Diciopedia do século 21
dicionario e enciclopedia universal en lingua galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Ediciós do Castro.[4]
Remove ads
Remove ads
Descrición
Foi presentada en decembro de 2006 en Santiago de Compostela polos directores das tres editoriais: Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro), Víctor F. Freixanes (Galaxia) e Antón Mascato (Edicións do Cumio).[6]
“ | A Diciopedia do século 21 representa un fito na edición galega, porque é a primeira obra destas características, redactada na vixente normativa da Real Academia Galega, que reflicte a evolución da lingua e cultura do país. | ” |
— Isaac Díaz Pardo |
Froito de catro anos de elaboración e con 2.600 páxinas, ten 4.500 fotografías a cor, 850 planos e mapas (incluíndo cada país do mundo e tódolos concellos de Galicia), 425 debuxos e gráficos, máis de 80.000 entradas de dicionario e máis 45.000 biografías, topónimos e nomes propios.[7]
A primeira edición, de 4.000 exemplares, incluía o agasallo dunha medalla de Atenea, deusa da sabedoría, deseñada por Díaz Pardo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads