rei ante o Getafe CF, comparado co Gol do Século de Diego Armando Maradona. Poucos días despois de que finalizase a competición ligueira, Messi foi elixido Mellor Xogador Iberoamericano da Liga Española.

Tempada 2007-08

A tempada 2007/2008 seguiu adiante e o FC Barcelona non gañou título ningún, aínda que estivo moi preto de logralo, chegando a semifinais na Copa do Rei e na Liga de Campións. Porén, a tempada quedou marcada pola boa actuación do arxentino, que marcou mais de 10 goles na liga regular, 6 en champions e fixo unha boa actuación na Copa do Rei.

Selección nacional

Thumb
Messi nun partido dos Xogos Olímpicos de Pequín contra o Brasil.

Lionel Messi debutou na selección sub-20 da Arxentina en xuño de 2004, nun amigábel contra Paraguai. En xuño de 2005 gañou a Copa Mundial Sub-20, sendo o Bota de Ouro da competición con 6 goles e o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial.

Tras o seu impresionante Mundial sub-20, Messi foi convocado polo seleccionador arxentino José Pekerman para debutar coa selección absoluta. Fronte a Hungría, o 17 de agosto de 2005, saíu ao campo no minuto 63 e tan só 47 segundos despois foi expulsado polo árbitro Markus Merk tras agarrarse co defensor húngaro Vilmos Vanczák, nun fallo moi polémico.

Posteriormente debutou na Copa Mundial de Alemaña en 2006 no segundo partido de Arxentina, ante Serbia e Montenegro. Arxentina chegou ata os cuartos de final e o xogador disputou tres partidos e marcou 1 gol. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2008, en Pequín, nos que Arxentina gañou a medalla de ouro.

En 2010, participou en Suráfrica na súa segunda Copa do Mundo, na que Arxentina foi eliminada novamente nos cuartos de final. Leo Messi xogou cinco partidos e non marcou ningún gol.

Thumb
Messi encarando a portería na xogada que remontou, comparada co Gol do Século, fronte ao Getafe CF.

Palmarés

Trofeos nacionais

Trofeos internacionais

(*) Incluíndo a Selección

Outros

Distincións individuais

Máis información Distinción, Ano ...
Distinción Ano
Balón de ouro no Mundial Xuvenil 2005
Bota de ouro no Mundial Xuvenil 2005
Premio Golden Boy 2005
Mellor xogador do Trofeo Joan Gamper 2005
Premio Clarín á Revelación do ano[3] 2005
Premio Olimpia de Ouro ao mellor deportista arxentino 2011
Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador arxentino[4][5] 2005, 2007
Premio FIFPro ao mellor xogador novo do mundo 2006, 2007
Premio FIFPro á promesa do ano 2006
Premio World Soccer ao mellor xogador novo do mundo 2006, 2007, 2008
Premio Don Balón - Mellor estranxeiro 2007, 2009, 2010
Trofeo EFE 2007, 2009, 2010 [6]
Trofeo Bravo 2007
Balón de Bronce 2007
Mellor xogador novo da Copa América 2007 2007
Segundo premio en Xogador Mundial da FIFA 2007, 2008
Incluído no once ideal do FIFPro[7] 2007, 2008, 2009, 2010
Realizador do mellor gol do ano pola UEFA[8] 2007
Premio consagración do fútbol exterior (Premio Clarín)[9] 2007
Deportista do Ano '07 de SI Latino[10] 2007
Premio Protagonistas do deporte 2008
Premio Nacional do Deporte[11] 2008
Balón de Prata 2008
Incluído no once ideal da UEFA[12] 2008, 2009, 2010
Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador no exterior[13][14] 2008, 2009
Marca Leyenda 2009
Goleador da Liga de Campións da UEFA 2009, 2010, 2011
Trofeo Alfredo Di Stéfano 2009, 2010, 2011
Trofeo Champions Número 1 2009
Dianteiro do ano da UEFA 2009
Xogador do ano da UEFA 2009
Mellor Dianteiro da Liga BBVA Premios LFP 2009
Mellor Xogador da Liga BBVA Premios LFP 2009
Onze d'Or 2009
Balón de Ouro 2009, 2010
Premio World Soccer ao mellor xogador do mundo 2009
Balón de Ouro da Copa Mundial de Clubs da FIFA 2009
Premio Toyota ao Mellor xogador da Final, Copa Mundial de Clubs da FIFA 2009
Primeiro premio ao Xogador Mundial da FIFA 2009
Premio FIFA/FIFpro ao mellor xogador do mundo[7] 2009
Incluído no once Ideal da revista L'equipe[15] 2009
Premio ao Mellor xogador de Europa do diario El País do Uruguai 2009
Incluído no once Ideal da Década polo diario inglés The Sun[16] 2009
Incluído no once Ideal da UEFA 2009, 2010, 2011
Trofeo Pichichi 2010, 2012
Bota de Ouro 2010
FIFA Balón de Ouro 2010, 2011, 2012
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.