Abu Zabi
cidade e capital dos Emiratos Árabes Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade e capital dos Emiratos Árabes Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Abu Zabi[1][2][3][4] ou Abu Dhabi[5] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos, capital do país e do Emirato de Abu Zabi, o máis grande dos sete emiratos membros dos EAU. Fundada en 1760 é a capital do emirato dende 1793.
ابوظبي (ar) | ||||
Epónimo | pai e gazela (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | |||
Emirato | Emirato de Abu Zabi | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.483.000 (2020) (1.525,72 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua árabe | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 972 km² | |||
Bañado por | Golfo Pérsico | |||
Altitude | 14 m | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Maomé bin Zayed Al Nahyan (pt) (2022–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 00971 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | dmt.gov.ae… | |||
En 2014 tiña 1,5 millóns de habitantes,[6] sendo a segunda cidade do país tras Dubai. Construída sobre unha illa en forma de T, no sueste do Golfo Pérsico, comunícase con terra por unha ponte. Máis do 80% da poboación son forasteiros que residen temporalmente.
Ata 1960 era unha cidade sen luz eléctrica nin outros servizos esenciais, pero o descubrimento de petróleo no emirato mudou rapidamente as circunstancias e Abu Zabi converteuse nunha metrópole moderna. Actualmente Abu Zabi é unha cidade moderna de grandes rañaceos e dispón dun aeroporto internacional a 25 km ó sueste. É considerada a cidade máis rica do mundo, cunha renda per cápita de 30 000 dólares.
Abu Zabi alberga oficinas do goberno federal, é a sede do goberno dos Emiratos Árabes Unidos, a residencia da familia do Emir de Abu Zabi e do Presidente dos Emiratos Árabes Unidos, que naceu nesta familia. O rápido desenvolvemento e urbanización de Abu Zabi, xunto cos relativamente altos ingresos medios da poboación, transformaron a cidade nunha gran e avanzada metrópole. Hoxe a cidade é o centro político do país e das actividades industriais, e un dos principais centros culturais e comerciais, debido á súa posición como a capital, Abu Zabi representa ao redor de dúas terceiras partes dos preto de 400 $ mil millóns da economía dos Emiratos Árabes Unidos.[7]
Abu Zabi está chea de evidencias arqueolóxicas que apunta ás civilizacións, como a Cultura Umm an-Nar, asentada alí desde o terceiro milenio antes de Cristo. Tamén se atoparon asentamentos fóra da moderna cidade de Abu Zabi, pero máis preto da moderna cidade de Al Ain. Hai evidencia de civilizacións ao redor da montaña de Hafeet (Jebel Hafeet). Esta situación é moi estratéxica, xa que é a segunda montaña máis alta dos Emiratos Árabes Unidos, polo que tería unha gran visibilidade. Tamén contén unha gran cantidade de auga nos seus mananciais e lagos.[8]
A orixe do nome "Abu Zabi" é incerto. Significa "Pai da gacela", literalmente traducido do árabe, refírese probablemente as poucas gacelas que habitan no emirato. Segundo Bilal al-Budoor, asistente do subsecretario de Asuntos Culturais do Ministerio de Cultura, Mocidade e Desenvolvemento Comunitario "A zona tiña unha gran cantidade de zibaa [cervos (plural)], e foi alcumada por iso. "Unha vella historia fala dun home que adoitaba perseguir veados [zabi (cervo - singular)] e foi nomeado como "pai" do animal. O nome orixinal de Abu Zabi foi Milh "sal", posiblemente referíndose á auga salgada do Golfo Pérsico, ou as antigas marismas que rodeaban a cidade. Algúns beduínos chaman a cidade de Umm Zabi (nai da gacela), mentres que os rexistros británicos refírense ao lugar como Abu Dhabi. Segundo algúns relatos históricos, o nome de Abu Zabi foi utilizado por primeira vez hai máis de 300 anos. A primeira palabra de Abu Zabi pronúnciase "Bu" polos habitantes da costa occidental da cidade. Na parte oriental da cidade, a pronunciación é "Abu".
Os beduínos Bani Yas asentáronse orixinalmente no Oasis de Liwa. Esta tribo foi a máis importante na zona, e ten máis de 20 ramas. En 1793, a rama Al Bu Falah emigrou á illa de Abu Zabi, na costa do Golfo Pérsico debido ao descubrimento de auga potable alí. Unha das familias dentro desta sección foi a familia Al Nahyan. Esta familia é a dos gobernantes de Abu Zabi de hoxe.[9]
Abu Zabi desenvolveu o negocio da extracción e venda de perlas. Segundo fontes do mercado perlífero, o Golfo Pérsico é a mellor zona de perlas. Os mergulladores somerxíanse durante un minuto e medio, ata trinta veces ao día. Non había tanques de osíxeno e calquera outro tipo de dispositivo mecánico estaba prohibido. Os mergulladores só tiñan unha pinza de coiro no nariz e proteccións nas mans para protexelos mentres buscaban ostras.[10] Os mergulladores non cobraban por día de traballo, pero recibían unha porción das ganancias da tempada.[11]
No século XIX, como resultado dos tratados (coñecidos como "treguas" que deron a costa o seu nome) firmados entre Gran Bretaña e os xeques dos Estados Árabes do Golfo Pérsico, Gran Bretaña converteuse na influencia predominante na zona.[12] O obxectivo principal do interese británico era protexer a ruta comercial á India dos piratas, de aí o nome anterior da zona, a "Costa dos piratas". Despois de eliminar a piratería, entraron en xogo outras consideracións, como a necesidade estratéxica dos británicos de excluír outras potencias da rexión. Trala súa retirada da India en 1947, os británicos mantiveron a súa influencia en Abu Zabi cando creceu o interese no potencial petroleiro do Golfo Pérsico.
Na década de 1930, o comercio de perlas decaeu, pero creceu o interese nas posibilidades dos recursos petroleiros da rexión. O 5 de xaneiro de 1936, Petroleum Development (Trucial Coast) Ltd (PDTC), unha empresa asociada con Irak Petroleum Company, firmou un contrato de concesión co gobernante, Sheikh Shakhbut bin Sultan al Nahyan, para a busca de petróleo. Foi seguido por unha concesión de setenta e cinco anos, asinado en xaneiro de 1939. Con todo, debido ao terreo desértico, a exploración estaba chea de dificultades. En 1953, D'Arcy Exploration Company, a sección de exploración de BP, obtivo unha concesión en mar a fóra que logo foi transferida a unha empresa creada para operar a concesión: Abu Dhabi Marine Areas (ADMA) era unha empresa conxunta entre BP e Compagnie Française des Pétroles (posteriormente Total). En 1958, o usando unha plataforma de perforación mariña, a ADMA Enterprise, atopouse petróleo no campo Umm Shaif a unha profundidade de ao redor de 2.699 m. Seguido en 1959 polo descubrimento en terra por PDTC en Murban Nº3.[13]
En 1962, a compañía descubriu o campo de Bu Hasa e ADMA en 1965 descubriu o campo offshore de Zakum. Hoxe en día, ademais dos campos petroleiros mencionados, os principais campos produtores en terra son Asab, Sahil e Shah, e no mar son al-Bunduq, e Abu al-Bukhoosh.[13]
En 1904, o explorador alemán, Hermann Burchardt, tomou moitas fotografías de sitios históricos en Abu Zabi, fotos que agora se atopan no Museo Etnolóxico de Berlín.[14]
A cidade de Abu Zabi atópase na parte nordeste do Golfo Pérsico na Península Arábiga. É nunha illa a menos de 250 m. da parte continental e está unida ao continente polas pontes Maqta, Mussafah e xeque Zayed. A illa de Abu Zabi está tamén conectada á Illa Saadiyat por unha autoestrada ponte de cinco carrís. A ponte Al-Mafraq conecta a cidade coa Illa Al Reem e completouse a principios de 2011. Trátase dunha ponte de intercambio de varios pisos e ten 27 carrís que permiten uns 25.000 automóbiles por hora. Hai tres pontes principais no proxecto, o máis grande ten oito carrís, catro saen da cidade de Abu Zabi e catro que entran.[15]
A maior parte da cidade de Abu Zabi atópase na propia illa, pero ten moitos suburbios no continente, por exemplo: Khalifa City A, B e C;[16] Al Raha Beach;[17] Al Bahia City A, B, e C; Al Shahama; Al Rahba; Between Two Bridges; Baniyas; Al Shamkha; AL Wathba e Mussafah Residential.
Abu Zabi ten un clima árido (Clasificación climática de Köppen BWh). Pódense esperar ceos azuis asollados durante todo o ano. Os meses de xuño a setembro son xeralmente moi cálidos con temperaturas máximas medias por encima de 38 °C. Durante este tempo, as tormentas de area prodúcense de forma intermitente, nalgúns casos, reducindo a visibilidade a uns poucos metros.[18]
A tempada máis fresca é de novembro a marzo, que oscila entre moderadamente de quente a frío. Este período tamén pódese ver unha densa néboa nalgúns días. Na media, xaneiro é o mes máis frío do ano, mentres que xullo e agosto son os máis quentes.
Datos climáticos para Abu Zabi | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 33,7 | 38,1 | 43,0 | 44,7 | 46,9 | 48,8 | 48,7 | 49,2 | 47,7 | 43,0 | 38,0 | 33,4 | 49,2 |
Media máxima en °C | 24,1 | 26,0 | 29,5 | 34,5 | 39,3 | 40,8 | 42,1 | 42,9 | 40,4 | 36,5 | 31,1 | 26,3 | 34,46 |
Media diaria en °C | 18,8 | 19,6 | 22,6 | 26,4 | 31,2 | 33,0 | 34,9 | 35,3 | 32,7 | 29,1 | 24,5 | 20,8 | 27,41 |
Media mínima en °C | 13,2 | 14,6 | 17,5 | 20,8 | 23,8 | 26,1 | 28,8 | 29,5 | 26,6 | 23,2 | 18,7 | 15,8 | 21,55 |
Temperatura mínima en °C | 5,0 | 5,0 | 8,4 | 11,2 | 16,0 | 19,8 | 16,5 | 17,0 | 19,0 | 12,0 | 10,5 | 7,1 | 5 |
Precipitación media mm | 7,0 | 21,2 | 14,5 | 6,1 | 1,3 | 0 | 0 | 1,5 | 0 | 0 | 0,3 | 5,2 | 57,1 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.2 mm) | 1,2 | 2,8 | 2,8 | 1,2 | 0,1 | 0,0 | 0,0 | 0,1 | 0,0 | 0,0 | 0,2 | 1,5 | 9,9 |
Humidade relativa media (%) | 68 | 67 | 63 | 58 | 55 | 60 | 61 | 63 | 64 | 65 | 65 | 68 | 63,1 |
Media de horas de sol mensuais | 246,1 | 232,6 | 251,1 | 280,5 | 342,2 | 336,9 | 314,2 | 307,5 | 302,4 | 304,7 | 286,6 | 257,6 | 3 462,4 |
Fonte: NOAA (1971–1991)[19] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.