Queensland
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Queensland[1] é un dos estados que forman Australia. Atópase na parte nordés do país, e a capital é Brisbane. É o único estado australiano cun sistema lexislativo unicameral, chamado Parlamento de Queensland.
O estado de Queensland ten como punto máis setentrional do estado a Península de Cabo York, que apunta cara á illa de Nova Guinea. A parte occidental desta península atópase bañada polas augas do Golfo de Carpentaria, mentres que a oriental atópase na costa do Mar do Coral, un brazo do océano Pacífico.
Cara ao leste limita co océano Pacífico, cara ao oeste co Territorio do Norte, polo suroeste co estado de Australia Meridional, e ao sur con Nova Gales do Sur.
Poboación
Está menos centralizada que no resto do país. En 2001 a capital presentaba o 45,5% da poboación total. En conxunto, a poboación urbana concentra o 63,8% do total. En 2007, a poboación de Queensland ascendía a 4.182.100 de habitantes, tendo Brisbane 1.993.872.
Relixión Cristiáns: 77% (anglicanos: 24,6%, católicos: 26,2%, luteranos: 2,2%, Igrexa Unida: 10,8%, outros: 13,4%), non cristiáns: 0,9% (budismo: 0,2%, hinduísmo: 0,1%, Outras: 0,6%), agnósticos: 14,9%, sen especificar: 6.9%
En 2001, o PIB de Queensland obtivo A 115,53$ billóns, o que equivale por cápita á$31.000. A terceira renda per cápita máis baixa de Australia, por diante de Tasmania e Australia Meridional
En 2003 Brisbane era a capital australiana máis barata. En Queensland, a economía baséase nas Industrias primarias, especialmente plátanos, cacahuetes, algodón e la. Tamén hai industrias mineiras de bauxita e carbón. As industrias do sector secundario baséanse no tratamento dos minerais.
Isabel II como xefa de Estado, está representada polo Gobernador a quen nomea, e este é o encargado de nomear ao Gabinete que consiste dun primeiro ministro e os seus ministros, responsables colectivamente diante a Asemblea Lexislativa, elixida democraticamente polos habitantes do estado. O primeiro ministro actual pertence ao Partido Laborista Australiano. En 2001 aprobouse a nova Constitución, recompilando as diversas lexislacións que compuñan a organización do estado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.